Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Concurso de máscaras

Máscaras 2019

26/02/2019

Anímaste a participar? Deixa traballar á túa imaxinación e elabora unha máscara con materiais reciclados. Tes ata o xoves día 7 de marzo para deixar a túa creación na entrada do centro, lembra engadirlle o teu nome completo e curso.

Xa podes descargar a versión dixital de A Tribo 2018

Logo

A Tribo 15 - 2018A Tribo 2018

21/12/2018

Cuns meses de retraso, polos que pedimos desculpas, publicamos xa a versión dixital de A Tribo 2018. Están corrixidos moitos dos numerosos erros detectados na versión impresa: os do índice, os dos artigos de Secundaria, e os dos artigos de Infantil e Primaria que foi posible editar directamente no pdf, posto que está danado o arquivo no que se maquetaron estes últimos.

Calendario do Feal 2019 e postal de Nadal

Calendario do Feal 2018Fai clic para ampliar a imaxe

17/12/2018

O noso calendario de 2019 está dedicado ás paisaxes de Galicia.

Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado de Primaria e Secundaria:

Irene Mas López 3º de ESO A Xaneiro
Ana Medín Ruán
1º de ESO B Febreiro
Catuxa Corral Mosquera
1º de ESO C Marzo
Sara Paredes Bascoy
3º de ESO B Abril
Pablo Calvo Meizoso
4º de ESO A Maio
Rubén Saavedra Herrero
6º de EP C Xuño
Bruno Formoso Iglesias
6º de EP B Xullo
Irene Mas López
3º de ESO A Agosto
Xende Carneiro López
1º de ESO A Setembro
Ainhoa Castro Carballeira
6º de EP A Outubro
Aarón Cobelo Martín
1º de ESO C Novembro
Erika Redondo Espina
6º de EP C Decembro

 

Fe de erratas na versión impresa:

Irene Mas López non debería levar o acento do a.

Rubén, Bruno, Aarón e Erika quedaron sen o segundo apelido.

No mes de maio debería poñer "Serra" en lugar de "Sera".

O mes de agosto ten a imaxe rotada 90º en sentido antihorario.

 

Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:

Mateo Meizoso Rodríguez
5º B de Primaria
Lola Vizoso Varela Infantil Freixeiro - 4 anos

 Postal 2018 de Primaria

Postal 2018 de Infantil

 

Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).

Boas festas e feliz 2019!

Concurso de cabazas 2018

Cabazas 2018

05/11/2018

Este curso levamos a cabo un novo concurso de decoración de cabazas para o alumnado de Educación Infantil e Primaria. O equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI do Feal quere agradecer ás familias a súa implicación neste proxecto, xa que o número de participantes superou o esperado. Debido á alta implicación, en lugar de entregar un primeiro premio, un segundo e un terceiro, entregaremos tres primeiros premios. Cada neno e nena premiada recibirá unha entrada de cine doble.

Ante a masiva participación, dividimos as cabazas participantes en tres categorías: cabazas terroríficas, xigantes e inspiradas en personaxes literarios. Tras unha apretada votación por parte do xurado, as cabazas gañadoras son a de Sergio Calvo de 6º A (terrorífica), a de Álex González de 2º B (xigante) e a de Bruno Oreona de 4 anos (personaxe):

Cabazas 2018

Podedes ver mellor todas as cabazas participantes no álbum "Outono 2018" da nosa Galería.

Erro no mes de decembro do noso calendario 2018

Decembro de 2018Fai clic para abrir o pdf

03/12/2018

Houbera un erro de imprenta no mes de decembro do noso calendario 2018, de xeito que todas as datas aparecían desprazadas un día. Achegamos a páxina corrixida en pdf.

Aproveitamos para lembrar que a Consellería de Educación estableceu que o venres 7 de decembro de 2018 non é lectivo.

Entrega dos premios de Intercentros 2018

Logo

15/05//2018Fai clic para ver máis fotos

15/05/2018

Este ano, o CPI do Feal foi especialmente premiado no Certame Intercentros de Narón, ademais de ser o centro organizador. Grazas e parabéns para todo o alumnado que figura a continuación e o profesorado que o axudou.

Nas fotos do acto de entrega de premios, celebrado hoxe no Pazo da Cultura (e pechado pola nosa concelleira de Ensino Mercedes Taibo), ademais dos premiad@s do Feal actual, tamén podedes atopar tres das nosas ex-alumnas e unha das nosas ex-mestras...

Bases do XXIX Certame Intercentros "Concello de Narón"

Logo

Intercentros 2018

17/03/2018

Achegamos as bases do XXIX Certame Intercentros de Narón.

  • Este ano o CPI do Feal é o centro organizador, e por iso temos unha interese especial en que haxa unha alta participación.
  • Lembramos que os paneis de cartón pluma teñen que estar na nosa conserxería antes do 9 de abril.
  • A fase de expresión oral realizarase no Pazo da Cultura os días 18 e 19 de abril.
  • Precisamos que @s interesad@s en participar informen á Coordinadora de Dinamización (Paula de Infantil) o antes posible.

Escaleira de Castro

Logo

Escaleira de CastroFai clic para ver máis escaleiras

17/03/2018

O pasado 24 de febreiro celebramos no centro o Día de Rosalía, pero na web despistámonos e non faláramos aínda dunha actividade que se fixo con tal motivo en Infantil e Primaria:

Despois de pintar as tabicas da escaleira de Primaria en diferentes cores, cada aula deste bloque escribiu nelas un par de versos de Rosalía de Castro. Engadimos un pequeno vídeo feito por Paula Neira co alumnado de 3 anos e un poema desta escritora.

Concurso do cartel anunciador de Intercentros 2018

Logo

19/02/2018

Como centro organizador do Certame Intercentros 2018, correspóndenos convocar o concurso para seleccionar o seu cartel anunciador:

  • Deberá centrarse na celebración do Día das Letras Galegas 2018, ser orixinal e inédito.
  • Será de concepción e técnica libres, sempre que sexa posible a súa reprodución.
  • Os traballos deberán presentarse sobre papel, cun tamaño de de 45 x 30 cm (tamaño A3), e antes do 27 de febreiro.
  • Deberá integrar a seguinte lenda: Letras Galegas 2018.
  • O nome e o curso irá na parte traseira do papel.

Casamento dos paxariños

Logo

Casamento dos paxariños 2018

Fai clic para ampliar a imaxe

07/02/2018

Un ano máis o mes de febreiro chegou, mes do amor, onde as aves buscan parella para facer o seu niño na metade do ciclo de inverno.

Este curso as nenas e nenos de tres anos pintamos pólas de cor branca e con elas fixemos a nosa propia árbore das emocións.

Acendimos candeas que penduramos da árbore e demostrámos o amor que sentimos uns polos outros dándonos apertas.

Casamento dos paxariños 2018

Fai clic para ampliar a imaxe

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido