Saltar navegación.
Inicio

Xa podes baixar A Tribo 2013 dixital, e tamén participar no concurso do décimo aniversario da nosa revista escolar

A Tribo 10 - 2013

19/09/2013

Un ano máis temos que dar as grazas a toda a xente que colaborou no novo número d'A Tribo. E moi especialmente a Sonia Álvarez, que este ano o tivo un pouco máis complicado para rematar a maquetación. A versión dixital xa está por fin dispoñible no apartado Revista escolar deste espazo web, con diversos erros corrixidos respecto á versión impresa de xuño.

A tribo cumpre dez anos, e parece que foi onte cando se foi artellando a primeira delas... ao principio nin sequera tiña nome! Decidimos chamala así por un lema africano que vén a dicir que para educar a un neno fai falta a tribo enteira.

Na Biblioteca de Secundaria, tedes expostos os dez números que levamos, e tamén podedes participar nun concurso que argallamos para festexar o décimo aniversario. Enchendo un cuestionario con 10 preguntas que acharán resposta en cadanseu número d'A Tribo, poderedes conseguir algún agasallo. Animádevos!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com