Skip to Content

XIADA DIXITAL 2017/18

A revista Xiada dixital correspondente ao curso que remata pode xa ser consultada.
Parabens a todas as persoas que a fixeron posible!

Tede en conta que algúns enlaces da revista precisan que o complemento
de Adobe Flash estea activado no voso navegador

Xiada Dixital

DÍA DAS LETRAS GALEGAS (II). HOMENAXE DO IES ELVIÑA A MARÍA VICTORIA MORENO

letras galegas     Coma homenaxe a María Victoria Moreno, á que se adica o Día das Letras Galegas 2018, os nosos compañeiros de Lingua galega e do Departamento de Dinamización da Lingua galega fixeron no centro varias actividades conmemorativas e traballos co alumnado. 

O alumnado de varios cursos da ESO leu o libro Mar adiante e realizou unhas actividades de creación inspiradas nesa obra. As actividades dos rapaces foron expostas nos taboleiros de exposición do centro para seren contemplados por toda a comunidade. Poden verse aquí as fotografías da actividade e no enlace, os traballos dos rapaces.

010205
0304

Enlace cos traballos dos rapaces

Ademais, dentro das mesmas actividades de celebración do Día das Letras, filmouse este vídeo, traballo conxunto de alumnado, profesorado e persoal do centro, inspirado na obra da nosa autora extremeña. Parabéns a todos os que participaron na súa elaboración. Sirva como lembranza da autora na xornada institucional das nosas letras.

ENTREGA DE NOTAS E MATRÍCULA PARA AS PROBAS ABAU (2º BACHARELATO)

AVALIACIÓN E ENTREGA DE NOTAS

A avaliación será o martes a partir das 18:00 horas. O mércores ás 12:10 horas a titora Sonia Fernández Ordás fará entrega dos boletíns de notas. O profesorado de 2º estará atento ata as 14:10 para atender ás posibles dúbidas ou consultas do alumnado sobre as calificacións finais.

RECLAMACIÓNS

     O procedemento para reclamacións xa foi publicitado nas aulas e resposta ás directrices legais indicadas na Orde do 22 de abril de 2010 (que establece o procedemento para as reclamacións de 2º de Bacharelato) e a Circular nº 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (que desenvolve o procedemento para o presente curso académico 2017/18). As reclamacións terán os seguintes prazos e procedementos:

  • a. na secretaría do centro de ensino: con solicitude argumentada dirixida á dirección.
    Prazo: día 23 e 24 de maio ata as 14:00 horas.
    As reclamacións recibirán resposta razoada dos departamentos correspondentes antes do 24 de maio ás 14:10 horas.

  • b. ante a comisión de supervisión: con solicitude argumentada dirixida ao presidente da comisión de supervisión que se presentará na secretaría do centro de ensino.
    Prazo: antes das 18:00 horas do día 28 de maio.
    As reclamacións recibirán resposta por email da comisión de supervisión dirixida aos centros de ensino o día 4 de xuño.

MATRÍCULA PARA AS PROBAS ABAU

  • 24 ao 28 de maio: prematrícula no centro de ensino. Deben solicitarse os papeis da prematrícula na secretaría do instituto e pagar as taxas. Cos impresos de prematrícula entregaranse as instrucións da aplicación NERTA e o código de acceso á aplicación.
  • 30 e 31 de maio: matrícula ordinaria para o alumnado que aprobou 2º de Bach. O centro de ensino recopilará os datos do alumnado matriculado xerados a través de NERTA e os enviará aos LERD por mensaxería urxente.
  • 5 de xuño: matrícula extraordinaria para o alumnado que aprobe 2º de Bach. despois das reclamacións ante a comisión.

REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU

  • 12-13-14 de xuño: realización dos exames das probas ABAU.
  • 22 de xuño: publicación on line das calificacións provisionais das probas ABAU.
  • 23 ata as 14:00 horas do 26 de xuño: prazo de solicitude de revisións e segundas correccións das probas.
  • 28 de xuño: publicación on line das calificacións revisadas das probas ABAU.

    adorno-02

Parabéns ao alumnado de 2º de Bacharelato que remata os seus estudos. Como xa informamos noutra entrada da páxina web, este venres será o acto de graduación.

CONVOCATORIA DO FONDO LIBROS PARA O CURSO 2018-19

ABERTO O PRAZO DO FONDO LIBROS E DAS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(CURSO 2018/19)

     Publícase a orde da consellería na que se establecen as bases e prazos para a solicitude do Fondo solidario de libros de texto e para a solicitude de axudas para adquisición de libros e material escolar para alumnado de ESO no vindeiro curso.

Normativa legal

A normativa legal pola que se rexirá todo o procedemento é a indicada na Orde do 9 de maio de 2018 [DOG do 21 de maio] que se pode consultar completa no enlace de abaixo. Inclúese ademais un extracto da mesma orde coa información máis relevante para as familias e as instrucións para os centros de ensino sobre a organización e tramitación do procedemento do Fondolibros.


Prazos de solicitude

  • Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 22 de maio e remata o día 22 de xuño.
  • Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo de 2019.
  • Alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en FPBásica: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.


Lugares de presentación

  • Vía electrónica. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no propio centro de ensino no que se atopa matriculado en horario de atención de secretaría (mañás de 08:30 a 14:00 horas aproximadamente na maioría dos centros de ensino).
  • Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación

  • Formularios dos Anexos I e II da Orde cubertos.
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
  • Documentación complementaria que corresponda da que se indica no Artigo 12 da Orde. A saber:

- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando outros medios (sentenza xudicial de separación ou divorcio, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor/ certificado ou volante de convivencia/ informe de servizos sociais).
- Certificación do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resoución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia, no cado de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.


DEVOLUCIÓN DE LIBROS. NOTA IMPORTANTE:
os libros de texto obtidos do fondo solidario ou a través das axudas para material escolar deberán devolverse no centro en bo estado antes do 22 de xuño. Para o alumnado que deba examinarse en setembro, a secretaría habilitará os medios para que poida dispor dos libros necesarios durante o verán ata o día 9 de setembro, data máxima para a súa devolución. A non devolución dos libros implicará a perda automática do dereito ao fondo no curso seguinte.

Distribuir contido


by Dr. Radut