Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
1º E.S.O.Obradoiro de Habilidades Sociais para 1º ESOO luns 8 de novembro, os grupos de 1º ESO participaron un obradoiro de habilidades sociais impartido por psicopedagogas do Servizo de Drogodependencias do concello. Os temas tratados abranguían a asertividade, importancia de saber dicir que non, técnicas para levalas a cabo.
1º ESO A: gañadores dun premio en "Clases sen fume"Felicitamos ao alumnado de 1º ESO A e a súa titora Mar García polo accesit conseguido co proxecto "Reoca sen fumes" hoxe en Santiago. Para que vos fagades unha idea, en Galicia participaron uns 6000 alumnos e 115 centros, sendo 12 os preseleccionados para os premios. Animar tamén a 1º ESO B, C e 2º ESO B que tamén participaron, e a todos para que o próximo ano se poida repetir esta xornada. Enviamos un saúdo aos compañeiros do IES Val do Asma de Chantada cos que compartimos bus e xornada. Así pois, esperamos que 1º ESO A pase unha divertida e mollada xornada no Aquapark de Cerceda e a todo o IES Laxeiro para que desfrute e xogue á Reoca que está situada no patio interior da cafeteria (instruccións de xogo na porta acristalada). GAÑADORES DO CONCURSO DE "CIFRAS E LETRAS" 2009-2010
1º ESO Equipo gañador: Clara Facal Agulló e Aldara Nercellas Rodríguez (1ºESO A) 2º ESO Equipo gañador: Marcos Areán Vázquez e David García Val (2ºESO A) 3º ESO Equipo gañador: Marco Gallego Fernández e Carlos Guitián Amiama (3ºESO B) 4º ESO Equipo gañador: Marcos García Diéguez e Pablo Vázquez Vázquez (4ºESO A) Gañadores da fase de clase e clasificados para a fase final de CIFRAS E LETRAS1ºESO A Clara Facal Agulló e Aldara Nercellas Rodríguez 1ºESO B Julia Cortizo Kuchnir e Judit Fernández Iglesias 1ºESO C Daniel Batán Silva e David Domínguez Lamela 2ºESO A Marcos Areán Vázquez e David García Val 2ºESO B Ana Blanco del Valle e Marta Miralles Otero 2ºESO C Adrián García Gil e José Manuel Lorenzo Hermida 2ºESO D Andrea García Vicente e Iria Sánchez Crespo 3ºESO A Sara María Blanco Val e Adriana Souto Rozados 3ºESO B Marco Gallego Fernández e Carlos Guitián Amiama 3ºESO C Diego Méndez Buján e Ricardo Varela Vidal 4ºESO A Marcos García Diéguez e Pablo Vázquez Vázquez 4ºESO B Daniel Sousa Rodríguez e Alba Viana Soto 4ºESO C Albet Bruguera Pereiro e Daniel Rivadulla Penas Concurso de ENXEÑO E ENTRETEMENTO MATEMÁTICOOs alumnos de ESO do IES LAXEIRO Belén Fernández López, Andrés Peña del Rio, Martín Vidal Daparte, Daniel Novegil Fernández, Luis González Mouriño e Juan José Recimil Taboada, participarán no Concurso de ENXEÑO E ENTRETEMENTO MATEMÁTICO que organiza o concello de Santiago en colaboraciín con AGAPEMA (Asocicaión de Ensinantes de Matemáticas de Galicia). O concurso, no que participan equipos de 6 alumnos de centros de secundaria, consiste en traballar actividades, maioritariamente manipulativas, de distintas ramas das matemáticas impartidas nos dous ciclos de secundaria obrigatoria. Celebrarase na Praza da Quintana de Santiago o vindeiro día 12 de maio (Día Escolar das Matemáticas). Programa Semanas Brancas 2010 na estación de esquí de San IsidroAlumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Laxeiro participarán entre o 22 e o 26 de marzo na estación San Isidro (León), no programa Semanas Brancas. Os escolares conxugarán a práctica do esquí na estación situada na comarca do Alto Porma, no municipio de Puebla de Lillo, con actividades como a práctica de sendeirismo ou a visita á cidade de León. » Xornada de Convivencia cos alumnos de 1º da E.S.O.O venres 16 de outubro, 82 alumnos de 1º da ESO e dez profesores participamos nunha xornada de xogos cooperativos, castañas e refrescos á sombra da carballeira do Rodo. A actividade, promovida desde a Comisión da Convivencia, ocupou un recreo e as dúas últimas sesións de clase. Con ela perseguíase un mellor coñecemento e achegamento entre alumnos e docentes de 1º da ESO. » Semana de Sostenibilidade de LalínSemana da Sostenibilidade de Lalín
Os pasados días 5, 6 e 7 de novembro o alumnado do Comité Ambiental participou na II Semana da Sostenibilidade organizada pola Concellería de Medioambiente.
» Cidadanía no MundoO alumnado de 1º de ESO traballará ó longo de dúas sesións no obradoiro "Cidadanía no Mundo". Estes obradoiros faranse nas xornadas do 28 de novembro e 1 de decembro con 2 monitoras do Concello de Lalín. A actividade central deste taller é a realización do nosa propia árbora xenealóxica para despois reflexionar sobre as orixes e os movementos de poboación das nosas familias. Os participantes pensan, comparten e opinan sobre os motivos que levan a unha persoa a cambiar de lugar de residencia e reflexionan sobre o contraste social e o intercambio cultural xurdido destes desprazamentos. Visita a Bande, CelanovaO alumnado de 1º curso da E.S.O. ven de realizar unha viaxe didáctica a Bande, en Celanova, organizada polo departamento de Língua Galega. A viaxe tivo lugar durante a mañá e a tarde do mércores, 30 de abril. |
Novos números
|