Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

blogue degmendezg

Realización das probas: 2 de xuño de 2017

Ámbito científico-tecnolóxico:

Presentación 9:00

Duración: 150 min

O alumnado poderá utilizar calculadora científica non programable.

Puntuación necesaria para superar a proba: 27 de 55 puntos

Ámbito social:

Presentación 12:00

Duración 60 min

Puntuación necesaria para superar a proba: 12 de 25 puntos

Ámbito da comunicación:

Presentación 15:45 

Duración: 180 min

Puntuación necesaria para superar a proba: 50 de 100 puntos 

Os aspirantes deberán presentarse a todas as probas co DNI.

As cualificacións provisorias publicaranse en www.edu.xunta.es o 15 de xuño (prazo de reclamacións 5 días hábiles)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170209/AnuncioG0164-020217-0003_gl.html

 

Participación na Olimpiada Matemática Galega 2017

O pasado 27 de abril os alumnos

  • XAIRO CAMPOS BLANCO
  • MANUEL GALÁN RODRÍGUEZ
  • DANIEL VILLAR POMBO

participaron na Olimpiada Matemática Galega 2017.

Ademáis, o alumno MANUEL GALÁN RODRÍGUEZ clasificouse para a fase final galega, que terá lugar en Lugo o próximo 18 de maio.

Desde o centro queremos trasmitir os nosos parabéns a todos os participantes e moito ÁNIMO a o noso compañeiro clasificado.

LogoCONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2017“MATEMÁTICAS EN CARBALLO”

Departamento de Matemáticas. 

IES Isidro Parga Pondal

Concurso Fotografía 2017

 

1. Aberto a todos os alumnos / as matriculados no centro.
2. Cada concursante poderá presentar unha fotografía en branco e negro ou en cor.
3. O tema das fotografías será “MATEMÁTICAS EN CARBALLO”. A relación do noso entorno coa Matemática establécese a través do título da foto.
4. As fotografías deben ser orixinais. Non se admiten fotografías descargadas de Internet.
5. Cada fotografía debe ser presentada impresa nunha folla A4 en branco. Xunto á imaxe imprimirase o título da foto e o nome da rúa onde a fotografía foi tomada.
6. Na parte traseira do folio deben incluírse os seguintes datos: Nome e apelidos, Curso e Grupo.
7. Os traballos poden presentarse a calquera profesor/a do Departamento de Matemáticas. Ademais deberán enviar unha copia á dirección de correo aulaeso@gmail.com, indicando no asunto o título e incluíndo os datos do alumno.
8. O período de entrega será entre o 19 de abril e 4 de maio.
9. As fotografías serán exhibidas no centro durante os días seguintes.
10. Un xurado composto por profesores do Departamento de Matemáticas e outros departamentos decidirá o primeiro premio.
11. Ademais, os estudantes do centro escollen, mediante votación, un segundo premio, "o premio do alumnado".
12. A participación neste concurso implica a aceptación destas normas. Calquera caso non previsto nelas, deberá ser resolto polo Departamento

 

 

Orden ECD/1941/2016, de 22 de diciembre, por la que se determinan las características, el diseño y el contenido de la evaluación de Bachillerato para el acceso a la Universidad, las fechas máximas de realización y de resolución de los procedimientos de revisión de las calificaciones obtenidas, para el curso 2016/2017.