blogue decharo.cid

SIMULACRO NO IES POLITÉCNICO DE VIGO

O día 15 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación  no  noso Instituto  de forma EXITOSA.

Dar as grazas a Protección Civil do Concello  de Vigo pola súa presenza  ano tras ano   , a nosa compañeira de Emerxencias pola sua organización , aos alumnos do ciclo de prevención  e aos alumnos de FP básica pola organización previa , e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .

  Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!

SIMULACRO

CHARLAS INFORMATIVAS BOLSAS ERASMUS+

O MARTES 11 de OUTUBRO de 2016 vaise celebrar duas CHARLAS INFORMATIVAS sobre "AS MOBILIDADES en ERASMUS+". no RECREO da mañán, ás 11:30 h, e outra no RECREO da tarde, ás 19:20 h. no salón de actos dirixida a ALUMNOS/AS de CICLOS MEDIOS e CICLOS SUPERIORES de FORMACIÓN PROFESIONAL.Ven e INFORMATE

CONVOCATORIA BOLSAS MEC 2016/2017

Convocatoria bolsas MEC  para o ano 2016 2017. O Prazo Remata o 3 de outubro do 2016 para os niveis non universitarios.

Bolsas para niveis non universitarios

Solicitude On Line

Charla Primeros Auxilios 2016

O alumnado de Prevención de Riscos e de Fp básica asistiu a unha charla de primeiros auxilios impartidas polo voluntariado de Protección Civil do Concello de Vigo. Mostrar o noso agradecemento aos voluntarios/as de protección civil de Vigo que de forma desinteresada colabora ano tras ano co IES Politécnico de Vigo.

Convocatoria EXTRAORDINARIA XUÑO 2016 de BOLSAS ERASMUS+ para CICLOS MEDIOS y SUPERIORES

 CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA de BOLSAS ERASMUS+ para alumnos de CICLOS SUPERIORES e CICLOS MEDIOS. O prazo rematará o venres 17 de xuño as 14:00 horas.

LIGAZÓN

Programa de mobilidade transnacional xuvenil. Galeuropa 2016

Convocatoria 2016 Programa de mobilidade transnacional xuvenil.Galeuropa 2016.

OBXECTO DAS AXUDAS: Realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos cunha duración de entre 2 e 4 meses e con axudas de aloxamento e manutención de entre 896 e 1672€ mensuais (dependendo o país de destino), mais gastos de viaxe.

prazo de presentación : ata o 9 de maio de 2016

Idade:de 16 a 30 anos.

Eduemprende Idea 2016 Nova convocatoria

Nova convocatoria Eduemprende Idea  2016. Para a presentación de  proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea

Orde da convocatoria

Residencias de Xuventude para o curso 2016 - 2017

Convocatoria de 220 prazas   en Residencias xuvenís  para o curso académico 2016/17.

Prazo de presentación de solicitudes :Estará aberto dende o 28 de abril ata o 27 de maio de 2016.

Xuventude.net

Orde da convocatoria

 

4ª Edición de Bolsas Eurolingua

4ª convocatoria de Bolsas  eurolingua.Curso intensivo de inglés de dúas semanas en Irlanda .Curso bolseiro ao 100% . consulta os requisitos.Prazo ata o 25 de Abril

Ligazóns:

http://www.becaseurolingua.com/requisitos/

Folleto

Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés.

Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés.Alumnado de grao medio de Formación profesional o prazo solicitud remata o 8/4/2016.

REQUISITOS Y SOLICITUD

Axudas para obter permiso de conducción

A Fundación Mapfre convoca 190 bolsas destinadas a facilitar a obtención do permiso de condución a mozas de entre 18 e 29 anos en situación legal de desemprego en España.

Bases da convocatoria

CURSO EN LIÑA NIVEL BÁSICO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

NOVO Curso en liña Nivel Básico de prevención de riscos laborais  ofertado polo ISSGA ( Instituto Galego de Seguridade y Saúde Laboral) .Curso de 60 horas, gratuito .Formación  necesaria, en moitos casos , para acceder ao mercado laboral. Data de inscrición do 03/04/2016 Ó 17/4/2016. Selección por orde de incrición.

Aberto o curso anterior , remata a incrición o 4/4/2016.

LIGAZONS

http://issga.xunta.es/portal/index.html

http://issga.xunta.es/portal/contido/formacion/en-lina/index.html

https://egap.xunta.es/matricula/login.php

CHARLA COOPERATIVISMO

 Mércores  16 de MARZO de  09:50 h.a 11:30 h .terá lugar no salón de actos unha charla  sobre cooperativismo á que asistirán un Técnico da rede de EUSUMOdúas cooperativas ESTRELIA ELECTROTECNIA   e  NOSA ENERGÍA    para compartir a súa experiencia , xente con titulacións similares ás das nosas familias profesionais  que decidiron   crear o seu propio posto de traballo  UNINDO ESFORZOS .

DJGHJG

CONVOCADOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS FP GRAO SUPERIOR

 Convocatoria de premios extraordinarios de formación profesional , ORDE do 18 de febreiro de 2016, para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2014/15 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2015. 

Requisitos:

  • Ter cursado   e rematado un ciclo de FP grao superior  no ano 2015
  • Cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
  • Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas.
  • Prazo de presentación: vinte días hábiles contados a partir del día siguiente a la publicación en el DOGA .Fecha publicación 26/2/2016.

 

RESULTADO PROVISIONAL DA BAREMACIÓN DE SOLICITUDES BOLSA ERASMUS+ PARA PERSOAL 2016

Xa podedes consultar resultado de baremación provisional de solicitudes de BOLSA ERASMUS+ para persoal 2016.Prazo de cinco días naturais,dende o 25/02/2016 para presentación de alegacións.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2016

A Consellería de  Cultura,Educación e ordenación universitaria  convoca as probas de acceso a ciclos formativos para o ano 2016.

Podedes consultar  toda a información sobre o proceso: orde da convocatoria,calendario de probas de acceso e información xeral na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/fp/probas

Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016

As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional (Ciclo Medio) ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.

PROBAS PARA OBTENCIÓN CARNÉS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS

Convocanse as  probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2016 pola consellería de cultura,educación e ordenación universitaria .

Podedes consultar toda a información sobre o proceso na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/fp/probas

Orde da convocatoria

CONVOCATORIA 2016/2017 PROGRAMA LANZADERA

Nova convocatoria programa lanzadeira 2016/2017  para os que perseguen un soño e queren facer dunha idea un proxecto empresarial  . Período para inscribir o proxecto ata o 29 de febreiro  na seguinte ligazón.

http://www.lanzadera.es/programa-lanzadera/

Bases convocatoria 2016/2017

 

VISITA A BENTELER AUTOMOTIVE S.L.

O  venres pasado os nosos alumnos do Ciclo superior de prevención de riscos profesionais   acompañados   dos seus profesores visitaron as instalacións de BENTELER AUTOMOTIVE VIGO S.L. 

Dar as grazas desde o IES Politécnico pola  súa colaboración e amabilidade .Agradecemento a Esther Fernández  do departamento de seguridade,saúde e medio ambiente e Carlos Casal responsable de Recusos Humanos.

 

CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO 2016

Convocatoria  da  Xunta de Galicia do Certame Cooperativismo no Ensino 2016.

O alumnado e profesorado de FP poderán presentar a este concurso os proxectos empresariais elaborados por eles, baixo a única modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

Prazo de presentación das solicitudes e dos traballos: ata o 15 de maio de 2016.

ORDE DA CONVOCATORIA

Distribuir contido