Asistente informático

O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión da oferta ordinaria (só 1º curso), oferta modular, FP dual intensiva e cursos de especialización.

En FP básica a solicitude será realizada no centro, de orixe ou de destino segundo corresponda. O seguimento poderá realizarse na aplicación.

Accións que se realizarán en Ciclosadmisión:

Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil. Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.

  Oferta ordinario Oferta modular Cursos de especialización Dual intensiva FP básica
Presentación de solicitudes 24 de xuño ás 9:00 ao 4 de xullo ás 13:00 horas
Resolución provisional de solicitudes

10 de xullo

 

8 de xullo

8 de xullo

Reclamación contra a resolución provisional

10 de xullo ás 9:00 ao 12 de xullo ás 13:00 horas

8 de xullo ás 9:00 ao 10 de xullo ás 13:00 horas

8 de xullo ás 9:00 ao 11 de xullo ás 13:00 horas

Resolución definitiva de solicitudes 17 de xullo

12 de xullo

23 de xullo
1ª Adxudicación de prazas e matriculación das persoas admitidas

17 de xullo ás 9:00 ao 22 de xullo ás 13:00 horas

16 de xullo ás 9:00 ao 24 de xullo ás 13:00 horas

Desde o 23 de xullo
2ª Adxudicación de prazas 24 de xullo Adxudicación continuada

Matrícula liberada

Chamamento centralizado
Matriculación das persoas admitidas 24 de xullo ás 9:00 ao 31 de xullo ás 13:00 horas      
3ª Adxudicación de prazas 2 de setembro      
Matriculación das persoas admitidas 2 setembro ás 9:00 ao 5 setembro ás 13:00 horas      

 

1º Paso. Solicitude

Prazo de presentación: do 24 de xuño ás 9 horas ata o 4 de xullo ás 13 horas.

Realizar a solicitude no asistente informático só cando se teñan os requisitos, de titulación ou proba de acceso. Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou terá que ser entregada, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.

2º paso: Consultar a resolución provisional de solicitudes.

3º paso: Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional.

No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación. Este servizo só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos.

4º paso: Consultar a resolución definitiva de solicitudes.

5º paso: Consultar a adxudicación de prazas.

No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria ou en cursos de especialización.

Tema: