Saltar navegación.
Inicio

Música

Concertos de zanfona e acordeón na Biblioteca de Secundaria

Óscar Fernández e Carlos Quintá

25/11/2008

Xa temos algunhas imaxes dos concertos de zanfona e acordeón que deron Óscar Fernández e Carlos Quintá para o alumnado da ESO. Non había unha cámara de vídeo dispoñible, pero fixemos un pequeno vídeo cunha cámara de fotos que aínda que non ten a mesma calidade, serve para un recordo (podedes pinchar na foto superior). Tamén podedes ver algunha foto de maior tamaño na Galería.

Ademais de agradecer a visita e a arte dos fantásticos músicos, tamén temos que dar as grazas ao alumnado de 4º A e 4º B, que axudou a acondicionar a biblioteca para os concertos.

Adrián Carballo e Jorge Casal

Adrián Carballo e Jorge  Casal

Morreu Mama África

Miriam Makeba

Paloma García, 14/11/2008

Así chamaban a Miriam Makeba. Era, é, unha das miñas cantantes favoritas e a verdade é que non sei que dicir...

A foto que baixei foi feita na sede das Nacións Unidas, nos setenta, durante un debate sobre o apartheid1. Anos antes tivo que exiliarse do seu país, por reclamar para a poboación negra os mesmos dereitos que tiñan os brancos. E esa foi a mensaxe das súas cancións durante toda a súa vida: que todos e todas temos que ter os mesmos dereitos. E estivo dicíndoo ata un minuto antes de morrer.

Podedes atopar todo tipo de  información sobre ela, así que non vou dar datos sobre a súa vida, morte ou música. En calquera web ou xornal falarán do seu maior éxito “Pata Pata”. Vale. Pois eu prefiro outra: “A luta continua”. Que ninguén se asuste, Miriam falaba dunha loita elemental, a que pide os mesmos dereitos para brancos e negros, brancas e negras, amarelos, rosas, a raias. Que máis dá?

Abur Miriam.

________________________

1 Sistema social imposto por  gobernos de minoría branca en Sudáfrica durante o século XX. Baixo este sistema os grupos étnicos estaban separados, e á maioría negra  negábanselles numerosos dereitos, como o de votar e o de libre circulación polo territorio.

Obradoiro de zanfona

Zanfona

10/04/2008

Xa coñecedes a gran afición á zanfona de Paloma. O pasado 28 de marzo, o departamento de Música organizou un obradoiro sobre este peculiar instrumento en colaboración co Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, e Pedro fixo un pequeno vídeo que podedes ver facendo clic na foto do mestre Suso Vaamonde.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido