Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Xa podes descargar A Tribo 2021

Logo

A Tribo 18 - 2021A Tribo 2021

28/06/2021

De momento seguimos sen publicar a nosa revista en papel. Tes a posibilidade de descargar o novo número en pdf, ou visualizalo en versión "flipbook". Son máis páxinas que nunca! Grazas especiais a Manuel Ángel López polo seu traballo de coordinación e deseño.

Visita de Ana Meilán

Ana Meilán no Feal - 2021

20/05/2021

Recentemente, os máis peques do Feal recibiron a visita -por mor da celebración das Letras Galegas- de Ana Meilán, recoñecida autora galega pola especial sensibilidade para coas distintas capacidades.

  • O 12 de maio, 1º A e 2º de Primaria puido achegarse á vida de Simón e gozar de Bágoas debaixo da cama.
  • O 19 de maio, Infantil e 1º B de Primaria puido coñecer a verdadeira historia do equipo de ratiños que nos agasallan cando nos cae un dente, por medio da súa obra Quen ven esta noite?

Foi unha divertida experiencia que, de seguro, repetiremos. Podes ver algunha imaxe adicional no álbum "Biblioteca 2021" da nosa Galería.

Recitando a Xela Arias

14/05/2021

Os nenos/as de Infantil e de Primaria honramos deste xeito a Xela Arias, autora á que lle adicamos o Día das Letras Galegas neste 2021.

No vídeo, veredes unha mostra dalgúns versos da súa obra Darío a diario (dedicada ao seu propio fillo), así como algunhas verbas que nos deixou nunha intervención no Círculo das Artes (Lugo, 2001).

6º de Primaria interpreta "Intempériome"

14/05/2021

Os nenos/as de 6º quixemos versionar a peza coa que A Banda da Loba homenaxea a Xela Arias no marco da programación das Letras Galegas da Xunta de Galicia. 6º A encargouse da parte musical, e 6º B e 6º C da ilustración dos versos desta autora. Agardamos que vos guste a nosa versión!

Día de Rosalía 2021

Día de Rosalía 2021

24/02/2021

Como cada 24 de febreiro, todos os nenos/as do CPI do Feal quixeron honrar a Rosalía de Castro, figura emblemática da historia da nosa literatura, loitadora e decidida abandeirada do feminismo.

O alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria elaborou conxuntamente un gran mural co seu retrato, enchendo de cores a cortiza que, por certo, foi así inaugurada no patio interior do cole.

Pola súa parte, os nenos/as de Ed.Primaria recitaron dous dos seus poemas máis coñecidos: Adiós ríos, adiós fontes e Airiños, airiños aires.

Os fogóns do Feal

20/01/2021

Agora que se achega un novo temporal e imos ter que estar nas nosas casas, que mellor que preparar unha boa receita dalgunha lambonada coa nosa familia. Os nenos/as de Primaria do Feal queren darvos algunha idea. Agardamos que vos gusten. Prendemos os fogóns do Feal!

Nota da web: Parabéns especiais ás familias que gravaron co móbil horizontal!!

Calendario 2021 e postal de Nadal

Calendario do Feal 2021Preme para ver o calendario completo

30/12/2020

O noso calendario de 2021 está dedicado ao Camiño de Santiago.

Dez dos meses veñen cun código QR que leva a un vídeo relacionado co lugar, e feito no Feal.

Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado de Primaria e Secundaria:

Bruna Felismina Maia
1º de ESO A Xaneiro
Iván López Pazos
1º de ESO B Febreiro
Laura Luaces Varela
1º de ESO C Marzo
Irene Somorrostro Fornos
1º de ESO D Abril
Celtia Bedia Martínez
2º de ESO A Maio
Sabela Manso Rico
6º de EP B Xuño
Nerea Trigo Salgado
2º de ESO C Xullo
Candela López Pazos
3º de ESO B Agosto
Candela Couce Ferreiro
6º de EP C Setembro
Sara Cagiao Teijeiro
6º de EP A Outubro
Hugo Guizán López
3º de ESO C Novembro
Rubén Vilas Calderón
4º de ESO B Decembro

 

Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:

Anne Ramírez Angulo
5º de EI
Mateo Pazo Díaz
4º de EP B

 

Postal 2020Preme para ver a postal completa

 

Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).

Boas festas e feliz 2021!

Despedimos o outono

18/12/2020

Agora que chegan os últimos días do outono, e que o inverno chama ás nosas portas... aproveitamos para ensinar unha proposta dos nosos compañeiros/as de 4ºA e 4ºC de Primaria sobre a orixe e historia do Samaín, así como as nosas costumes nesta estación do ano que chega ao seu fin. Agardamos que teñades gozado destes meses no cole e, xa sabedes, cargade as pilas no Nadal para volver con aínda máis ganas logo das vacacións.

Premio ao mellor relato de medo da Biblioteca de Infantil e Primaria

Lucía Alves Paz

07/12/2020

Achegamos o traballo premiado no novo concurso de relatos de medo organizado pola Biblioteca de Infantil e Primaria e o Equipo de Dinamización lingüística. A gañadora é Lucía Alves Paz, de 6º A de Primaria. Parabéns!

Gañadores/as do concurso de debuxos de outono 2020

 Manuel, Antía e DaniPreme para ampliar a imaxe

03/12/2020

Esta semana anunciamos os gañadores/as do concurso de debuxo de Outono!

Antes de nada, agradecemos a colaboración de todos os nenos/as dos distintos niveis de Primaria. Foi moi complicado elixir soamente tres, porque había moi bos traballos.

Nas imaxes pódense ver os gañadores/as das distintas categorías:

  • Manuel Casal Yáñez (1º e 2º)
  • Antía Paniagua Martínez (3º e 4º)
  • Dani Froiz Blanco (5º e 6º)

 Noraboa aos tres, e agardamos que gocedes dos merecidos premios.

Os/As que desexedes recuperar os vosos debuxos, podedes recollelos na aula de 6º A ata o 22 de decembro.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido