Equipo directivo

Resolución definitiva de admisión de alumnado curso 2014-2015 do IES Laxeiro

Tras o informe favorable do Consello Escolar en reunión celebrada hoxe , día 8 de maio, publícase a resolución definitiva de admitidos para o curso 2014-2015 no IES Laxeiro. Diante esta resolución, cabe interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. Nos arquivos adxuntos pódese atopar toda a información que tamén estará exposta no taboleiro do centro ata os inicios do curso 14-15.

- Admisión definitiva

- Listados XADE

- Período de reclamación

Resolución provisional de admisión de alumnado curso 2014-2015 no IES.Laxeiro

Publicada a resolución provisional de amitidos para o curso 2014-2015 no IES.Laxeiro. O periodo de reclamacións estará aberto ata o día 29 de abril de acordo coa lexislación actual.  Nos arquivos adxuntos tendes toda a información de interese.

- Listados coa baremación onde foi necesaria

- Admisión provisional

- Período de reclamacións

Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2014

Comunicamos que no DOG nº 47 do día 10 de marzo de 2014 aparece a Orde do 5 de marzo  pola que se convocan as probas de acceso á Ciclos Medios e Superiores correspondentes ao ano 2014.

 

Lugar e instruccións da proba de acceso a Ciclos Superiore

Calendario das Probas

Solictude de inscripción para Ciclo Medio

Solicitude de inscripción para Ciclo Superior

Relación de Libros de texto para o curso 13-14 no IES.laxeiro

Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 13-14. Os libros de Matemáticas e Relixión na ESO serán os propios departamentos os que en setembro se encarguen do reparto. En tres Ciclos non hai libros propostos, serán os profes os que en setembro expliquen o material a empregar. Para calquer dúbida consultar no centro-

Cualificacións provisionais das probas de acceso a Ciclo Superior 2013

Ven de publicarse no portal da xunta www.edu.xunta.es/fp as cualificacións provisionais das probas de acceso á Ciclos Superiores correspondentes a convocatoria do ano 2013. Para os que fixeron a inscrición no IES.Laxeiro poden facelo no seguinte arquivo.

Proceso de admisión e matrícula de ESO e Bacharelato para o curso 2013/2014

A partires do vindeiro 18 de marzo comeza o procedemento de admisión e matrícula na ESO e Bacharelato para o curso escolar 2013/2014. Podedes consultar o novo Decreto e a orde que o desenvolve ,así como o calendario de todo o proceso. Nas seguintes ligazóns podedes atopar os impresos que debedes rellenar para solicitar praza no centro.

-Reserva de praza para centros adscritos

-Anexos admisión alumnado

Convocatoria de probas de acceso a ciclos medios e superiores Ano 2013

Convocadas as probas para acceso a ciclos medios e superiores según a resolución publicada no DOGA do 21 de xaneiro de 2013. Dirección,Xefatura de estudios e Orientación informarán ao alumnado interesado nestas probas que terán o seguinte calendario

Para máis información consultade a resolución e nos seguintes arquivos adxuntos podedes formalizar a correspondente solicitude para presentarse ás probas.Lembrade que debedes facelo por duplicado.

- Impreso inscripción proba acceso ciclo medio

- Impreso inscripción proba acceso ciclo superior

Calendario do proceso de renovación 2012 do Consello Escolar do IES.Laxeiro

A Xunta Electoral do IES.Laxeiro , reunida hoxe, día 7 de novembro, acordou o calendario de renovación parcial do Consello Escolar. Así mesmo cada sector da comunidade educativa, presente nesta renovación, terá oportuna información a través das canles habituais.

Información académica importante para alumnos/as de Ciclos Grao Medio e Superior. Aspectos lexislativos

Ao comezo dun novo curso é importante recordar aspectos lexislativos relacionados tanto coa matrícula coma o proceso do curso en xeral.Por ese motivo no seguinte esquema-resumo podes consultar algunhas consideracións de interese para o alumnado de Formación Profesional. Todos elas son situacións contempladas na lexislación relacionadas coa matricula e coa marcha do curso académico.Nos taboleiros das aulas tendes á vosa diposición esta información e para calquer dúbida acudide aos vosos titores/as ou á Secretaría do Centro.

Distribuir contido