Skip to Content

O IES ELVIÑA coa campioa de Europa!

Noraboa, Malena!

Malena e Teresa

Campioas

     A selección española de fútbol feminino sub-19 ven de se coroar campioa de Europa nunha fazaña longamente cantada pola prensa deportiva e non deportiva do país. Entre as gañadoras, que ben merecerían máis a miúdo aplauso e cabeceiras de xornais (pois o fútbol non é só cousa de homes, por máis que os meios de comunicación parezan de cotío supoñelo), atópase a nosa alumna de 1º de Bacharelato Malena Mieres. Pódese supoñer que a súa profe de Educación física estará a babexar da fachenda, como todos nesta grande familia do insti. Parabéns, Malena! O teu éxito e o das túas compañeiras é o éxito das mulleres deportistas españolas. Desde o IES Elviña, unha aperta para ti e para todo o equipo.
     E agora a desfrutar da victoria e do mes de agosto, que son "vacas" e vai calor!

A victoria e Malena na prensa

Portada VozA prensa nacional fíxose eco da victoria en numerosas reportaxes velaquí enlaces con algunhas: El País, El Mundo, Diario As, Marca, Mundo deportivo...

En La Voz de Galicia publícase nota de prensa sobre as futbolistas galegas da selección coa foto de Malena e Tere Abelleira do noso encabezado. Tamén entrevista con Tere Abelleira e foto das dúas compañeiras na edición do 1 de Agosto.

TRABALLOS DO ALUMNADO DE 1º DE ESO: A POESÍA E OS CENTÓNS

O alumnado de 1º de ESO estivo a traballar en Lingua galega o tema da lírica. Todos os rapaces contribuíron cun poema composto coa axuda dun modelo. Como podedes ver nas presentacións de Chanzos, o blog de lingua galega, todos se esmeraron o seu para seren poetas auténticos. Premendo nas imaxes poderedes ver os traballos das nosas Rosalías (e tamén dos Rosalíos, que habelos hailos).

Poemascentóns

25 de MAIO: DÍA DO DEPORTE

     O pasado venres día 25 de maio celebrouse no IES Elviña o día do deporte. O alumnado de 1º de Bacharelato preparou unha xincana para os demais grupos do centro. Despois, con muiñeira incluída, os diversos grupos do instituto participaron nas actividades deportivas preparadas polos sufridos profes de Educación física (Grazie a loro!).
     En fin, aí está o vídeo da xornada editado por Carlochos para toda a comunidade de Elviña.

FESTA DE GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO

Orla verdeOrla blanca

O pasado venres día 25 de maio o noso alumnado de 2º de Bacharelato celebrou (por fin!) a súa graduación. Despois de tanto esforzo ao longo do curso era xa o momento de poder disfrutar dunha xornada lúdica na que festexar os froitos do traballo. Nesta xornada houbo tempo para a lembranza, para os risos e as bromas e, por suposto, tamén para a reflexión seria sobre o futuro. No acto participou coma ponente invitado Fermín Álvarez Lata, Xefe de Inspección Educativa da provincia da Coruña, exdirector do noso centro, quen dirixou unhas amables palabras ao alumnado e aos invitados, lembrando a súa época coma director do IES Elviña. Titora, director, alumnado participaron na celebración cos seus discursos e co seu bo humor.
    Moi especial tamén, a presenza de Mercedes, María Xesús, Xesús e Manolo, membros da anterior directiva do IES, que non quixeron perderse o evento. Unha aperta para eles.
     O acto rematou coas actuacións musicais do alumnado (Grazas, Gemma!) e co viño español de rigor nestes casos. En resumo: unha fermosa xornada para despedir a unha xeneración marabillosa de rapaces e rapazas que sempre formarán parte do IES Elviña.

graduación-01graduación-03graduación-04graduación-06
graduación-05graduación-07graduación-0811
101314


Unha aperta para todos e que o voso futuro académico e laboral estea cheo de éxitos! O tedes merecido!

Distribuir contido


by Dr. Radut