blogue decharo.cid

PRESENTACIÓN CHARLA BACHARELATO

Aquí tedes a presentación da charla de Orientación Académica e Profesional. Nela atoparedes todas as ligazóns para acceder a información que vos será de utilidade para a TOMA DE DECISIÓNS.

 

 

LIGAZÓNS

Bolsas Erasmus+ Ciclos Superiores

Bolsa Erasmus+ Ciclos Medios

PROGRAMAS ERASMUS + "CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA - CICLOS MEDIOS E SUPERIORES FP

Dentro dos PROGRAMAS ERASMUS+ que temos para o noso Instituto, abrimos unha nova convocatoria do programa CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA. Calquera profesor que imparta docencia nun CICLO SUPERIOR O MEDIO  DE FP   pode convidar a un TÉCNICO/A ou ESPECIALISTA dunha empresa ou institución doutro pais (paises da Unión Europea e algúns outros), para impartir unhas charlas ou experiencias sobre o que traballa ou é experto. O prazo quedará aberto ata o venres 7 de maio de 2021, ás 24:00 h.

Cada departamento conta inicialmente cunha BOLSA para poder convidar a un especialista dunha empresa a dar charlas no centro mantendo os obxetivos do programa: mellorar a formación do alumnado e/ou docentes.

As mobilidades dos convidados podes facerse antes de rematar o curso, antes de rematar o ano 2021, ou antes d0 30 de maio de 2022.

Poden tramitarse 'on line' na web de ERASMUS+ do IES POLITECNICO DE VIGO. O enlace é o seguinte: 'CONVIDA UN EXPERTO'
<https://erasmuspolitecnico.wixsite.com/erasmuspolitecnico/acerca-de-2>.

  

28 de abril día Mundial da Seguridade e Saúde No Traballo

No día Mundial da Seguridade e Saúde no traballo, o  alumnado do Ciclo de prevención de Riscos Profesionais que está a facer a FCT na empresa CIVIS GLOBAL,  propóñennos un reto para poñer a proba a nosa cultura preventiva .

Grazas Betina Conde e Jorge Álvarez, alumnado do IES Politécnico de Vigo e grazas a  Beatríz Fernández, titora na empresa CIVIS GLOBAL  do noso alumnado.

  (16) GAMIFICACION COMO METODO DE PARTICIPACION EN LA PRL | LinkedIn

 

Novo Horario de Atención Orientación Profesional - Laboral

Neste último trimestre do curso tedes que tomar decisións acerca do voso futuro académico e profesional. Toda a información de FORMACIÓN PROFESIONAL podes atopala neste servizo.

Déixovos o NOVO horario de atención .PLANIFICA O TEU FUTUR0!!!

 

 

 

Convocatoria Aberta de solicitude de BOLSAS ERASMUS+ para alumando de Ciclos Superiores

A REUNIÓN INFORMATIVA se celebrará na AULA D1 (zona de EDIFICACIÓN E OBRA CICIL) o XOVES 17 de DECEMBRO

de 2020 ás 11:30 h para o alumnado de mañá, e ás 19:20 h para o alumnado de tarde.

 

I Foro de Emprego Virtual

I Foro de Empleo Virtual de Executivas de Galicia.Retos e desafios para a igualdade de oportunidades e a Loita contra a Violencia de Xenero.

 

INSCRIPCIÓN

25 de Novembro día Internacional Contra a Violencia de Xenero

Hoxe, 25 de novembro, no Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres lembramos ás 41 mulleres

ASASINADAS en 2020 vítimas da violencia de xénero.

Fai clic na imaxe para ver video EnlazaVigo 2020

 

 

Horario de Atención Orientación Profesional - Laboral

No SERVIZO de Orientación laboral e profesional continuamos, este curso, informando e orientando a todo o alumnado nos máis

variados temas de interese profesional e laboral.

 

 

Xornadas Informativas FP Dual Galicia

O 23 e 25 de xuño celebráronse unhas xornadas informativas de FP Dual en Galicia. Déixovos ligazóns aos vídeos das xornadas, neles poderedes

atopar as respostas a todas as dúbidas que teñades sobre esta modalidade de Formación profesional.

 

Receitario de Igualdade

Receitario de Igualdade

Coa participación de Raquel Pereiro e Paula Sotelo, alumnas do CS de Robótica Industrial. Frear e eliminar a violencia sexual é cousa de todos e todas. 

Creemos unha dieta de xustiza e igualdade!

