Saltar navegación.
Inicio

Premios de Intercentros 2023

16/05/2023

O pasado 11 de maio celebrouse no Pazo da cultura do Narón a entrega de premios do XXXII Certame Intercentros. Co gallo das Letras Galegas 2023, dedicadas a Francisco Fernández del Riego, todos os centros educativos públicos do concello participaron no certame celebrado os días 18 e 19 de abril.

O alumnado de Educación Infantil, 2º e 3º de Primaria actuou na categoría de canción, levando cadanseu premio por participación e un accésit de 50€ no caso dos grupos de 3º. Canto ao alumnado de Secundaria, cinco alumnas de 1º de ESO presentáronse na categoría de expresión oral contando lendas tradicionais da nosa comarca, mentres que alumnado de 2º de ESO A interpretou unha canción tradicional galega e mais tres obras teatrais. Como resultado destas actuacións, levaron un total de dous premios de 100€ nas súas categorías e tres accésits de 50€.

No que respecta a traballos escritos, o CPI do Feal foi o centro con maior número de textos entregados a concurso e o noso alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO foi vencedor nun total de cinco categorías. Parabéns a todo o alumnado participante e ánimo para o ano que vén!

Podedes consultar a listaxe de premiad@s na imaxe que achegamos.

AdxuntoTamaño
Premios_Intercentros_Feal_2023.png521.95 KB

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com