Equipo directivo
15 de setembro - Comeza o Curso Escolar 2021-2022
Comeza o curso escolar 2021-2022, aportamos a seguinte información do Acto de Presentación; para cada curso, grupo, horario e en canto ao acceso ao centro.
Matrícula setembro - Curso 2021-2022
Comeza o período extraordinario de matrícula na ESO e BACHARELATO para o curso 2021-2022
O período de matrícula extraordinario vai do 6 ao 10 de setembro.
Só para alumnado que tivera materias pendentes convocatoria de setembro.
Preme neste icono para iniciar o teu rexistro e a túa matrícula
Por se tendes algunha dúbida durante o proceso podedes chamar aos teléfonos seguintes:
886151941 ( Xefatura) - 886151942 (Xefatura) - 886151943 (Dirección) - 886151947 (Administración)
Calendario setembro - Curso 2021-2022
Publicamos información relativa a actividades no noso centro propias de comezo do mes de setembro...
Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC - Ano 2021-2022
Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC [Ano 2021-2022], para os alumnos de Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.
O prazo comeza dende o 3 de Agosto ata o 30 de Setembro de 2021.
Para presentar a solicitude de xeito ON-LINE en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
Aviso: Xa se poden recoller os Vales para adquirir material escolar
Xa se poden recoller os Vales para a compra de Material Escolar na secretaría do noso centro.
O horario de atención ao público será de luns a venres de 10:00 a 13:00.
Equipo Directivo
IES Laxeiro
Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato para o curso 2020-2021
Publicamos información relativa aos procedementos para a reclamación das cualificacións. Igualmente sobre os prazos e datas segundo os niveis que se adoitan.
Para acceder aos documentos adxuntos facer click!
Orde do 2 de marzo de 2021 procedemento de reclamación das cualificacións
Datas do procedemento nas reclamacións de 2º bacharelato curso 2020-2021
Calendario de exames de setembro 2021
Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2020-2021 no IES Laxeiro( Proximamente)
Calendario bacharelato e adultos
Relación de Libros de texto para o curso 21-22 no IES Laxeiro
Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2021-2022. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro.
-Relación de Libros Bacharelato
-Relación de libros de adultos
-Relación de libros Ciclos F.P
CALENDARIO FIN DE CURSO 2020 - 2021
Día 22 de xuño: Remate de clases
Días 22 e 23 de xuño: Avaliacións
Día 23 de xuño: Entrega de notas Adultos [20:00 a 20:30 horas]
Día 24 de xuño: Entrega cualificacións de ESO, Bacharelato, CICLOS e FP Básica [12:30 a 13:00 horas] - (Non haberá transporte escolar).
Días 25, 28 de xuño: Reclamacións ás cualificacións en ESO, BACH, CICLOS, Adultos e FP Básica
DIRECCIÓN
Admisión a Ciclos Medios e Superiores para o curso 2021-2022
Desde o venres, día 25 de xuño, ata o luns , día 5 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores de réxime ordinario para o curso 2021-2022. A Orde que regula este proceso de admisión é a do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27 de xuño).
Para a modalidade de FPDual o período de inscrición abarca desde o 25 de xuño ata o venres 2 de xullo ás 13:00h.
(Ver calendarios de proceso de admisión)
Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 25 de xuño ata o 8 de outubro.
Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde tendes os seguintes arquivos:
Normativa reguladora do proceso de admisión
Oferta de ciclos e prazas asignadas no IES Laxeiro curso 2021-2022
Calendario de admisión ordinaria
Calendario de admisión FP Dual
Anexo I Impreso solicitude admisión(só para 2º curso)
Anexo II Impreso solicitude para FCT/Proxecto para adultos ou módulos liberados
Impreso matrícula ou renuncia
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
