Equipo directivo

Renovación parcial do Consello Escolar do IES.Laxeiro

O día 4 de novembro comeza o calendario elaborado pola Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do IES.Laxeiro.

Desde o día 5 ata o 18 estará aberto o prazo de presentación de candidaturas nos sectores do PROFESORADO, PAIS/NAIS e ALUMNADO. A tal efecto os interesados/as poderán recoller  os impresos de presentación de candidaturas na secretaría do Centro.

Entre os días 23 e 25 terán lugar as votacións, para rematar o proceso o día 30 de novembro.

Do calendario, datas e demais comunicados, terán oportuna información nesta páxina web.

Desde aquí tan só animar a que participen, presenten candidatura e acudan a votar nos días sinalados a tal efecto.

¡ ANIMO! ¡PRESENTEN CANDIDATURA! ¡VOTEN!

O FUTURO DO LAXEIRO É DE TODOS/AS .

 

VACA FILMS NO IES LAXEIRO

O vindeiro venres 22 de outubro, VACA FILMS,
produtora galega de cine, responsable entre outros títulos de Celda
211
, vai desenvolver  no IES
Laxeiro de Lalín un programa de achegamento e promoción do cine aos estudantes
de 2º de bacharelato.

2º Prazo de axudas para alumnos/as de FCT

A Orde do 3 maio do 2010 convocaba as axudas para alumnos de FCT. Agora , tal como refrexa a devandita Orde, ábrese o 2º prazo para poder solicitalas:

"O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2010, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2010. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2010. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2010 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

As solicitudes, xunto co resto da documentación requirida, poderanse presentar no centro onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo. (DOG do 13 de maio )"

Nos arquivos adxuntos podedes obter máis información e rellenar o impreso de solicitude

Acceso e matrícula aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPIs) para o curso 2010-2011 no IES.Laxeiro

No arquivos adxuntos podes informarte do proceso de admisión e matrícula para os Programas de Cualificación Profesional Inicial no curso 2010-2011 no IES. Laxeiro.

Admisión e matrícula de adultos para o curso 2010-2011 no IES.Laxeiro

 No arquivo adxunto podedes informarvos do calendario de admisión e matrícula tanto de Educación Secundaria coma de Bacharelato de adultos para o curso 2010-2011 no IES-Laxeiro

Convocatoria de exames para a obtención de carnés profesionais e certificados de cualificación individual

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,  a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa vén de convocar exames para a obtención dos seguintes canés profesionais:

  • Instalador/a de fontanería
  • Operador/a industrial de caldeiras
  • Instalador/a frigorista
  • Conservador/a reparador/a frigorista
  • Instalador /a de productos Petrolíferos
  • Instalador/a de liñas de alta tensión
  • Operador/a de guindastre torre
  • Operador de guindastre móbil autopropulsado
  • Certificado de cualificación individual en baixa tensión
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
  • etc..

Requisitos:

  • Estar en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima
  • Cumprir os requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente

Solicitudes:

O modelo de solicitude poderase obter nos departamentos territoriais ou ben na páxina web http://edu.xunta.es/fp

Taxas en concepto de dereitos de exame→ ( importe 38´37 €) validado nunha entidade bancaria

 Prazos e lugares:

Dende o día 13 de xullo ao 23 do mesmo mes

As solicitudes presentaranse nos lugares habituais, sinalados na propia convocatoria

Datas de exames:

A realización non será antes do mes de outubro

Para maior información consultar a páxina web sinalada anteriormente, ou ben nos arquivos que se adxuntan

 

SIXA, un Sistema Informático de Xestión Académica no IES.Laxeiro

A partires de setembro, no inicio do curso 2010-2011, o IES.Laxeiro porá en marcha un novo plan de xestión académica. SIXA, un programa informático creado por ENXENIO en colaboración coa Facultade de Informática de A Coruña, vai significar un novo paso na vida académica do noso centro.Un programa que vén a completar a Xade e que costituirá unha ferramenta esencial no traballo do profesorado. A través del os profesores , Dirección e Secretaría do Centro poderán xestionar todo o traballo tanto académico coma de titorías e comunicación cos pais/nais do noso alumnado.

Un programa que funcionará tanto a través da rede wifi do profesorado coma a través de terminais coma un móbil PDA ou un simple "pendrive" conectado a un PC para poder traballar dende a propia casa.

O sistema constará de tres módulos ou aplicacións:

  • Aplicación para o profesorado
  • Aplicación para o Equipo Directivo
  • Comunicación coas familias

No arquivo adxunto poderás informarte máis polo miudo do que vai a consistir este proxecto que o IES.Laxeiro , no seu afán de millora continua, porá en marcha no vindeiro curso.

    

Listaxes provisionais de admitidos en Ciclos Medios e Ciclos Superiores no IES.Laxeiro

A Consellería de Educación vén de publicar as listaxes provisionais de admitidos nos Ciclos Medios e Superiores. Ábrese agora un prazo de reclamacións ata o día 13 deste mes. O 19 sairán as listaxes definitivas. O periodo de matrícula para os admitidos nesta 1ª convocatoria será entre os días 20 e 23 do presente mes de xullo.

Nos arquivos adxuntos podedes comprobar as listaxes provisionais  de admitidos e comprobar se hai motivo de reclamación.

Convocadas becas e axudas para para niveis postobrigatorios non universitarios

 Dende o 5 de xullo ata o 30 de setembro está aberto o prazo para poder solicitar becas e axudas de estudos postobrigatorios. A solicitude deberase facer VIA ON LINE a través da páxina www.educación.es  e previamente o solicitante deberá rexistrarse coma usuario para poder tramitar a súa petición.

Nos arquivos adxuntos podedes obter información correspondente.

Éxito rotundo dos alumnos/as do IES.Laxeiro nas PAAU 2010

O 100% de alumnos de Bacharelato diurno do IES.Laxeiro veñen de superar as Probas de Selectividade que se celebraron en Santiago de Compostela. Sen dúbida un resultado que vén certificar que o camiño percorrido foi acertado.

A este feito hai que engadir que a maioría destes alumnos/as poderán acceder aos estudos desexados debido aos resultados acadados. Subliñar que algúns deles, sumando a nota ponderada da parte específica das Probas de Selectividade , chegan a ter notas de acceso superiores a doce que lles permitirán entrar en calquera carreira do Sistema Universitario Galego . Estas cualifcacións sitúan a algúns deles entre os mellores de Galicia e por suposto na Comarca do Deza.

Destacar entre todos eles a Paula Taboada Troitiño e Roi Gallego Fernández, que o vindeiro 9 de xullo acudirán ao Acto que terá lugar no Auditorio de Galicia e que servirá para premiar a aqueles alumnos/as que acadaron un nove ou superior na nota ponderada entre Bacharelato e as PAAU.

Dende esta páxina Web, fiestra do noso Instituto, tan só agradecer a todos/as o esforzo realizado e o ter deixado o pavillón da nosa Comunidade Educativa nun nivel tan alto.

 ¡GRAZAS, CHAVALES!

Distribuir contido