Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Xogos e xoguetes

Xoguetes vellos

05/02/2015

Despois de pasar unhas festas nas que os xoguetes e os rapaces e rapazas se converteron nos grandes protagonistas, preguntámonos que saberán de como xogaban os seus pais, os seus avós... como se entretiñan os nenos doutrora?

Deste xeito, dende o Equipo de Dinamización da Lingua, pensamos en organizar unha exposición de xoguetes e xogos antigos co obxectivo de dar a coñecer entre o noso alumnado esta parte fundamental e fermosa da nosa cultura tradicional. Para iso, queremos contar coa vosa colaboración.

Somos conscientes de que moitos dos utensilios que usabamos para xogar os creabamos nós mesmos: bonecas de trapo, pelotas de herba, carracas... e que iso suporá un maior esforzo para as familias, pero tamén valoramos a importancia de achegar aos nosos nenos e nenas outras opcións de xogo no marco da actual sociedade consumista.

Os obxectos deben vir identificados co nome do rapaz ou rapaza, curso e acompañados dunha breve información na que se explique como se xoga con eles. 

No caso de conseguir material suficiente, a exposición estaría aberta ás visitas no noso centro.

Agradecemos a todos de antemán a súa colaboración!

 

Calendario de cuncas

Carla e Alexia

Carla Santalla e Alexia Iglesias (de 4º de ESO A) coas súas cuncas (abril e maio)

16/01/2015

Este ano, os alumn@s que fixeron os traballos seleccionados para o noso calendario recibiron un premio especial: unha cunca co seu debuxo impreso. A verdade é que quedamos sorprendidos do ben que quedaron e poderiamos facer máis para outras ideas no futuro. Moitas grazas de novo aos agasallad@s, e animamos a todo o noso alumnado a que participe na elaboración dos nosos próximos calendarios.

Abril de 2015

Cuncas 2015

Teatro en Primaria

21/12/2014

Durante esta semana, o alumnado de 3º e 4º de Primaria estivo representando dúas pequenas obras teatrais para todos os nosos grupos de Infantil e Primaria (Corre, corre, cabaciña e Indo para o Samaín). As primeiras representacións (para Infantil) tiveron lugar no pavillón de Secundaria o mércores 17, pero a acústica non era nada boa, polo que continuaron na biblioteca de Secundaria. Os vídeos que publicamos agora corresponden a un dos pases do venres 19.

Calendario do Feal 2015 e postal de Nadal

Calendario do Feal 2015Fai clic para ver o calendario completo

12/12/2014

As protagonistas do noso calendario de 2015 son obras de pintores/as galegas, reinterpretadas polo noso alumnado da ESO.

Os traballos seleccionados son de:

Lara Beceiro Díaz
1º de ESO C Xaneiro
Sergio Riesgo Díaz
3º de ESO A Febreiro
Bruno de Arriba Franco
4º de ESO C Marzo
Carla Santalla Pantín
4º de ESO A Abril
Alexia Iglesias Tojeiro 4º de ESO A Maio
Alex López Matuszczak
1º de ESO B Xuño
Zaira Canosa
Cristian Doce
Adrián Figueroa
Jorge Espiñeira
Miguel Piñeiro
Tamara García
2º de ESO B Xullo
Samanta Teijeiro Piñón
2º de ESO B Agosto
Silvia Mª Felpete Rodríguez
4º de ESO B Setembro
Alba Guerrero Bouza
1º de ESO A Outubro
María Arribí Rodríguez
2º de ESO A Novembro
Alicia Santos Lago
3º de ESO B Decembro

 

Os gañadores de Primaria e Infantil para as tarxetas foron:

Álvaro Castro Fernández
2º A de Primaria
Javier Rodríguez Díaz
Infantil - 3 anos

 

 Postal do Feal 2014

 

Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).

Boas festas e feliz 2015!

Día das Letras 2014. Xosé María Díaz Castro

12/05/2014

Un curso máis, celebramos o Día das Letras, dedicado nesta ocasión ao poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. A Coordinadora de Equipos de Normalización  pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado:

http://coordinadoraendl.org/letras2014

Queremos destacar este vídeo tan xeitoso que lle fixeron a Díaz Castro na súa terra, Guitiriz. Está pensado para utilizalo nas vosas clases, pois achégannos a letra e a música. Animádevos a cantar e pedídellelo aos vosos profes!

No noso centro as celebracións encádranse fundamentalmente arredor do Certame Intercentros do Concello convocado con ese motivo e no que participaron alumnos e alumnas dos diferentes niveis en diversas categorías. En concreto, temos dúas gañadoras nas modalidades escritas: Alicia Santos de 2ºA de ESO (cómic e poesía) e Andrea Ramos (colaborando con Aldara Castro) de 3ºA de ESO (teatro escrito).

Alicia, Aldara e AndreaFai clic para ver máis fotos de Intercentros 2014

Así mesmo, contamos coa presenza de Tono e Sino, dous monitores colaboradores co Servizo de Normalización Lingüística do concello. Estiveron hoxe mesmo con varios grupos da ESO e o PCPI para desenvolver un obradoiro de pintura e creatividade literaria sobre camisolas. Foi unha interesante mañá e quedamos ben satisfeitos co resultado da cousa! Así que imos compartilo con todo o centro pendurándoas na entrada do colexio durante os vindeiros días.

Camisetas Galegas 2014Fai clic para ver máis fotos

XXV Certame Intercentros do Concello de Narón

Snoopy

 

25/03/2014

De novo está en marcha o Certame Intercentros. Este ano organizado polo EDLG do CEIP Ponte de Xuvia de Narón.

Non queda xa moito tempo para apuntarse ás categorías orais!! 

Consultade aquí as bases do certame para ver as modalidades en que podedes participar e as datas de entrega.

As máscaras gañadoras

Premios das Máscaras 2014

11/03/2014

Neste entroido puidestes ver á entrada do centro unha exposición coas carautas presentadas polo alumnado para o concurso que convocara o Equipo de Dinamización Lingüística. Estas tres son as gañadoras:

  1. Alba Perille Borreiros (1ºB de Primaria)
  2. Yaiza Caamaño Canosa (2ºB de Primaria)
  3. Andrea Leira Bouza (3ºA de Primaria)

Noraboa ás tres e moitas grazas a todos rapaces e ás familias que participastes nesta iniciativa!

Títeres de Nadal para Infantil e Primaria

A estrela xoguetona

18/12/2013

Algúns alumnos de 6º de Primaria representaron unha pequena peza de títeres para festexar o Nadal. O público foi o alumnado de Primaria, que quedou encantado coa representación dos seus compañeiros. Mañá repetirán a posta en escena desta obra titulada "A estrela xoguetona" para os rapaces de Infantil.

Temos que agradecer o seu entusiasmo a Alba Fontal, Alba Fachal, Alba Romero, Alex L. Matuszczak, Isaac Freire e Nuria Romero. Non tiveron miramentos en investir parte do seu tempo de lecer nos ensaios. Tamén agradecemos a colaboración do resto de compañeiros coa decoración e das familias na elaboración dos monicreques.

Concursos de Nadal 2013

 Calendario 2014

18/12/2013

GRAZAS

A todo o alumnado de Secundaria pola súa participación no concurso:

“O NOSO CALENDARIO”

Os traballos seleccionados son de:

Miguel Piñeiro
1º de ESO B
Adolfo Monteiro
2º de ESO B
Alicia Santos
2º de ESO A
Estefanía López
2º de ESO B
 Carla Mourente / Silvia Felpete 3º de ESO A
Ainhoa Lechuga
3º de ESO B
Nelson Fonseca
3º Diver.
Fernanda Morales
4º de ESO A
Xiemiao Liu
4º Diver.
Tania López
PCPI
Cristian Mahía
1º de ESO A
Gabriel López
1º de ESO B

 

GRAZAS

A todos os nenos e nenas de Infantil e Primaria que participaron no concurso:

“TARXETA DE NADAL”

Saíron seleccionadas as tarxetas de:

Nerea Muíño Díaz
6º de Primaria
Víctor Carballeira Pedre
Infantil - 5 anos

 

Postal de Primaria 2013

Postal de Infantil 2013

 

Este ano, as nosas postais levan un adhesivo cun código QR, que é algo parecido a un código de barras, pero con moitas máis posibilidades, e pensado para ser lido sobre todo con teléfonos móbiles. Lendo ese código, poderedes ver un vídeo moi especial gravado recentemente no Feal.

Existen numerosas aplicacións para móbiles que permiten isto, como por exemplo BIDI (que está dispoñible para todos os sistemas operativos). Non hai máis que executar a aplicación e visualizar o código coa cámara do móbil o mellor posible.

Feliz 2014 desde O Feal

Xa podes baixar A Tribo 2013 dixital, e tamén participar no concurso do décimo aniversario da nosa revista escolar

A Tribo 10 - 2013

19/09/2013

Un ano máis temos que dar as grazas a toda a xente que colaborou no novo número d'A Tribo. E moi especialmente a Sonia Álvarez, que este ano o tivo un pouco máis complicado para rematar a maquetación. A versión dixital xa está por fin dispoñible no apartado Revista escolar deste espazo web, con diversos erros corrixidos respecto á versión impresa de xuño.

A tribo cumpre dez anos, e parece que foi onte cando se foi artellando a primeira delas... ao principio nin sequera tiña nome! Decidimos chamala así por un lema africano que vén a dicir que para educar a un neno fai falta a tribo enteira.

Na Biblioteca de Secundaria, tedes expostos os dez números que levamos, e tamén podedes participar nun concurso que argallamos para festexar o décimo aniversario. Enchendo un cuestionario con 10 preguntas que acharán resposta en cadanseu número d'A Tribo, poderedes conseguir algún agasallo. Animádevos!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido