Skip to Content

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no proceso de Admisión para o curso 2023-2024. Os interesados poden facer a consulta das listaxes no taboleiro de anuncios da secretaría do centro ou a través da aplicación electrónica de admisión (só persoas que dispoñan de certificado electrónico de acceso).

Contra as listaxes provisionais poderá formularse reclamación dirixida ao Consello escolar no prazo de cinco días hábiles a partir da súa publicación (é dicir, con data máxima do vindeiro xoves 4 de maio).

A publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos realizarase o día 15 de maio.

 

FOLGAS DE TRANSPORTE

 

AVISO IMPORTANTE Á COMUNIDADE ESCOLAR

NOVAS XORNADAS DE FOLGA NO SECTOR DE TRANSPORTE ESCOLAR
(27 e 28 de abril)

 

     As compañías que prestan á Consellería de cultura o servizo de transporte escolar comunican que os días 27 e 28 de abril (xoves e venres da vindeira semana) haberá unha folga do sector, co que NON PODEN GARANTIR QUE O SERVIZO QUE PRESTAN AOS CENTROS POIDA CUMPRIRSE CON NORMALIDADE.

     Aínda que o transporte escolar soe entrar dentro dos servizos mínimos que se establecen en ocasións semellantes, non podemos garantir que non xurdan retrasos ou outras irregularidades na prestación dos servizos ao alumnado transportado.

    Polo tanto, en previsión destes problemas, PRÉGASE ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO TRANSPORTADO QUE TEÑAN PREVISTO PARA ESTAS DÚAS XORNADAS ALGÚN TIPO DE PLAN ALTERNATIVO TANTO PARA A ENTRADA COMO PARA A SAÍDA no caso de que o noso servizo de transporte se vexa afectado pola folga.

    Desde o centro, aínda que non sexa cousa da nosa responsabilidade, pregamos saiban desculpar as molestias que esta incidencia lles poida ocasionar.

 

6ª e 7ª MOBILIDADES PROXECTO ERASMUS+ KA101: aprendizaxe por observación. ROMANÍA

Job Shadowing co Vasile Lucaciu
de Baia Mare (Romanía)

001002003

 

    Entre o 27 de febreiro e o 3 de marzo, os nosos compañeiros, Xacobe Castro (Dpto. de Tecnoloxía) e Martiño Freire (Dpto.de Física e química), visitaron o Instituto Vasile Lucaciu da localidade romanesa de Baia Mare onde realizaron un período de observación e intercambio de experiencias ("jobshadowing") dentro do programa de internacionalización Erasmus+ do noso centro.

     Durante a súa estancia descubriron as diferentes metodoloxías, dinámicas de traballo e recursos cos que conta este centro de ensino punteiro do sistema educativo romanés.

Podedes atopar a descripción das actividades que levaron a cabo nesta pequena presentación e tamén os aspectos máis salientables do sistema romanés .

Esta enriquecedora experiencia tamén serviu para fornecer os vínculos creados en actividades anteriores entre os nosos centros, de cara a futuras colaboracións e traballosque agardamos cheguen a acadarse nun futuro próximo.

    Velaquí máis fotos dos nosos compañeiros traballando arreo en Romania.

004005006
007 008

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO E DE ESO

Convocatoria de premios extraordinarios ESO 2022-2023

     O venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D).

     O alumnado que, cumprindo cos requisitos da convocatoria, desexe particiar, terá que facelo entre o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023, presentando a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia con certificado electrónico ou Chave 365 (código do procedemento ED311D). Na mesma sede atopará toda a información sobre o procedemento.

 

Convocatoria de premios extraordinarios Bacharelato 2022-2023

   O día 3 de abril publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311A).

   O alumnado que, cumprindo cos requisitos da convocatoria, desexe participar, terá que facelo entre o 26 de abril e o 25 de maio de 2023, como datas límite, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia con certificado electrónico ou Chave 365 (código de procedemento ED311A).

RECOÑECEMENTOS AO ALUMNADO DO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

HOMENAXE A JORGE E PAULA

   Aínda que, por moitas razóns, todo o alumnado do IES Elviña ben merecería galardón de cotío sexa pola súa calidade humana ou pola académica, tamén sucede, de cando en vez, que caia en alumnado do noso centro esa sorte de recoñecemento singular que, saído da esfera do esforzo persoal, premia o xenio, os talentos particulares dalgún dos nosos rapaces e rapazas.

Imaxe

Jorge01Jorge 02Jorge 03


     Hai dúas semanas, asistimos a unha desas venturosas ocasións, recoñecemento no eido das belas letras, cando o alumno de 2º de Bacharelato do noso centro Jorge Unzaga recibiu o I Premio de Poesía no Certame Rita Suárez Amado, convocado polo IES Plurilingüe Eusebio da Guarda.
     Ben é certo que para Jorge era esta a segunda vez que recibía un galardón polo seu talento coa expresión máis verdadeira das palabras: hai dous anos recibira xa un accésit polas súas composicións nesta mesma prestixiosa competición coruñesa. O paso do tempo colocouno desta vez no máis alto, amosando o xeito en que a experiencia e o coñecemento de un mesmo aprofondizan e decantan no poeta a exacta natureza do seu arte. 
Así o sinalaron os membros do xurado, que subliñaron a extraordinaria matureza e o talento único do noso xoven autor, que fan sospeitar un futuro destacado no eido das letras, se non decae o seu compromiso con elas.

    Alumno discreto e comedido, benquerido de toda a comunidade do IES, Jorge ben merecía polo seu labor e pola súa persoalidade este premio, que non será, a bo seguro, o último.

Noraboa, poeta!

*     *     *

 

Paula01Paula02
Fotografías tomadas do instagram do Club Ximnasia Tempo

   Pasamos agora desde o mundo das letras ao eido da formación física, pois falamos dunha alumna que foi noticia entre nós por converterse hai uns días en ximnasta profesional, máis que meritoria culminación -polo momento- do seu constante traballo por despuntar no difícil mundo da competición deportiva de alto nivel.

   Trátase de Paula López Villar, intrépida estudante de 2º de Bacharelato, que a maiores dos esforzos por resolver integrais e por desentrañar os misterios arcanos da bioquímica, é tamén experta nas non menos complexas artes da barra de equilibrios, das asimétricas, dos flip-flaps e dos mortais adiante e atrás...
    Que a súa condición e os seus talentos a leven lonxe neste competitivo mundo.
Desde o IES, ficamos atentos a atopar o seu nome nas competicións...

 

Recorte de prensa
Recorte do diario La Opinión e enlace coa noticia
Distribuir contido


by Dr. Radut