Skip to Content

CURSO 2023-24. INICIO DE CURSO (2)

LISTAXES DE ALUMNADO CON DEREITO A TRANSPORTE

A partir das 09:00 horas de mañá martes día 5 de setembro poderán consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría as listaxes de alumnado que ten asignado parada e autobús no servizo de transporte para o curso 2023-24. Os posibles erros ou omisións, deberán ser comunicados na mesma secretaría do centro antes do venres 8 para a súa subsanación antes do primeiro día de curso. Lembren que o alumnado que non figure na listaxe non pode facer uso do servizo de transporte ata que se rexistra axeitadamente.

Nas datas vindeiras publicaremos a relación de liñas, paradas e horarios aproximados para os primeiros días.

 

CURSO 2023-24. INICIO DE CURSO (1)

CURSO 2023-24

Comezo das clases no IES Plurilingüe Elviña

     Como xa saberán, o inicio do curso, dacordo co calendario escolar oficial (Orde do 3 de maio de 2023), será o vindeiro luns 11 de setembro. Ese día haberá clase normal con entrada ás 08:40 e saída ás 14:10.

    Ao longo desta semana iremos publicando nesta páxina web as informacións precisas para a organización do primeiro día de clase: paradas do transporte, horario e liñas dos autobuses, información sobre aulas e grupos, organización da entrada e da saída do alumnado, etc.

      Todas estas informacións serán comunicadas unicamente a través desta páxina e a través das comunicacións que o centro envíe por medio do servizo Abalar, segundo vaian definíndose e confirmándose. 

    Pregamos estean atentos ás publicacións se desexan estar informados.

Moitas grazas e feliz curso 2023-24!

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDOLIBROS

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DO
FONDOLIBROS 2023-24

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 26 de xullo a partir das 16:00 horas publicamos as listaxes de asignacións definitivas do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2023-24. As listaxes poderán ser consultadas na aplicación de Fondolibros se os solicitantes dispoñen de certificación dixital ou chave 365. As listaxes poderán ser consultadas tamén no taboleiro da secretaría do IES Elviña a partir do día 27 en horario de atención ao público (de 10:00 a 13:00 horas).

Vales de material

    Os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do venres día 14 de xullo no horario de atención de verán (de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables). A secretaría pechará os días 24 e 31 de xullo e todo o mes de agosto.

 

 

FONDOLIBROS 2023-2024

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DO
FONDOLIBROS 2023-24

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 12 de xullo a partir das 18:00 horas publicáronse as listaxes de asignacións provisionais do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2022-23. Lembren que:

A. as listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña a partir das 10:00 horas do día 13 ou a través da sección de cidadáns da aplicación informática do fondolibros se dispoñen de certificación electrónica ou chave 365.

B. nas listaxes provisionais NON SE FAI ASIGNACIÓN DE LIBROS, só se informa da cantidade mínima de libros que lle corresponden a cada solicitante por renda. A asignación de libros faise nas listaxes definitivas do día 26 de xullo.

C. as persoas solicitantes que aparecen excluídas do Fondolibros poden estalo por distintas causas:

a) problemas cos datos fiscais: as bases de datos de facenda non reflicten datos fiscais dalgún membro da unidade familiar (deben aportar a documentación necesaria na secretaría do centro)

b) problemas coa documentación: deixaron sen entregar documentación necesaria

c) devolución de libros incompleta: teñen os libros da convocatoria 22-23 sen devolver

d) matriculación pendente: os interesados non fixeron a matrícula (téñase en conta que as persoas que formalizasen a matrícula o mesmo día 11 de xullo aparecen rexeitados porque a aplicación tarda un día en volcar os datos de matrícula. Sairán aceptados nas listaxes definitivas).

e) outras causas de exclusión: deberá aportarse documentación necesaria, de ser o caso.


Subsanación de carencias ou erros

   Os solicitantes poderán subsanar as carencias de documentación ao longo desta semana, pero non se actualizarán os seus datos ata a publicación das listaxes definitivas. Estas subsanacións poden afectar ao reparto provisional de libros do resto de solicitantes.

Vales de material

    Os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do venres día 14 de xullo no horario de atención de verán (de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables). A secretaría pechará os días 24 e 31 de xullo e todo o mes de agosto.

 

ADMISIÓN FP BÁSICA 2023-24

 

ADMISIÓN DE FPBÁSICA

Resolución definitiva do proceso de proposta de alumnado

    Publicadas na aplicación as listaxes definitivas de alumnado asignado na FP de grao básico. O alumnado asignado deberá acudir ao centro de FP no que se lle destina para formalizar a matrícula*. As listaxes poderán ser consultadas tamén na secretaría do IES Elviña a partir do día 26 de xullo.

Enlace coas listaxes de asignación de ciclos de FPB

Listaxes de alumnado do IESP Elviña coa asignación

 

*O alumnado que aínda non recolleu a súa documentación de FP na secretaría do IES Elviña debe pasar a facelo á maior brevidade en horario estival de secretaría (10:00 a 13:00 horas)


Lexislación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022/23

Instrucións xerais para o curso 2023/2024 [Portal da FP]

 

 Prazos FPB

 

Distribuir contido


by Dr. Radut