Probas para acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 e C1

A Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades convoca, a través da Resolución do 10 de xuño de 2022 publicada no seu portal, a xestión das probas de nivel lingüístico para o alumnado. Destinado ao alumnado matriculado en Bacharelato e 4º de ESO no curso 2022-2023, que poderá acreditar a competencia en lingua estranxeira non niveis B1, B2 e C1.

O IES Manuel García Barros solicitará participar nesta convocatoria, para o que é necesario determinar o alumnado interesado, que debe entregar no centro, antes do día 14 de xullo de 2022, o compromiso individual asinado pola familia que pode descargar nesta ligazón.