Equipo directivo

Programa de Gratuidade de Libros de texto 2016-2017

Publicación das listaxes de adxudicación definitiva e complementaria dos libros de texto para os niveis de 1º ESO e 3º ESO para o curso 2016-2017

 

- Listaxe de adxudicación definitiva

- Listaxe de adxudicación complementaria

Relación de Libros de texto para o curso 16-17 no IES Laxeiro

Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2016-2017. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro.

-Relación de libros  ESO

-Relación de Libros de Bacharelato

-Relación de libros ce Ciclos F.P

-Relación de libros de Adulos

Quedaban pendentes para setembro as materias de L.Galega de 2º e 4º de ESO

Admisión ce Ciclos Medios e Superiores para o curso 2016-2017

Desde o luns, día 27 de xuño, ata o martes , día 5 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2016-2017. A Orde do 15 de xuño que regula este proceso de admisión sairá no DOG do vindeiro luns día 27. Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 27 de xuño ata o 7 de outubro.

Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde a partires do luns teredes o impresos de solicitude de admisión.

Entrega de notas 2015-2016

 

LUNS, 27 DE XUÑO ÁS 10:00h.

Entregaranse na aula correspondente do grupo

Nota: Ese día xa non haberá transporte escolar

PLAN DE CONVIVENCIA DO CENTRO: PRIMEIROS PASOS PARA A MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

Este mércores pasado, 25 de maio,contamos coas compañeiras Kety e Begoña do IES Xulián Magariños de Negreira, que se encargan da coordinación de mediación e da orientación neste centro.


Compartiron a súa experiencia tanto na posta en marcha da mediación como na formación, difusión e continuidade do seu proxecto, no que se prima a mellora da convivencia, a autonomía e mellora das competencias sociais do alumnado participante e o fomento do diálogo na resolución de conflitos.

Foi unha pequena introdución para os interesados/as que acudimos: do IES  Laxeiro, do IES Aller, do IES Colmeiro…

Graciñas a Kety, Begoña e aos asistentes.

 

 

Convocadas as axudas para o Fondo Solidario, adquisición de Libros de Texto e material para o curso 2021-2022

Esta convocatoria ten por obxecto regular para o curso 21-22:

a) Participación no Fondo Solidario para os cursos 1º, 2º , 3º e 4º ESO

b) Axudas para adquirir material escolar.

ATENCIÖN.- Para os cursos 1º 2º -3º e 4º ESO no IES Laxeiro tan só se pode pedir axuda para adquirir material escolar, ao ser centro E_DIXGAL.

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro.

A forma de presentación ofrece dúas posibilidades:

a) Presentación no centro mediante a solicitude (Anexo I) e Anexo II que pode imprinir nos arquivos adxuntos

b) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace

     ENLACE SEDE ELECTRÓNICA PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE.

O prazo para a súa presentación remata o 22 de xuño de 2021 (Incluído)  

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en
ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese
matriculado no curso 2020/21. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite
a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido,

que será o encargado da súa gravación e tramitación

Devolución do libros de texto 2020-2021

O prazo máximo para devolver os libros de beneficiario(3º e 4º ESO) será o 22 de xuño de 2021

O alumnado de materias pendentes para setembro terán como prazo o 7 de setembro

A devolución dos libros é condición indispensable para ser beneficiario no seguinte curso.

Para máis información consultar no Portal da Xunta , na aplicación FONDOLIBROS ,na secretaría do centro e nos seguintes arquivos:

1.- Impreso de solicitude via presencial Anexo I

2.- Impreso  comprobación datos Anexo II

3.- Documento explicativo

4.- Orde de convocatoria

5.- Manual do cidadán. Fondolibros

 

 

AVISO:

Desde mañá , día ___ de xullo, xa están á dispor dos interesados/as os vales de material para o curso 21/22. Poden recollelos na secretaría do centro en horario . de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00h. Para alumnado promocionado en xuño e que xa está matriculado.

 

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

[01/02/2016] O día 1 de febreiro comeza o plazo para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

Do 1 ao 15 de febreiro será o prazo para as reservas internas e de centros adscritos e do 1 ao 29 de marzo será o prazo de admisión para o alumnado que desexe cambiar de centro ou ir a un centro non adscrito.

En breve se publicará neste mesmo canle informativo o calendario de todo o proceso de admisión.

Información e documentación:

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Anexo I: Reserva de praza interna (galego)

Anexo II: Formularios de admisión (galego)

 

 

Listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de texto 2º ESO e 4º ESO

Pódese consultar as listaxes definitivas de admitidos no fondo solidario de libros de texto, así como os libros que lles foron asignados.

O reparto dos libros asignados levarase a cabo na Secretaría do noso centro a partires do día 16 de setembro.

Listaxe definitiva de admitidos.

Comezo do curso 2016 - 2017

DÍAS 5, 6, 7 E 8 DE SETEMBRO DE 2016

  • Día 5, luns, ás 13 h.: entrega de notas de 2º bacharelato

  • Día 7, mércores, ás 10 h.: entrega de notas para o resto dos cursos

  • Días 7 e 8 de setembro: matrícula para ESO e BAC diúrno

XOVES, DÍA 15 DE SETEMBRO DE 2016

  • Presentación do alumnado da ESO (2º, 3º e 4º) e bacharelato (1º e 2º) ás 11:30 h.

Haberá bus para vir ao centro (sairá de volta ás 12:30 h.)

  • Presentación do alumnado de bacharelato de adultos ás 19:15 h.

  • Presentación do alumnado de 1º ESO, coa presenza de pais/nais ou titores/as ás 20:30 h.

VENRES, DÍA 16 DE SETEMBRO DE 2016

  • Clases con horario normal na ESO e bacharelato

  • Clases con horario normal en bacharelato de adultos

  • Presentación do alumnado do Ciclos Formativos ás 9 h.

Clases con horario normal en Ciclos Formativos a partires da 2ª sesión

MARTES, DÍA 20 DE SETEMBRO DE 2016

  • Presentación do alumnado do Formación Profesional Básica (1º e 2º)

LUNS E MARTES, DÍAS 26 E 27  DE SETEMBRO DE 2016

  • Festas locais

MÉRCORES, DÍA 28 DE SETEMBRO DE 2016

  • Presentación e clases con horario normal na ESA

Becas para estudos postobrigatorios, bacharelato, ciclos e FP Básica.

Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar becas de axuda para estudos de bacharelato, ciclos e FP Básica segundo a Resolución do 30 de xullo publicada no BOE con data de 6 de agosto.

A solicitude  deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento no enderezo https://sede.educacion.gob.es/portada.html  no apartado correspondente a «Trámites y Servicios» ou no enderezo electrónico www.mecd.gob.es

No arquivo adxunto, os interesados poden obter toda a información para a súa solicitude

Resolución do 30 de xullo  por la que se convocan becas de carácter xeral para o curso académico 2015-2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Distribuir contido