CRITERIOS PARA OBTER O GRADUADO EN ESO
Os criterios xerais para a obtención do título de graduado en ESO establécense no Artigo 12 da Resolución do 11 de maio de 2018. Neste artigo establécese o seguinte:
1. O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria teña avaliación positiva en todas as materias e teña acadados os obxectivos e adquiridas as competencias correspondentes obterá o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
2. Así mesmo, obterá o título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua castelá e Literatura e Matemáticas e que o equipo docente considere que o alumno ou alumna ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.
Así, pois, no punto 2 establécese que o alumnado que obteña o título nas circunstancias que se reflicten (con dúas materias suspensas) deberá ter superadas as competencias correspondentes. A fin de que a calificación das competencias resposte a criterios obxectivos, a CCP do IES Elviña, en sesión do día 25/09/2018 acordou o seguinte:
a. calcularase o grao de consecución de cada unha das 7 competencias clave facendo unha media ponderada das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias. Considerarase adquirida toda competencia cuxa media quede cualificada cun 5 ou nota superior.
b. só haberá dous posibles pesos de ponderación. Se se considera que unha materia contribúe moi destacadamente a unha competencia determinada, ponderará cun x10 (é dicir, a calificación obtida nesa materia multiplicada por 10), en todos os demais casos cun peso de x1 (sendo ese o mínimo co que polo menos contribúe cada materia a todas as competencias). A cualificación numérica da competencia será a media aritmética entre todas as notas. [Véxase o cadro de ponderación por materias de 4º ESO]
c. eses pesos poderán variar ano a ano e serán considerados na CCP de inicio de curso, xa que o xeito de impartir cada materia e a revisión da programación anual dos departamentos poderían variar as ponderacións coas que cada materia contribúe á calificación.
d. considérase que cada materia contribúe de xeito destacado a 4 das 7 competencias. Para que o cálculo sexa representativo, contribúen a cada competencia polo menos 5 materias.
e. as materias pendentes de cursos anteriores contarán tamén no cálculo da media ponderada. A ponderación destas materias será común para todas as materias pendentes adscritas a un determinado departamento. [Véxase o cadro de ponderación de materias pendentes]
Os cadros de ponderación pactados polos departamentos son os seguintes:
Cadro de ponderación por materia (4º ESO)
Cadro de ponderación de materias pendentes
Normativa legal