Skip to Content

AVISO: PECHE DA SECRETARÍA

AVISO

A secretaría do IES Elviña estará pechada o venres día 26 de xullo e o mércores día 31.

Asimesmo, o mes de agosto a secretaría estará pechada por vacacións de todo o persoal administrativo.

As solicitudes de certificacións poderán facerse todo o mes a través da sección de CERTIFICACIÓNS desta mesma páxina. As solicitudes realizadas en agosto serán atendidas a partir do 1 de setembro.

Lembren que as certificacións de matrícula do alumnado poden descargalas directamente a través da aplicación ABALAR.

PUBLICACIÓN DE ASIGNACIÓNS DE FP BÁSICA

 

ADMISIÓN DE FPBÁSICA

Resolución definitiva do proceso de proposta de alumnado

    Hoxe foron publicadas as listaxes definitivas de alumnado asignado na FP de grao básico no portal de FP da Consellería de educación

As listaxes de asignacións SÓ PODEN SER CONSULTADAS A TRAVÉS DO APLICATIVO DE FP DA XUNTA UTILIZANDO O DOI (DNI/NIE) E O CÓDIGO DA SOLICITUDE QUE SE ENTREGOU COA DOCUMENTACIÓN DE PREMATRÍCULA.

Enlace coa aplicación de FP para a consulta das listas
(facer clic no enlace "Acceso ao asistente informático")
 

O alumnado con praza asignada deberá acudir ao centro de FP no que se lle destina para formalizar a matrícula no prazo máis breve posible*. Aqueles que aínda non recolleron a súa documentación de FP na secretaría do IES Elviña debe pasar a facelo á maior brevidade en horario estival de secretaría (10:00 a 13:00 horas).

FONDO LIBROS 24-25: LISTAS PROVISIONAIS

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DO
FONDOLIBROS 2024-25

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O venres día 12 de xullo a partir das 10:00 horas publicáronse as listaxes de asignacións provisionais do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2024-25. Lembren que:

A. as listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña a partir das 10:00 horas ou a través da sección de cidadáns da aplicación informática do fondolibros se dispoñen de certificación electrónica ou chave 365.

B. nas listaxes provisionais NON SE FAI ASIGNACIÓN DE LIBROS, só se informa da cantidade de libros que se lle asigna a cada solicitante segundo as existencias do fondo. A asignación de libros faise nas listaxes definitivas do día 26 de xullo. NAS LISTAXES PROVISIONAIS PODEN ASIGNARSE MÁIS LIBROS DOS QUE DEFINITIVAMENTE SE ASIGNEN.

C. as persoas solicitantes que aparecen excluídas do Fondolibros poden estalo por distintas causas:

a) problemas cos datos fiscais: as bases de datos de facenda non reflicten datos fiscais dalgún membro da unidade familiar (deben aportar a documentación necesaria na secretaría do centro)

b) problemas coa documentación: deixaron sen entregar documentación necesaria

c) devolución de libros incompleta: teñen os libros da convocatoria 24-25 sen devolver

d) matriculación pendente: os interesados non fixeron a matrícula (téñase en conta que as persoas que formalizasen a matrícula o mesmo día 11 de xullo aparecen rexeitados porque a aplicación tarda un día en volcar os datos de matrícula. Sairán aceptados nas listaxes definitivas).

e) outras causas de exclusión: deberá aportarse documentación necesaria, de ser o caso.


Subsanación de carencias ou erros

   Os solicitantes poderán subsanar as carencias de documentación ao longo desta semana, pero non se actualizarán os seus datos ata a publicación das listaxes definitivas. Estas subsanacións poden afectar ao reparto provisional de libros do resto de solicitantes.

Vales de material

    Os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do 1 de setembro no horario de atención de secretaría (de 09:00 a 13:30 horas de luns a venres laborables).

 

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

Libros de texto e material escolar

(Curso 2024/25)

Relación de libros de texto para o curso 24-25 proporcionada
polas Xefaturas dos departamentos didácticos do centro

Corrixida unha errata no libro de 2º BACH. de Lingua galega (ISBN: 978-84-8349-831-6)

Corrixida unha errata no libro de 4º ESO. de Relixión (ISBN: 978-84-985-6504-1)

ESOBACHARELATO
1º ESO1º BACHARELATO
2º ESO2º BACHARELATO
3º ESO 
4º ESO
 

 

LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR NECESARIO PARA DETERMINADAS MATERIAS

Material necesrio para Educación Plástica, visual e audiovisual de 1º ESO


*   *   *

NOTA MOI IMPORTANTE: LEAN AS ANOTACIÓNS QUE FIGURAN NAS RELACIÓNS DE LIBROS. Recoméndase agardar a setembro para adquirir os libros de texto. Aínda que nas listaxes de libros búscase a maior exactitude, pode haber docentes que se incorporen en setembro que prefiran non utilizar os libros e proporcionar materiais propios a través da Aula Virtual, en pdf ou en dossier de fotocopia.

 

 

ADMISION FP BÁSICA 2024-2025

PUBLICADO O PROCEDEMENTO PARA ADMISIÓN DE ALUMNADO EN FPB PARA O CURSO 2024-2025

    Como cada ano, iníciase a fin de curso o proceso de admisión en ciclos de FP Básica. O procedemento, para o alumnado en cursos de ESO, terá dúas modalidades:

MODALIDADE A. A proposta do propio centro de ensino. O alumnado matriculado en 2º ESO que teña 15 anos (ou os cumpla en 2024) deberá ser proposto polo centro. As familias terán que dar o seu consentimento para a proposta final antes de presentar a solicitude de admisión en secretaría.

MODALIDADE B. A proposta do/a propio/a alumno/a. O alumnado matriculado en 3º ou 4º ESO que teña cumpridos 16 anos (ou os cumpra dentro do ano 2023), poderá facer a solicitude na secretaría por conta propia dentro do período oficial de admisión, do 24 de xuño ao 4 de xullo.

PRAZOS DO PROCEDEMENTO

Prazos FPB 24-25        (Fonte: instrucións)

 

Documentación necesaria para presentar a solicitude:

Copia do DNI/NIE
Anexo I. Formulario de solicitude asinado polo/a alumno/a e polos proxenitores/titores legais
Anexo II. Consello orientador do centro de ensino (se recibe cos boletíns de cualificacións)
Anexo III. Consentimento das familias [só alumnado de 2º ESO a proposta do centro]
Anexo IV. Comunicación de incorporación á FPB
[só alumnado de 2º ESO a proposta do centro]

Distribuir contido


by Dr. Radut