Dinamización da Lingua Galega
Xa podes descargar A Tribo 2020
17/06/2020
Debido as excepcionais circunstancias do curso 2019-2020, este ano non haberá revista escolar en papel, pero aquí a tedes en formato dixital. Grazas especiais a Raquel Zaplana, que mantivo vivo o proxecto a pesar das dificultades.
Club de Debate
12/03/2020
Por fin chegou o día: despois dun mes e medio traballando na preparación do debate, o grupo de alumnos de 4º ESO que vedes na imaxe, participou na fase de zona deste concurso autonómico, que pretende impulsar o uso oral da lingua galega, e potenciar o traballo dos recursos de habilidades comunicativas dos adolescentes, ademais de fomentar o seu espírito crítico e democrático.
O tema do debate, polémico onde os haxa, era É necesaria a Monarquía no século XXI?
A preparación do grupo correu a cargo das profesoras Conchi Parada e Mar González.
A competición celebrouse na Casa da Cultura de Outes, coa participación de oito equipos. Os gañadores foron os rapaces do IES Canido (Ferrol) que pasan á fase final que terá lugar o 16 de maio en Santiago.
Os rapaces de Feal defenderon moi ben o seu papel e merecen os nosos parabéns. Grazas a: Antón González, Clara López, Kevin Fonticoba, Irene Mas, Alba Reche, Clara Rodríguez, Rocío Teijeiro, Paula Somorrostro e tamén a Mónica Meizoso, aínda que no último momento non puido asistir.
Ademais das preparadoras, onte estiveron acompañados pola técnica de Normalización Lingüística do Concello de Narón, Adela Pita, e pola Concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.
Foi unha xornada intensa e moi frutífera. Grazas a este equipo pola súa implicación e ás súas familias por facilitar este traballo.
Club de Debate
20/01/2020
Este curso, o CPI do Feal participa no Club de Debate, un proxecto promovido polos Equipos de Dinamización da Lingua de diversos concellos de Galicia. Vai dirixido ao alumnado de 3º-4º ESO e 1º BAC (e equivalentes en Ciclos Formativos). O obxectivo é fomentar o uso oral da lingua galega, ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersonal e promover a reflexión e intercambio de opinións.
O noso equipo está formado por nove alumnos de 4º ESO: Kevin Fonticoba, Antón González, Irene Mas, Mónica Meizoso, Clara López, Alba Reche, Clara Rodríguez, Rocío Teijeiro, e Paula Somorrostro. As coordinadoras desta actividade son as profesoras Conchi Parada e Mar González.
Esta mañá todos asistiron a unha xornada formativa que se celebrou en Negreira, na que recibiron indicacións sobre a dinámica da competición, regulamento, e recursos para a mellora das intervencións orais.
A primeira fase celebrarase o próximo 11 de marzo no concello de Outes. O tema elixido foi unha proposta do noso equipo: É necesaria a Monarquía no século XXI? A polémica está servida, falta saber como resolven, dialecticamente, a defensa / ataque deste punto de debate.
Calendario do Feal 2020
Preme para ver o calendario completo
16/01/2020
O noso calendario de 2020 está dedicado a lendas de Galicia, Grecia e Holanda, debido a un proxecto eTwinning no que colabora:
- O alumnado de 6º de Primaria do noso centro (xunto coa profesora de Inglés, Montse Fernández)
- O alumnado de Groen Van Printererschool (Dinteloord, Netherlands), coa súa profesora Ellen Brasz Van Dijke
- O alumnado de 8th Primary School (Thessaloniki, Greece), coa súa profesora Laskaridou Chryssa
Thanks to you all!!
Os traballos seleccionados do noso alumnado son os seguintes:
Gema Díaz González |
6º de EP A | Febreiro |
Alexandra Precedo Varela |
2º de ESO B | Maio |
Irene Santalla Casal |
2º de ESO B | Agosto |
Irene Mas López |
4º de ESO B | Decembro |
Fe de errata na versión impresa:
No mes de agosto, a autora é Irene Santalla Casal.
