Skip to Content

CRITERIOS DE TITULACIÓN EN ESO

CRITERIOS PARA OBTER O GRADUADO EN ESO

     Os criterios xerais para a obtención do título de graduado en ESO establécense no Artigo 12 da Resolución do 11 de maio de 2018. Neste artigo establécese o seguinte:

1. O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria teña avaliación positiva en todas as materias  e teña acadados os obxectivos e adquiridas as competencias correspondentes obterá o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

2. Así mesmo, obterá o título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua castelá e Literatura e Matemáticas e que o equipo docente considere que o alumno ou alumna ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.

     Así, pois, no punto 2 establécese que o alumnado que obteña o título nas circunstancias que se reflicten (con dúas materias suspensas) deberá ter superadas as competencias correspondentes. A fin de que a calificación das competencias resposte a criterios obxectivos, a CCP do IES Elviña, en sesión do día 25/09/2018 acordou o seguinte:

a. calcularase o grao de consecución de cada unha das 7 competencias clave facendo unha media ponderada das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias. Considerarase adquirida toda competencia cuxa media quede cualificada cun 5 ou nota superior.

b. só haberá dous posibles pesos de ponderación. Se se considera que unha materia contribúe moi destacadamente a unha competencia determinada, ponderará cun x10 (é dicir, a calificación obtida nesa materia multiplicada por 10), en todos os demais casos cun peso de x1 (sendo ese o mínimo co que polo menos contribúe cada materia a todas as competencias). A cualificación numérica da competencia será a media aritmética entre todas as notas. [Véxase o cadro de ponderación por materias de 4º ESO]

c. eses pesos poderán variar ano a ano e serán considerados na CCP de inicio de curso, xa que o xeito de impartir cada materia e a revisión da programación anual dos departamentos poderían variar as ponderacións coas que cada materia contribúe á calificación.

d. considérase que cada materia contribúe de xeito destacado a 4 das 7 competencias. Para que o cálculo sexa representativo, contribúen a cada competencia polo menos 5 materias.

e. as materias pendentes de cursos anteriores contarán tamén no cálculo da media ponderada. A ponderación destas materias será común para todas as materias pendentes adscritas a un determinado departamento. [Véxase o cadro de ponderación de materias pendentes]

Os cadros de ponderación pactados polos departamentos son os seguintes:

Cadro de ponderación por materia (4º ESO)

Cadro de ponderación de materias pendentes

Normativa legal

a. Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urgentes para la ampliación del calendario de implantación de la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa [BOE 10/12/2016]

b. Real Decreto 562/2017, de 2 de junio, por el que se regulan las condiciones para la obtención de los títulos de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria y de Bachiller, de acuerdo con lo dispuesto en el Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urgentes para la ampliación del calendario de implantación de la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa [BOE 3/06/2017]

c. Resolución do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2018/19, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, de educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia [DOG do 22705/2018]



page | by Dr. Radut