Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Día de Rosalía

26/02/2016

Con motivo da celebración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, publicamos o bonito vídeo de Paula Neira que recolle o proceso de elaboración dun mural de homenaxe, feito na nosa aula de Infantil - 4 anos. A banda sonora é un poema de Cantares gallegos musicado por Roi Casal: Meniña, ti a máis fermosa.

O pasado mércores 24, o noso centro sumárase tamén á celebración da biblioteca do Concello. Unha pequena representación do Feal (coas alumnas Olga Gil e Joanna Vaamonde de 4º ESO) acudiu á cita para participar na lectura pública dalgúns dos seus poemas. O acto foi presentado polo alcalde e por Mercedes Taibo, como concelleira de ensino e bibliotecas. Non había moita xente alí, pero si moita participación e emoción na lectura dos poemas elixidos para poñer de relevo a vixencia e importancia dos versos de Rosalía.

Día de Rosalía 2016

Máscaras gañadoras do concurso 2016

Máscaras 2016

18/02/2016

Na entrada do centro estiveron expostas as máscaras que se presentaron este ano ao concurso convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua no Entroido. Estas foron as tres máis votadas:

  1. Tania López Pazos (1º B de Primaria)
  2. Yaiza Caamaño Canosa (4º A de Primaria)
  3. Noel Rodríguez Cao (2º C de Primaria)

Grazas polo esforzo dos participantes e das súas familias e felicidades aos gañadores/as!

Calendario do Feal 2016 e postal de Nadal

Calendario do Feal 2016Fai clic para ver o calendario completo

17/12/2015

Os protagonistas do noso calendario de 2016 son os faros galegos.

Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado da ESO:

Mario Mouriz
1º de ESO B Xaneiro
Daniel Prieto
1º de ESO C Febreiro
Michelle de Gregorio
4º de ESO A Marzo
Laura Corral
2º de ESO A Abril
Ismael Romero 1º de ESO C Maio
Pedro Miguel Sousa
2º de ESO B Xuño
Gabriel Pardo 3º de ESO A Xullo
Nazaré Villar
3º de ESO B Agosto
Alicia Santos
4º de ESO B Setembro
Vanesa López
4º de ESO A Outubro
Estefanía López
4º de ESO B Novembro
Pablo Chao
1º de ESO A Decembro

 Calendario 2016

Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:

Breogán Caínzos Barro
Infantil - 4 anos
Álvaro Castro Fernández 3º A de Primaria

 Postal 2015

 Postal do Feal 2015

Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).

Boas festas e feliz 2016!

Xa podes descargar a versión dixital de A Tribo 2014 e 2015

A Tribo 12 - 2015A Tribo 2015

02/07/2015

Pedimos desculpas polo retraso da versión dixital de A Tribo 2014 (que ademais pesa máis do habitual), pero aquí chega xa xunto á nosa revista de 2015.

A Tribo 11 - 2014A Tribo 2014

Premio literario no Concello de Ames para Aldara Castro Meizoso

Aldara Castro Meizoso
 

26/05/2015

No Feal hai tempo que sabemos o moito que vale a nosa alumna Aldara Castro Meizoso (4ºESO). Desde hai unhas semanas, tamén o saben no Concello de Ames, onde conseguiu un segundo premio cun dos seus poemas. Este Certame Literario, que vai pola duodécima edición, é xa un concurso de referencia dentro do mundo da poesía e a narrativa galegas, no que pode participar calquera persoa que presente textos inéditos escritos en lingua galega. Establécense tres categorías –infantil, xuvenil e adulta–. Parabéns, Aldara!

 

Exposición sobre a escola e os medios de comunicación

Escola vellaFai clic para ampliar a foto

21/05/2015

Prestade especial atención nestes días á entrada do noso colexio; alí poderedes ver unha interesante exposición de obxectos relacionados co ensino e coas comunicacións en tempos antigos. As familias e demais membros da comunidade educativa trouxeron libros, material escolar, fotografías, teléfonos... 

A idea parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega co obxectivo de festexar as Letras Galegas.

Moitas grazas a tod@s @s que colaborastes con esta inciativa.

Premiados en Intercentros 2015

05/05/2015

Xa coñecemos os gañadores do Certame Intercentros 2015!

Na categoría oral, resultaron gañadores os rapaces de 5º de Primaria que representaron a obra Por que perdemos os calcetíns na lavadora?. Podedes ver os vídeos das obras coas que participamos e tamén algunhas fotos desas representacións.

Nas categorías escritas temos que felicitar a tres alumnos da ESO:

Parabéns a todas e a todos os gañadores e noraboa tamén a todos os participantes deste ano. Recollerán os seus premios na gala que se celebrará o vindeiro 15 de maio, con motivo do Día das Letras. Lembrade que tamén podedes visitar a exposición dos traballos presentados polos grupos de Infantil e Primaria no Pazo da Cultura.

Por que perdemos os calcetíns na lavadora?

O equipo premiado da lavadora

 

Aldara, Alicia e Kevin

Os premiados nas categorías escritas (Aldara, Alicia e Kevin)

Concurso de relato curto "Unha árbore, unha historia"

Tania e AlbaFai clic para ver máis fotos

19/04/2015

Este sábado estivemos na Gándara para a recollida de premios e participar nunha xornada de plantación e irmandamento de árbores cos relatos finalistas e gañadores.

Este concurso foi organizado por Vegalsa-Eroski en colaboración co Concello de Narón. Na páxina de Vegalsa-Eroski en facebook é posible ver fotos adicionais.

Temos que dar a noraboa a dúas das nosas alumnas: Alba Fachal Durán (premiada) de 1ºB de ESO e Tania Vilela Peñas (finalista) de 4ºB de Primaria. Sen dúbida, poderemos ler os seus relatos publicados na nosa revista A tribo.

 

Máscaras gañadoras do concurso 2015

Máscaras 2015

26/02/2015

Na entrada do centro estiveron expostas as máscaras que se presentaron este ano ao concurso convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua no Entroido. Estas foron as tres máis votadas (de dereita a esquerda na foto):

  1. Yaiza Caamaño Canosa (3º A de Primaria)
  2. Miriam Pita Martínez (3º B de Primaria)
  3. Éire Picos Coira (5º B de Primaria)

Grazas polo esforzo dos participantes e das súas familias e felicidades ás tres gañadoras!

Xogos e xoguetes

Xoguetes vellos

05/02/2015

Despois de pasar unhas festas nas que os xoguetes e os rapaces e rapazas se converteron nos grandes protagonistas, preguntámonos que saberán de como xogaban os seus pais, os seus avós... como se entretiñan os nenos doutrora?

Deste xeito, dende o Equipo de Dinamización da Lingua, pensamos en organizar unha exposición de xoguetes e xogos antigos co obxectivo de dar a coñecer entre o noso alumnado esta parte fundamental e fermosa da nosa cultura tradicional. Para iso, queremos contar coa vosa colaboración.

Somos conscientes de que moitos dos utensilios que usabamos para xogar os creabamos nós mesmos: bonecas de trapo, pelotas de herba, carracas... e que iso suporá un maior esforzo para as familias, pero tamén valoramos a importancia de achegar aos nosos nenos e nenas outras opcións de xogo no marco da actual sociedade consumista.

Os obxectos deben vir identificados co nome do rapaz ou rapaza, curso e acompañados dunha breve información na que se explique como se xoga con eles. 

No caso de conseguir material suficiente, a exposición estaría aberta ás visitas no noso centro.

Agradecemos a todos de antemán a súa colaboración!

 

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido