Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Calendario do Feal 2018 e postal de Nadal

Calendario do Feal 2018Fai clic para ampliar a imaxe

22/12/2017

As protagonistas do noso calendario de 2018 son as mulleres "bravas" galegas.

Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado da ESO:

Unay Seco Ocampo
1º de ESO C Xaneiro
Greilin Reyes García
3º de ESO A Febreiro
Brais Rodeiro Fraga
1º de ESO B Marzo
Pedro Seco Ocampo
1º de ESO A Abril
Andrea Fernández Fraguío
2º de ESO B Maio
Alba Fachal Durán
4º de ESO A Xuño
Noa Filgueira Piñeiro
3º de ESO B Xullo
Laura Corral Rodríguez
4º de ESO B Agosto
Irene Mas López
2º de ESO A Setembro
Sara Paredes Bascoy
2º de ESO C Outubro
Sally Jennsy Reyes García
2º de ESO B Novembro
Lucía Rodríguez Bernárdez
1º de ESO A Decembro

 

Fe de erratas na versión impresa:

Unay Seco Ocampo é de 1º de ESO C.

Andrea Fernández Fraguío debería levar o acento do i.

A colocación das datas de decembro corresponde a 2017.

 

Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:

Bruno Oreona Pita
Infantil - 3 anos
Marcos Domínguez Alonso
6º A de Primaria

 

Postal 2017 - Infantil

Postal 2017 - Primaria

Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).

Boas festas e feliz 2018!

Samaín robotizado

Logo

Samaín robotizado

Fai clic para ampliar a foto

02/11/2017

Nos dous primeiros recreos desta semana, o alumnado de 6º de Primaria presentou un xogo de preguntas e respostas sobre a orixe do Samaín, feito por eles mesmos. O máis orixinal da actividade é que o encargado de confirmar a resposta correcta era un pequeno escornabot.

Xa podes descargar a versión dixital de A Tribo 2017

Logo

A Tribo 14 - 2017A Tribo 2017

27/06/2017

Publicamos xa a versión dixital de A Tribo 2017. Grazas especiais a Paula Neira, porque este ano tivo que encargarse tanto da coordinación como do deseño da revista, sendo ademais a súa primeira experiencia nesta actividade. Bo traballo!!

Día das Letras Galegas 2017

Logo

Carlos Casares e O Feal

Fai clic para ampliar a imaxe de Carlos Casares e buscar a túa foto (65,55 MB)

17/05/2017

Presentar a figura de Carlos Casares na súa celebración do Día das Letras Galegas deste 2017 non é doado. Que faciana escoller? Escritor, editor, conferenciante, ensaísta, activista cultural, lector atento, crítico literario, cidadán implicado na recuperación do autogoberno en Galicia...

Ocasión haberá nestes días de salientar biografía e obra, con abondosa produción tanto para pequenos como para grandes, na procura de continuar coa sedución de lectores e lectoras. Sedución que sentimos cando nos achegamos a "un país de palabras", facéndonos conscientes do tesouro que significa posuír lingua propia.

A imaxe-mosaico de conmemoración do Día das Letras 2017 dedicado ao escritor Carlos Casares xorde da colaboración do IES Leixa co noso centro: do Ciclo Formativo de Grao Medio en Impresión de Artes Gráficas co noso Departamento de Lingua e Literatura Galega e co Equipo de Dinamización da Lingua galega.

O mosaico foi realizado pola alumna Irene Aneiros González, de 1º de Ciclo Medio de Preimpresión, no módulo de TIM (Tratamento da imaxe en mapa de bits). O traballo seleccionado foi supervisado pola profesora Celia María Menéndez, a quen lle agradecemos a súa xenerosidade.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa que participou nesta actividade, así como o traballo realizado polo alumnado, con especial mención para a alumna de 3º de ESO A, Alba Fontal Bouza, que realizou as fotografías, e ao alumno de 2º de ESO A, Adrián Rodríguez Castro, que colocou a exposición de fotos e paneis.

Luisa Bel Ortega

Intercentros 2017

Logo

28/04/2017

Publicaremos máis material do Certame Intercentros do Concello de Narón de 2017, ademais da información sobre os premios. De momento, publicamos os vídeos de tres actuacións:

  • Xuntos venceremos: obra escrita e interpretada polo noso alumnado de 5º de Primaria C.
  • Carabuñas: conto de Margarita del Mazo contado polo noso alumnado de Infantil.
  • A galiña azul: obra de Carlos Casares interpretada polo noso alumnado de 2º de Primaria.

Grazas polo seu gran traballo a todos os participantes!

 

Día das Artes Galegas

Logo

Maruxa Mallo

02/04/2017

O pasado un de abril celebrouse o Día das Artes Galegas. Este ano 2017, foi dedicado a Maruxa Mallo, da cal viñemos falando ao longo deste trimestre en Infantil. Esta pintora surrealista viveirense que estivera en contacto con coñecidos artistas e intelectuais (como Salvador Dalí, Federico García Lorca, José Ortega y Gasset, María Zambrano, Rafael Alberti ou Pablo Neruda), foi homenaxeada este día na súa vila natal.

Na animación que abre este artigo, pódense ver algunhas fotos e traballos feitos polas nenas e nenos de Infantil en torno a obra desta artista galega, tamén defensora dos dereitos da muller.

Paula Neira

Novas no Museo do Feal

Logo

23/03/2017

Durante os meses de marzo e abril o "Museo do Feal" cobra vida, os cadros percorrerán o centro tanto no interior como no fermoso exterior que o rodea.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Comezamos con Frida Kahlo, pintora surrealista mexicana. Foron moitos os que contribuíron ao desenvolvemento do proxecto, tanto para aumentar os coñecementos sobre esta extraordinaria muller, como con pequenos traballiños ou converténdose durante uns minutos nun dos autorretratos da propia artista. O vídeo que abre este artigo amosa parte dos nosos traballos.

Esta semana estamos traballando o "Fillo do home" de Magritte. Se queredes acompañarnos nesta nova aventura, pasádevos pola Biblioteca de Primaria nos recreos.

Premios das máscaras de Entroido

Logo

Premios

10/03/2017

Temos que agradecer o esforzo e o tempo dedicado ás máscaras presentadas, xa que todas eran moi bonitas. Estes foron os gañadores:

  • 1º premio: Xende Carneiro López (5º A de Primaria)
  • 2º premio: Tania López Pazos (2º B de Primaria)
  • 3º premio: Miriam Pita Martínez (5º C de Primaria)

Premios

Testamento do Meco 2017

Meco 2017

25/02/2017

Aquí tedes á xente de 4º de ESO A encargándose da derradeira vestimenta do noso Meco 2017. Achegamos o seu testamento.

Día de Rosalía

Día de Rosalía 2017Fai clic para ver máis fotos

22/02/2017

Desde os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca, quixemos celebrar o día de Rosalía (24 de febreiro) "liberando" algúns dos seus versos. Pasa iso, inspirámonos no movemento "Acción poética", fenómeno mural-literario que comezou en México nos anos 90, consistente en pintar nos muros das cidades fragmentos de poesía.

Feliz día de Rosalía! Que os seus poemas vos ilustren!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido