PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2016
Enviado por charo.cid o Mar, 16/02/2016 - 17:29
A Consellería de Cultura,Educación e ordenación universitaria convoca as probas de acceso a ciclos formativos para o ano 2016.
Podedes consultar toda a información sobre o proceso: orde da convocatoria,calendario de probas de acceso e información xeral na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.es/fp/probas
Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016
As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional (Ciclo Medio) ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.