 

 

EQUIPO DE IGUALDADE. IES POLITÉCNICO VIGO 

Instrucións Probas Telemáticas FOL CS Automatización e Robótica Industrial e CS Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

 

1º CS de Automatización  e Robótica Industrial

 

                 

 

 

1º CS de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

 

 

                 

Instrucións Probas Telemáticas Recuperación Avaliacións CS Prevención de Riscos Profesionais

 

1º Ciclo  Superior  de Prevención de  Riscos  Profesionais

 

                                    

                             

                         

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SEGUE ORIENTANDO TELEMÁTICAMENTE

O Departamento de Orientación segue neste tempo  de toma de decisións coa asistencia telemática, orientarvos   sobre o voso futuro académico e profesional  é noso obxectivo. Deixámosvos o noso correo electrónico para que vos poñades en contacto .

  • INFORMACIÓN ESO E BACHARELATO

Irma Álvarez:orientación.vigo@gmail.com

Sara Rivera: sara.rivera@edu.xunta.es

  • INFORMACIÓN CICLOS FORMATIVOS FP

Charo Cid: orienta.laboralprofesional@gmail.com

Déixovos a presentación da charla de qué facer despois do bacharelato, podevos servir de axuda nas vosas decisións.

 

LIGAZÓNS

Información optatividade ESO e BACHARELATO

                                            

                                                       

                                                         

                                                                             

Que pode facer vostede para axudar durante a pandemia?

ARTIGO

 

 Este artigo vai dirigido á poboación adulta, tanto profesorado, alumnado e familias da nosa comunidade educativa.

Dende o departamento de orientación queremos convidar a reflexionar sobre cuestións que favorezan a convivencia, de entre as que destacamos as condutas prosociais e de axuda no centro educativo e nos demais ámbitos da vida. 

 Elixin este artigo de Antonio Blanco Prieto, profesor da Universidade de Oviedo, coa intención de ofrecer pautas de axuda que poidamos exercer todos e todas, sen necesidade de estar na “ primeira liña” como ocorre co persoal sanitario.

 Antonio Blanco cita neste artigo o psicólogo Howard Gardner, que afirmaba 

que podemos achegar poderosos modelos que conviden a outros seres humanos a actuar dunha maneira cada vez máis responsable”. Unha cuestión presente, se consideramos o liderado social, sen necesidade de tirar grandes foguetes, simplemente comprendendo o impacto do comportamento no noso pequeno mundo.

 Cita tamén o artigo a Javier Gomá , filósofo que recuperou o concepto de exemplaridade, quen explica que vivimos, nos movemos e existimos entre exemplos, sendo, tamén, nós exemplos para os demáis. 

Todos somos responsables 

  Aquí, afirma Antonio Blanco, “atópase a responsabilidade de calquera persoa ante a crise, tanto dos que están na primeira liña, como daqueles que senten baleiro pola ausencia de actividade prosocial. Uns e outros deben ser conscientes do valor das súas condutas, do seu exemplo.

O simple cumprimento das recomendacións da saúde pública supón un primeiro exercicio de exemplaridade.

Esta responsabilidade obríganos a un claro imperativo categórico: “obra de tal maneira que os efectos da túa acción sexan compatibles coa permanencia dunha vida humana auténtica sobre a Terra”.

Convídovos a ler este artigo e descubrir tódalas condutas e comportamentos que merecen os nosos aplausos e que facemos tódolos días na nosa cotiandade.

 

Departamento de orientación 

IES Politécnico de Vigo

 

¿Qué puede hacer usted para ayudar durante la pandemia?

 https://theconversation.com/que-puede-hacer-usted-para-ayudar-durante-la-pand

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ACTIVIDADE NON PRESENCIAL

Aproveita este tempo para reflexionar sobre o teu futuro académico e profesional. No Departamento de Orientación seguimos informando e asesorando. Deixámosvos o noso correo electrónico para que vos poñades en contacto .

  • INFORMACIÓN ESO E BACHARELATO

Irma Álvarez:orientación.vigo@gmail.com

Sara Rivera:sararivevilla@gmail.com

  • INFORMACIÓN CICLOS FORMATIVOS FP

Charo Cid: orienta.laboralprofesional@gmail.com

Déixovos a presentación da vos pode servir de axuda nas vosas decisións.

 

LIGAZÓNS

QUE FACER DESPOIS DO BACHARELATO?

Mobilidade Alemaña. Dinamización FP DUAL

O  alumnado de FP Dual do CM Mantemento electromecánico e CS Mecatrónica industrial realizaron unha Mobilidade a Alemaña enmarcada dentro do Plan de dinamización da FP dual de Galicia da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Esta mobilidade permitiulle ao alumnado visitar a Feira Blechexpo and Schweisstec sobre tecnoloxías de unión e tratamento de chapa en Stuttgart. Nesta feira puideron aprender e visualizar novas tecnoloxías neste campo de traballo. Ademais tamén visitaron en Paderborn a central da empresa coa que realizan a formación dual, Benteler Automotive GmbH.

Esta viaxe tamén serviu para mellorar as súas competencias sociais e lingüísticas, visitando distintos museos en varias cidades alemáns como Stuttgart, Munich, Colonia ou Paderbor.

 

Distribuir contido