Skip to Content

Linguas clásicas

Percorrido polo Museo Arqueolóxico

O pasado mércores 11 de abril visitamos o Museo Arqueolóxico de San Antón. Malia as inclemencias do tempo disfrutamos da súa situación privilexiada e da paisaxe que o rodea. Pero sobre todo examinamos a parte da Romanización da nosa cidade, incluídos os restos atopados na Torre, nas domus brigantinas e obxectos do Castro de Elviña.

 

Imaxe

 

Teatro grecolatino 2018

O alumnado de Latín e Grego do IES Elviña asistiu o pasado 14 de marzo a unha dobre sesión no teatro Rosalía. Incluída no festival de teatro grecolatino que organiza a Sociedade de Estudos Clásicos, a sesión foi moi fructífera: pola mañá a traxedia de Eurípides Electra e pola tarde a comedia de Plauto Gemelos. Ámbalas dúas representacións foron a cargo da compañía Ruiseñor. As inclemencias do tempo non conseguiron agriar a magnífica xornada.

As instantáneas foron tomadas pola nosa fotógrafa oficial Cynthia e as súas colaboradoras Jennifer e Sara.

O exército romano e o IES Elviña

Recreadores de Galicia   O xoves día 11 de Xaneiro, Óscar Núñez, do colectivo Recreadores de Galicia pasou unha xornada co alumnado de Cultura clásica do noso centro para evocar o mundo dos lexionarios romanos. Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO asistiron a unha charla sobre o mundo do exército romano e despois puideron practicar algunhas das técnicas de loita das antigas lexións co material militar cedido polo propio monitor.

La Voz de Galicia, tanto na versión impresa como na súa web, publicou a reseña da actividade na sección local do venres día 12.

La Voz. Recreadores de Galicia

 

Este é o documento gráfico realizado por Carlos;

Moretum

O alumnado de Latín de Bacharelato de Elviña recreou a antiga receita de moretum, unha mestura de queixo, allo, herbas e aceite. Contribuimos gustosamente ó festival de comidas de outono do Instituto organizado polo departamento de Dinamización de Linguas.

No proxecto participaron activamente tamén compoñentes do departamento de Ciencias e TIC. 

O vídeo seguinte é obra do noso artista Carlos.

 

Disfrutamos do monólogo de Helena de Troia

    O alumnado de Latín e Grego do IES asistiu ao monólogo dramático de Helena de Troia na obra do Teatro do Atlántico Helena, xuízo a unha lurpia no Forum Metropolitano. Disfrutamos escoitando unha poderosa voz feminina tradicionalmente silenciada na transmisión tradicional patriarcal e a recreación dos mitos e historias que perviven ao longo dos séculos.

Alumnado

 

Distribuir contido


by Dr. Radut