Saltar navegación.
Inicio

Día das Letras 2014. Xosé María Díaz Castro

12/05/2014

Un curso máis, celebramos o Día das Letras, dedicado nesta ocasión ao poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. A Coordinadora de Equipos de Normalización  pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado:

http://coordinadoraendl.org/letras2014

Queremos destacar este vídeo tan xeitoso que lle fixeron a Díaz Castro na súa terra, Guitiriz. Está pensado para utilizalo nas vosas clases, pois achégannos a letra e a música. Animádevos a cantar e pedídellelo aos vosos profes!

No noso centro as celebracións encádranse fundamentalmente arredor do Certame Intercentros do Concello convocado con ese motivo e no que participaron alumnos e alumnas dos diferentes niveis en diversas categorías. En concreto, temos dúas gañadoras nas modalidades escritas: Alicia Santos de 2ºA de ESO (cómic e poesía) e Andrea Ramos (colaborando con Aldara Castro) de 3ºA de ESO (teatro escrito).

Alicia, Aldara e AndreaFai clic para ver máis fotos de Intercentros 2014

Así mesmo, contamos coa presenza de Tono e Sino, dous monitores colaboradores co Servizo de Normalización Lingüística do concello. Estiveron hoxe mesmo con varios grupos da ESO e o PCPI para desenvolver un obradoiro de pintura e creatividade literaria sobre camisolas. Foi unha interesante mañá e quedamos ben satisfeitos co resultado da cousa! Así que imos compartilo con todo o centro pendurándoas na entrada do colexio durante os vindeiros días.

Camisetas Galegas 2014Fai clic para ver máis fotos

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com