Skip to Content

INTERNACIONALIZACIÓN ERASMUS+

PROGRAMA PIALE: MARÍA SANCOSMED EN OTTAWA (CANADÁ)

ESTANCIA EN CANADÁ DENTRO DO
PROGRAMA PIALE

06    A nosa compañeira María Sancosmed, ben coñecida docente do Departamento de matemáticas, realizou unha estancia formativa en Ottawa (Canadá) do 9 de novembro ao 6 de decembro pasados. A finalidade da súa estanza neste fermoso país norteamericano foi a de mellorar a súa competencia lingüística e comunicativa en inglés dentro do Programa integral de aprendizaxe de linguas extranxeiras (PIALE) convocado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.

    Durante as catro semanas que durou a súa estanza en terras canadianas, María conviviu cunha familia en Ottawa e integrouse na vida escolar da Ridgemont High School pertencente ao Distrito escolar de Ottawa-Carleton. Ademais de colaborar co Departamento de matemáticas deste centro, tivo a ocasión de asistir a clases doutras materias, o que lle permitiu coñecer o sistema educativo de Canadá e tamén novas actividades e metodoloxías para aplicar nas súas clases.

010203
04 05

MOBILIDADE ERASMUS + (ROMA)

CURSIÑO EN ROMA
(ITALIA)

     Continúan as mobilidades dos nosos docentes dentro do programa Derrubando muros, que forma parte das Accións Clave de Erasmus+. Nesta ocasión trátase de Mercedes Pampín Barral, da especialidade de lingua castelá, que asistiu en Roma, do 28 de novembro ao 2 de decembro, ao curso Interactive ICT-based, digital and web tools for an effective blended, flipped and cooperative learning. Alí tivo a posibilidade de achegarse a numerosas ferramentas, softwares e programas dixitais, básicos no ensino e na aprendizaxe do século XXI.

     Nestas fotografías podemos vela durante as sesións de formación co resto dos seus compañeiros, procedentes de Noruega, Croacia, Eslovenia, Francia, Grecia, Chipre e Polonia. Foi o momento tamén de intercambiar experiencias e opinións sobre os sistemas educativos de cada un destes países.

01a01aa01aaa

NOVA MOBILIDADE PROXECTO ERASMUS+

CURSIÑO EN LIMASSOL
(CHIPRE)

010203

       O pasado 25 de novembro retornou da súa formación na cidade chipriota de Limassol o docente do IES Plurilingüe Elviña Martíño Freire Pazos, do departamento de física e química.

     Esta foi a segunda mobilidade organizada polo centro este curso dentro do programa Derrubando muros ca finalidade de que o noso docente levara a cabo un curso sobre a educación fóra da aula e as aplicacións educativas das saídas didácticas (EDUCATION OUTSIDE THE CLASSROOM– Learning from sites, museums, monuments & nature, a cargo da organización EDU Culture).

      Nesta formación o noso compañeiro xunto cos seus compañeiros de distintos países da UE (Lituania, República Checa, Romanía...) levou a cabo unha formación activa sobre a temática comentada, así coma distintas saídas didácticas a distintas entornas naturais, arqueolóxicas e culturais onde puido ir poñendo en práctica os coñecementos e habilidades que foi adquirindo durante a propia formación.

MOBILIDADE DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+: PADUA (ITALIA)

DOCENTES DO IES PLURILINGÜE ELVIÑA NO PROGRAMA DE INTERNACIONALIZACIÓN (I)

01

     Dentro do programa Derrubando muros a docente do IES Plurilingüe Elviña Lucía Rouco Penabad, da especialidade de lingua inglesa, fixo unha primeira mobilidade destinada a participar nun cursiño organizado sobre innovación educativa (ICT APPS for Education and Learning, organizado pola asociación Enjoy Italy) entre o 10 e o 14 de outubro na cidade italiana de Padova. No cursiño, a nosa compañeira participou activamente desenvolvendo aprendizaxes sobre novas perspectivas desde as que encarar a actividade docente. Disque desfrutou da experiencia.

     Velaquí unhas cantas fotografías que reflicten a súa participación nesta mobilidade dentro do programa de internacionalización do noso centro.

0203
0506

EXPERIENCIA "JOB SHADOWING" NO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

ITALIA no IES Plurilingüe Elviña
(Job-Shadowing
de cuatro docentes italianas)

    Dentro do proceso de internacionalización no que o IES Plurilingüe Elviña leva traballando tres cursos, a pasada semana estableceuse un convenio de colaboración co *Instituto de Formación Europeo IFE María Pita para a realización dun programa de Job Shadowing financiado pola UE dentro dun programa “Erasmus+ Acción Clave 1: Movilidad de las personas por motivo de aprendizaje".

     As experiencias Job Shadowing consisten na recepción de docentes doutros países da Unión durante un determinado período de tempo coa finalidade de coñecer e compartir a experienza educativa ou a perspectiva didáctica dos distintos países.

J-S-2

    Nesta ocasión, recibimos a visita de catro colegas procedentes de distintos centros de ensino italianos, todos eles da fermosa e venerable vila de Florencia (Firenze): l'Istituto di Istruzione Superiore “Giuseppe Peano”, l'IISS Calamandrei di Sesto Fiorentino e il Liceo "Agnoletti" di Sesto Fiorentino.

     Durante catro xornadas lectivas, tivemos, pois, a visita de catro docentes italianas que nos fixeron compaña nas distintas aulas da clase, informándose do noso xeito de traballar e compartindo connosco as súas impresións sobre as metodoloxías didácticas de Italia e España.

     As catro compartiron o espazo educativo do noso centro durante os días 5, 6 e 10 de outubro, entrando nas aulas cos rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato, asistindo a clases de diferentes áreas e participando activamente nalgunha delas (houbo alumnos que aproveitaron para facerlles unha entrevista en inglés ou para pedirlles algunha receita de pratos típicos da gastronomía itálica para o xornal escolar, famentos por aprender a receita auténtica da carbonara ou dos spaghetti cacio e pepe).

     Finalmente, o pasado martes 11 de outubro abandoaron o noso centro Annarita Casalino (Lingua Española), Monica Miglio (Lingua inglesa e Turismo), Serena Mazzotta (Filosofía e Historia) e Mara Mengoni (Lingua inglesa). Leváronse -iso esperamos- ademais da impresión académica esixida polo seu labor educativo, a hospitalidade e o afecto dos docentes e do alumnado do noso centro.

Ciao, amiche!

*      *     *

* El Instituto de Formación Europeo María Pita ha actuado como organización intermediaria entre las escuelas participantes y forma parte del proyecto citado previamente, reconocido y aprobado por la respectiva Agencia Nacional del programa Erasmus+.

Agradecemos a Almudena Fernández Martínez, su directora, que haya contado con nosotros, una vez más, para esta experiencia de colaboración internacional. El objeto de este convenio de colaboración ha sido la adquisición por parte de las docentes italianas de aquellas competencias profesionales necesarias para el continuo desarrollo de su profesión, a través de la observación y el intercambio de información con nuestro profesorado del mismo ámbito y sector educativo.

Distribuir contido


by Dr. Radut