Skip to Content

Actividades Espazo maker

Actividades desenvolvidas no Espazo Maker do IES Plurilingüe Elviña

Día da Muller e a Nena na Ciencia: Actividade do IGFAE

Día da Muller e a Nena na Ciencia IGFAEO Día da Muller e a Nena na Ciencia incluiu entre outras actividades unha Masterclass no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, na que se exploraban datos do experimento CMS do Gran Colisionador de Hadróns do CERN, en Suiza, o acelerador de partículas máis grande do mundo.

A exclusividade do evento fixo que houbera que limitar a participación a dúasDiplomas alumnas por centro. Aínda que iso fixo que algunhas compañeiras tiveran que quedar, o centro non puido estar mellor representado que polas nosas queridas Alicia e Sofía, do Club de Ciencia, acompañadas por Isabel, a súa profesora de Física e Química.

A xornada completa de traballo constou de varias charlas moi especializadas e sesións prácticas de traballo nas que se asomaron á última fronteira da Física subatómica máis punteira, explorando os límites do modelo estándar, traballando con ferramentas reais de detectores de partículas en uso e poñendo en común os resultados mediante videoconferencia co CERN.

A galería de imaxes e vídeos da conta da intensidade do día e testemuña o merecido recoñecemento que recibiron en forma de diploma pola súa participación. Parabéns!

 

Foto01Foto02Foto03Foto04
Foto05Foto08Foto09Foto11

 

Club de Ciencia: Visita Aula Newton

O alumnado de 3º ESO do Club de Ciencia visitou o venres pasado a Aula Newton ubicada no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas. As "Aulas Newton" son unha prestixiosa iniciativa de espazos de aprendizaxe presentes en dez paises europeos e auspiciados por unha organización noruega sen ánimo de lucro, e concretamente a visitada polo alumnado do IES Plurilingüe Elviña é a primeira e única actualmente dispoñible en toda España.

Acompañados por docentes dos departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas, e coa colaboración da auxiliar de idiomas do centro, o alumnado seguiu o programa da actividade "Volamos con números: una aventura aérea". Cun deseño da xornada fermosamente interdisciplinar tiveron que aplicar os seus coñecementos de idiomas, Física, Matemáticas, Tecnoloxía, Xeografía e TIC entre outros. Como colofón puxeron a proba as súas destrezas prácticas no simulador de voo da robusta Cessna 172 en tarefas de socorrismo aéreo no entorno de Bodø (Noruega). E abofé que a moitos deles non se lles daba nada mal para ser o seu primeiro intento!

O remate da fructífera xornada foi o desenvolvemento dun obradoiro de ensamblaxe de drons controlados mediante app móbil. E como non, inevitablemente con estes 3º ESO xa feitos uns intrépidos do aire, a proba dos devanditos drons nun esixente circuito de obstáculos interiores! Sobre o resultado neste caso... digamos simplemente que pagou o seguro.

No albúm a continuación (clickar na foto para acceder) quedan as imaxes que testemuñan o impacto pedagóxico e motivador, e a grata lembraza que todos os participantes trouxemos do evento. A nosa gratitude aos docentes Newton anfitrións da xornada e a todo o persoal de Tecnópole pola súa amabilidade.

Álbum: Club de Ciencia -> Aula Newton 2021/22

Club de Ciencias: ensamblaxe de PCs no Espazo Maker

A pasada semana estreouse o Club de Ciencia do IES Plurilingüe Elviña coa súa primeira actividade neste curso. Seis entusiastas estudantes de 1º de Bacharelato foron os primeiros inscritos no Club, nunha actividade supervisada por docentes do Departamento de Física e Química e do Departamento de Matemáticas, consistente na ensamblaxe e proba no Espazo Maker dun PC a partir dos seus máis sinxelos compoñentes hardware. Non foi doado pero abofé que as fachendosas facianas despois de comprobrar o exitoso funcionamento falan por si mesmas!

Foi unha tarefa de máis aproveitamento que o meramente informático, xa que a práctica de montaxe modular de dispositivos electrónicos pode ser reaproveitada en moitos outros ámbitos de coñecemento. Polo que parece según conclúen os participantes resultou ben ameno ademáis de instructivo. Grazas a todos, que xa quedaron emplazados para novas actividades nas que seguramente sexan eles os que dinamicen a participanción de compañeiros de cursos inferiores.

1ClubCiencia_00.jpg1ClubCiencia_02.jpg1ClubCiencia_08.jpg
1ClubCiencia_09.jpg 1ClubCiencia_06.jpg1ClubCiencia_17.jpg

 

Clickando na imaxe a continuación accedese ao album de instantáneas da sesión e a posta en común anterior e posterior en sendos momentos dos recreos matinais:

Álbum: Club de Ciencia -> EnsamblaxePCs 2021/22

Imprimindo en 3D

No espazo Maker queremos que o protagonismo creativo sexa dos estudantes, que eles deseñen, constrúan e dean forma ás súas ideas. Seguindo este espírito, dous alumnos de 4º da ESO A, Iago e Martín, compartiron os seus coñecementos sobre deseño e impresión en 3D con compañeiras de 1º da ESO. A experiencia foi enriquecedora polas dúas bandas, os profesores fixeron un traballo excepcional explicando e resolvendo as dúbidas que xurdían, e o alumnado gozou coa actividade á vez que aprendía os principios básicos do deseño en 3D e o funcionamento da impresora. Claro que todo isto non estaría completo se non levaran á práctica o aprendido, así que dito e feito, puxéronse mans á obra e deseñaron uns chaveiros co nome de cada un e os imprimiron. Poden estar orgullosos dun traballo ben feito, parabéns.

Obradoiro de papiroflexia

Como se sabe a papiroflexia é unha arte que consiste no encartado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas, moitas das cales poderían considerarse como auténticas esculturas de papel. Os rapaces aproveitaron a habilidade do profesor de bioloxía Luís Rodríguez nesta disciplina e asistiron a un obradoiro no que fixeron un carro de bueis ou cabalos dobrando e desdobrando un anaco de papel. Tanto lles gustou a actividade que fixeron unha caravana de carros como si estivesen no lonxano oeste e pediron repetir a experiencia. Tomamos nota.

Distribuir contido


by Dr. Radut