Postal de Nadal 2019
15/12/2019
Aquí tedes as imaxes elixidas para a nosa postal de Nadal 2019. Son de Marcos Pita Costa (Infantil - 3 anos) e Tania López Pazos (5º B de Primaria).
Ingredientes para celebrar o Nadal á galega:
Comer sen poñerse como un Pepe.
Pasar tempo coa familia, pero... con sentidiño!
Ilusionarse con cada aperta e agasallo.
Felicidade todo o día! E se chove, que chova!
Esforzarse en non poñerse como un toxo con curmáns e curmás!
Amodiño cos patinetes e bicicletas, non vaia ser o demo.
Lembrar que en xaneiro hai que volver (eche o que hai!).
Xa podes descargar a versión dixital de A Tribo 2019
15/12/2019
Cuns meses de retraso, polos que pedimos desculpas, publicamos xa a versión dixital de A Tribo 2019 (con algúns erros corrixidos). Grazas especiais a Raquel Zaplana, que se encargou tanto da coordinación como do deseño da revista.
Homenaxe a Antonio Fraguas de 6º C de Primaria
Fai clic para escoitar o podcast
19/05/2019
O alumnado de 6º C de Primaria celebrou as Letras Galegas antes de marchar de excursión a Madrid. Para conmemorar a figura de Antonio Fraguas, fixeron unha pequena investigación e escribiron un texto sobre a súa vida. A partir dese texto, elaboraron un pequeno podcast para participar no Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, organizado polo IES Rosalía de Castro e impulsado polos Equipos de Dinamización Lingüística.
Velaquí tedes o resultado.
Entrega dos premios de Intercentros 2019
16/05/2019
Esta mañá celebrouse a entrega de premios do último Certame Intercentros de Narón. Grazas e parabéns para todo o alumnado que figura a continuación e o profesorado que o axudou.
Expresión oral
Premio á participación:
- Infantil 3, 4, 5 e Freixeiro; pola canción Ring, ring...! Quen rima?
- 1º de Primaria; pola canción Miñas cousas.
Teatro:
- 5º A de Primaria: Accésit por As mulleres non poden... que?
- 6º C de Primaria: Accésit por E non quedou ningún.
Audiovisual:
- 4º de ESO: 1º premio por Apagha iso!!
- 4º de ESO: Accésit por Entrevistas no Feal.
Expresión escrita
- Catuxa Corral Mosquera: Primeiro premio de 1º e 2 de ESO en Cómic; por Chorima quere ser Youtuber.
- Raúl Primoy Villar: Accésit de 1º e 2º de ESO en Cómic; por Salchicho fronte a Raimond.
- Hugo Serantes Bouza: Accésit de 1º e 2º de ESO en Cómic; por As ratas na casa.
- Candela López Pazos: Accésit de 1º e 2º de ESO en Poesía; por A familia.
Semana da Prensa no Feal
05/04/2019
A mestra Raquel Zaplana fixo recentemente este vídeo, no que participou alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria do noso centro. Trátase dunha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar a Semana da Prensa: unha especie de telexornal con novas "especiais". Non perdades as tomas falsas do final.
Gañadoras do concurso de máscaras
29/03/2019
Xa podemos anunciar as gañadoras do concurso de máscaras!
En primeiro lugar, queremos agradecer a implicación das familias neste proxecto de reciclaxe e sentimos non poder recompensar a todas as nenas e nenos que participaron.
Aquí tedes unhas imaxes das gañadoras cos seus agasallos. Felicidades rapazas!
- Aloia Casanova Pita (4 anos)
- Tania López Pazos (4º B de Primaria)
- Gema Díaz González (5º A de Primaria)
Podedes pasar a recoller as máscaras na aula de 6º C ata o mércores 3 de abril.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com