Skip to Content

Matemáticas

OBRADOIROS DE ENXEÑERÍA EN 3º E 4º ESO

A FACULTADE DE ENXEÑERÍA DA UDC NO IES ELVIÑA

     Alumnado do mestrado da Facultade de Enxeñería de Camiños da Universidade da Coruña pasou no mes de maio polo noso centro para impartir unha serie de interesantísimos obradoiros técnicos aos rapaces e rapazas de académicas de 3º e 4º de ESO do noso centro por iniciativa do Departamento de matemáticas

1279


     Ademais dos aspectos teóricos da enxeñería, os monitores trouxeron varios experimentos destinados a explicar ao alumnado as aplicacións prácticas dos coñecementos matemáticos e científicos que traballan diariamente no currículo das materias de matemáticas e física.


123
457

Exitosa iniciativa do Departamento de mates!
Ogallá se repita! 

adorno

A AULA MÓBIL DE REPSOL NO IES ELVIÑA E NO CEIP ALBORADA

Os pasados 29 e 30 de abril o autobús científico da Fundación Repsol estivo no noso aparcadoiro á disposición do alumnado do CEIP Alborada e do IES Elviña. A Aula Móbil REPSOL está dotada de interesantes actividades interactivas de carácter científico. O alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO pasou unha hora investigando coa axuda dos monitores da Fundación. Unhas cantas fotiños para rememorar esta actividade:

010203
040506

XXIV DÍA DA CIENCIA NA RÚA

ELVIÑA NA RÚA, DIGO... A CIENCIA NA RÚA

000 Como xa é costume inveterado (e moi saudable), o noso centro participou o pasado sábado día 4 de maio na XXIV edición do Día da ciencia na rúa que organiza a Asociación de amigos de la Casa de las Ciencias no Parque de Santa Margarita da Coruña. En espazo privilexiado dentro da explanada central do parque, o noso centro montou a súa "jaima" chea de sedutores reclamos científico-matemáticos. O alumnado colaborador estivo a traballar todo o ano para preparar as actividades e explicalas con todo luxo de detalles aos concurrentes. Alí se viron cousas de nomes fascinantes e exóticos coma as razóns matemáticas das curvas (que ninguén pense mal, son as elipses e paraboloides dos billares...), adiviñas topolóxicas, maxia matemática (moito máis coñecida entre o vulgo como "prestidixitación mental a través de código binario") e outras moitas actividades semellantes.

010405
252224
081009

     O profesorado de matemáticas e ciencias do IES Elviña implicouse na festa (mención especial para Edita, profesional entregada á causa e responsable principalísima da alta calidade do traballo deste ano) e, como sempre, os alumnos e as alumnas participantes responderon coma profesionais. Dígano todos os visitantes que se achegaron pola "jaima", incluído R2D2, e que saíron algo máis que satisfeitos da experiencia (porque saíron máis sabios do que entraron!). Grazas tamén a todas as familias, profesorado e alumnado que aproveitaron o bo tempo para achegarse ao parque en apoio do centro.

Ana e Heloísa cocacoleando pola cidade

      Mención moi especial para as dúas alumnas de 1º de Bacharelato (Ana Caramés e Heloísa Souza) que participaron no concurso Cocaleando, facendo unha xincana científica por toda a cidade. Coma os resultados do concurso non se fixeron públicos aínda, contamos con posibilidades de que gañen premio. Ben merecido o terán pola súa entrega e compromiso con todas as actividades do centro. 

015017

 

O ALBUM DE FOTOS DO EVENTO

Álbum: Actividades -> XXIV Día da ciencia na rúa

DÍA DA CIENCIA NA RÚA, 2018 (e II)

     O sábado día 5 de maio, tal e como xa comentábamos en post anterior, celebrouse na nosa cidade a Xornada da Ciencia na rúa organizada pola Casa das Ciencias no Parque de Santa Margarita. O alumnado e profesorado do IES Plurilingüe Elviña participou no evento. Engadimos agora a galería fotográfica. Aí están os nosos alumnos e alumnas de 1º divertíndose no parque. O próximo ano, máis.

ciencia-1IES PLURILINGÜE ELVIÑACiencia-2
 Ciencia-3logoCiencia-4 
IMAG-25 Ciencia-5 IMAG-26
 Ciencia-6DÍACiencia-7 
Ciencia-8DA CIENCIA NA RÚA (2018)Ciencia-9
Distribuir contido


by Dr. Radut