Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Participa en A Tribo 7

Tribos

23/09/2009

Fai que sigamos orgullosos da nosa revista participando no número de 2010. Xa podes enviar as túas propostas ao seguinte enderezo electrónico:

soniafeal@hotmail.com

Sorpréndenos!

 

Nota: Os textos e as imaxes deberán ir en arquivos independentes (os textos preferentemente en galego e as imaxes cunha resolución mínima de 640x360 píxeles).

Apúntate

Apúntate

23/09/2009

O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI do Feal necesita renovar os seus membros dentro do ámbito do alumnado. Precisamos a túa colaboración, a de todos os alumnos, e por iso programamos esta campaña:

" Forma parte do noso equipo. Apúntate !!! "

E iso é o que queremos que fagas, que te apuntes con nós. Pero antes debes saber cal será a túa función: Simplemente...organizar, colaborar, ter ideas, facer o equipo máis orixinal, dinámico e actual. En concreto, podes axudar a que saian adiante proxectos como:

  • Revista escolar. Aí é onde podes ti expresarte, queremos novas seccións, unha visión diferente que só ti lle podes dar.
  • Actividades de Entroido, Nadal...

E, por suposto, todo iso en galego. Que sexa a túa lingua!. APÚNTATE NO EQUIPO!!!

Xa podes descargar A Tribo 5 e 6 en pdf

A Tribo 6 - 2009

A Tribo 6 - 2009

22/06/2009

O parto de A Tribo sempre é doloroso. Esta vez, o principal problema foi a escasez de contidos recibidos, pero Sonia conseguiu sacar adiante o número 6 da nosa revista, unha vez máis cun fantástico deseño.

Aquí ofrecémosche a versión dixital, que ten a vantaxe de que todas as páxinas están a cor e incluso ten corrixidos pequenos erros da edición impresa. Tamén tiñamos pendente publicar na web a versión dixital de A Tribo 5, na que as correccións respecto á versión impresa son máis importantes.

Tes todas as versións dixitais de A Tribo no apartado da nosa web dedicado á revista escolar.

A Tribo 5 - 2008

A Tribo 5 - 2008 (remix)

Enquisas sobre o idioma no ensino galego

11/06/2009

Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, chegounos unha carta acompañada dun tríptico informativo sobre o debate actual do idioma no ensino.

O Equipo de Normalización do Feal tamén quere sumarse a esta iniciativa e axudar a difundir  esta información entre a comunidade educativa.

Dominar máis dunha lingua é unha vantaxe e por iso, cremos que os nosos rapaces deben ter garantía de que na escola aprenderán por igual galego e castelán, acadando un uso normal das dúas.

Vídeo da entrega dos premios de Intercentros 2009

Marina Laura Filgueira Martínez
Fai clic para ver o vídeo

16/05/2009

O pasado 15 de maio, celebrouse a entrega dos premios do XX Certame Intercentros de Narón, que organizou o CPI do Feal. Achegamos un vídeo cos premios recibidos polo noso centro. Chama a atención o rebumbio do público.

Nota: En 2008, o centro mercou un trípode para estabilizar a cámara de vídeo, e de feito está levándose aos eventos. Sen embargo, a xente que se ofrece a gravar resístese a utilizalo.

Exposición dos murais de Intercentros 2009

Exposición de Intercentros 2009 en Odeón
Fai clic para ver máis fotos

12/05/2009

Os murais que fixo o alumnado de Narón para o XX Certame Intercentros estarán expostos no centro comercial Odeón ata o luns 18 de maio. Podedes ver máis fotos na Galería.

Aproveitamos para publicar unha imaxe dos carteis sobre as Letras Galegas 2009 expostos na entrada principal do noso centro.

Letras Galegas 2009
Fai clic para ampliar a foto
 

Vídeos de Intercentros 2009

Intercentros 2009

Un caso verídico (con Andrea, Tatiana e Ángel)

 

Intercentros 2009

Amar pode matar - (Adrián e Bruno)

Achegamos o texto do rap en pdf

 

 

Intercentros 2009

Santo Domingo de la Calzada,
onde cantou a galiña despois de asada
(4º/3º de ESO)

 

24/04/2009

Onte recibimos na web tres vídeos das actuacións da ESO en Intercentros. As gravacións volven a ter problemas co son e a estabilidade da cámara como o ano pasado, pero teñen un gran valor documental. Podedes facer clic nas fotos para ver os vídeos, aínda que os arquivos son bastante grandes e a súa descarga será lenta; hai fotos adicionais na Galería. A maior sorpresa para nós foi descubrir que se fai hip-hop no Feal. Temos esperanzas de recibir tamén imaxes das actuacións de Primaria e Infantil durante os próximos días.

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística agradece a todos os alumnos e alumnas do CPI do Feal a súa participación no XX Certame Intercentros do Concello de Narón e felicita a todos pola súa actuación. Este equipo tamén quere dar as grazas ao profesorado que traballou co alumnado participante.

Xa podemos publicar a relación de premiados do noso centro:

  • O alumnado de 6º A de Primaria na modalidade de teatro, coa obra "O señor Piñeiro".
  • Andrea, Tatiana e Ángel de 2º de ESO, na modalidade de teatro, coa obra "Un caso verídico".
  • Adrián e Bruno de 3º de ESO, na modalidade de canción, coa titulada "Amar pode matar".
  • Rocío Soler de 4º de ESO, na modalidade de poesía, con "Nos teus ollos sumerxida".

Moitas grazas!!

Cartel anunciador das Letras Galegas 2009

Cartel de Intercentros 2009

Fai clic para ampliar a imaxe

31/03/2009

A imprenta xa rematou o cartel anunciador das Letras Galegas 2009 para Narón. Lembramos que ésta foi a primeira actividade do Certame Intercentros que este ano organiza o noso centro, e que o cartel gañador fora elaborado pola a nosa alumna de 6º de Primaria Marina Laura Filgueira Martínez. Parabéns!!

Para completar este cartel, rescatamos o vello logo do Feal que fixera Xaquín Marín cunha lixeira actualización das cores e o texto.

Logo do Feal

Bases do XX Certame Intercentros "Concello de Narón"

Achegamos as bases do XX Certame Intercentros de Narón, que está sendo organizado polo CPI do Feal e terá lugar en abril de 2009.

Bases do concurso do cartel anunciador das Letras Galegas 2009

Ramón Piñeiro López

Ramón Piñeiro López
(homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009)


1. PARTICIPACIÓN

Poderá participar todo o alumnado matriculado no CPI do Feal.

2. TEMA

O cartel será anunciador das LETRAS GALEGAS 2009, adicadas este ano a Ramón Piñeiro López.

3. PRESENTACIÓN

A presentación farase nunha cartolina tamaño A-3, empregando un máximo de catro cores.
Nun sobre pechado, pegado no dorso da cartolina, figurarán os datos persoais, curso e grupo do autor ou autora.

4. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

Os traballos entregaranse na conserxería do propio Centro antes do 27 de febreiro de 2009.

5. PREMIOS

Concederanse 3 premios a través de vales por importes non inferiores a:

  • 1º premio: 150 euros
  • 2º premio: 80 euros
  • 3º premio: 40 euros


6. XURADO

Estará integrado polos membros organizadores do concurso.

7. DITAME

Farase público a través do taboleiro do ENL, expoñendo a acta do concurso.

8. FINAL

A resolución do xurado será inapelable e este pode declarar deserto algún premio.
A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases, así como a decisión do xurado.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido