Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA FPB

PUBLICADO O PROCEDEMENTO PARA ADMISIÓN DE ALUMNADO EN FPB PARA O CURSO 2023-2024

    Como cada ano, iníciase a fin de curso o proceso de admisión en ciclos de FP Básica. O procedemento, para o alumnado menor de 17 anos, realízase a proposta do propio centro de ensino. O alumnado matriculado en ESO que teña esta idade cumprida ou a cumpra dentro do ano 2023, deberá facer a solicitude na secretaría dun centro con oferta de FPB da súa elección.

Os prazos do procedemento, unha vez que o alumnado sexa proposto desde o centro, serán os seguintes:

Admisión FPB

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO 22-23

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO
EMPRESTADOS NESTE CURSO 22-23

    Segundo a normativa en vigor, todo o alumnado que recibise libros de texto do Fondo solidario 22-23 deberá telos devoltos con data límite de 21 de xuño de 2023.
   Co fin de cumplir este prazo, desde a secretaría do centro adicaranse dous días para efectuar a devolución seguindo o calendario e o procedemento aquí publicado.

CALENDARIO DE DEVOLUCIÓN
DOS LIBROS DE TEXTO

A. Alumnado de 2º e 4º ESO

   Con excepción do alumnado que sexa avisado previamente para a devolución de libros concretos, NON SE RECOLLERÁN OS LIBROS DE 2º e 4º ESO por non ser necesarios para o fondo do vindeiro ano. Aínda así, as familias que desexen devolvelos virán entregalos á secretaría do centro entre o 19 e o 21 de xuño. NON SE RECOLLERÁ NINGÚN LIBRO DESTES NIVEIS NIN ANTES NIN DESPOIS DESTAS DATAS.

 

B. ALUMNADO DE 1º e 3º ESO

B.1. LUNS DÍA 19 DE XUÑO: devolución dos libros de 1º ESO. O alumnado será chamado por grupos á biblioteca para efectuar á devolución por este orde:

NIVEL E GRUPOHORA DE RECOLLIDA
1º ESO A09:45
1º ESO B10:10
1º ESO C10:30
1º ESO D12:00
1º ESO E
12:30

 

B.2. MARTES DÍA 20 DE XUÑO: devolución dos libros de 3º ESO. O alumnado será chamado por grupos á biblioteca para efectuar a devolución por esta orde:

 

NIVEL E GRUPOHORA DE RECOLLIDA
3º ESO A08:40
3º ESO B09:10
3º ESO C09:40
3º ESO D
10:10



GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO (PROMOCIÓN 21-23) (E 4)

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO

IV. PECHE DO ACTO

Orlapequeña

O pasado venres día 19 de maio organizouse o acto de graduación do alumnado de 2º Bacharelato do noso centro. Velaí as fotografías do evento, onde alumnado, familias e equipo docente compartiron a ledicia do evento no Paraninfo da UDC.

Álbum: GRADUACIÓN2022-23 -> Graduación (peche)

GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO (PROMOCIÓN 21-23) (3)

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO

III. ENTREGA DE DIPLOMAS

O pasado venres día 19 de maio organizouse o acto de graduación do alumnado de 2º Bacharelato do noso centro. Velaí as fotografías do evento, onde alumnado, familias e equipo docente compartiron a ledicia do evento no Paraninfo da UDC.

Álbum: GRADUACIÓN2022-23 -> Graduación (recollida de diplomas)

GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO (PROMOCIÓN 21-23) (2)

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO

II. ACTO DE PRESENTACIÓN

O pasado venres día 19 de maio organizouse o acto de graduación do alumnado de 2º Bacharelato do noso centro. Velaí as fotografías do evento, onde alumnado, familias e equipo docente compartiron a ledicia do evento no Paraninfo da UDC.

Álbum: GRADUACIÓN2022-23 -> Graduación (presentación)
Distribuir contido


by Dr. Radut