Skip to Content

ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

[RESUMO do portal da Consellería de cultura]

 

A. INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

     O procedemento de admisión para alumnado de centros adscritos sen praza ou para o alumnado doutros centros estará aberto entre o día 1 de marzo e o día 20. O trámite de admisión poderá realizarse na secretaría do primeiro centro de elección ou a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550B) se o/a solicitante posúe certificado electrónico ou Chave 365.

 

B. DOCUMENTACIÓN INDISPENSABLE [Descargar]

a. Formulario de admisión ANEXO II ED550B cuberto e asinado polos dous proxenitores.

b. Formulario de comprobación de datos ANEXO IIbis no que consten TODOS os membros da unidade familiar coas súas sinaturas.

c. Fotocopia do DNI do/a alumno/a ou copia do Libro de familia onde o/a alumno/a figure (deberá traerse tamén o orixinal para o cotexo). Para facilitar a corrección de erros frecuentes cos datos persoais, copia dos DNI de todos os membros da unidade familiar.

d. Boletín de cualificacións de xuño/setembro ou certificación académica do/a alumno/a (orixinal ou copia cotexada).

e. No seu caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (completa).

 

C. PRAZOS E BAREMACIÓN

     Os prazos do procedemento, segundo a Orde de 21 de outubro de 2022, serán os seguintes:

   1. PRESENTACIÓN
   DE SOLICITUDES
   Do 1 de marzo ao
   20 de marzo, incluídos
   2. INFORMACIÓN SOBRE
   PRAZAS NON SUFICIENTES
   Día 21 de marzo
   3. PRAZO DE APORTACIÓN DE
   DOCUMENTOS PARA BAREMACIÓN
   Entre o 21 de marzo e o
   4 de abril, incluídos
   4. PUBLICACIÓN DE
   LISTAXES PROVISIONAIS
   Día 25 de abril
   5. PRAZO DE RECLAMACIÓNS
   CONTRA AS LISTAXES PROVISIONAIS 
   Entre o 26 de abril e o
   3 de maio, incluídos
   6. PUBLICACIÓN DE
   LISTAXES DEFINITIVAS
    Día 15 de maio
   7. FORMALIZACIÓN
   DA MATRÍCULA
    Entre o 23 de xuño
    e o 7 de xullo

 

1. Presentación de solicitudes. Entre o 1 e o 20 de marzo. Todas as presentadas despois deste rango de datas serán solicitudes Fóra de prazo e quedarán automaticamente excluídas.

2. Información de prazas non suficientes. No caso de non existir prazas suficientes para algún dos cursos, esta circunstancia farase pública o día 21 de marzo a través desta páxina web e do taboleiro informativo da secretaría do IES Elviña. Esta circunstancia obrigará á baremación das solicitudes corrrespondentes. Os criterios de baremo e a súa xustificación documental responderá ao indicado na lexislación vixente (CRITERIOS DE BAREMACIÓN).

3.Requerimento de subsanación de erros e/ou de aportación de documentación necesaria.
O centro de ensino poderá requerir calquera documentación faltante en prazo de 5 días. A non subsanación de erros poderá ser obxecto de perda do dereito de participación no procedemento.

4. Prazo de aportación de documentos para baremación. Os solicitantes disporán de 10 días hábiles para entregar a documentación que acredite os criterios de baremo que alegasen nos formularios de admisión. Esta documentación, para facilitar o proceso, poderá ser entregada xunto co resto da documentación no período de presentación de solicitudes. IMPORTANTE: NON SE CHAMARÁ A NINGUÉN PARA RECLAMAR A ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN.

5. Publicación de listaxes provisionais. As listaxes provisionais faranse públicas únicamente no taboleiro da secretaría do centro ou a través da aplicación electrónica. Na páxina web do centro darase conta da súa publicación cando se produza.

6. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais. As reclamacións deberán presentarse no prazo disposto a través de instancia escrita e asinada na secretaría do centro, facendo constar razoadamente a causa da reclamación. Finalizado o prazo de reclamacións, o consello escolar do centro avaliará e resolverá as reclamacións presentadas.

6. Publicación de listaxes definitivas. As listaxes definitivas faranse públicas únicamente no taboleiro da secretaría do centro ou a través da aplicación electrónica. Na páxina web do centro darase conta da súa publicación cando se produza.

 Adorno

Referencias lexislativas aplicables

a.   Decreto 13/22022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG do 11 de febreiro de 2022]

b.  Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C) [DOG 8 de novembro de 2022]

ENLACE COA INFORMACIÓN COMPLETA DE SECRETARÍA SOBRE O PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA

 

VACANTES 2023-2024

CURSO

VACANTES
4º ESO3
1º BACH. CIENCIAS E TECNOLOXÍA
23
1º BACH. HUMANIDADES E CC.SS.
8
2º BACH. CIENCIAS E TECNOLOXÍA2
2º BACH. HUMANIDADES E CC.SS.
2

O centro non conta con vacantes en 1º, 2º e 3º ESO para o vindeiro curso 2023-2024.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024. FIN DO PROCESO DE RESERVA

MATRÍCULA. CURSO 2023-24

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA FAMILIAS QUE SOLICITARON

RESERVA DE PRAZA DESDE CENTROS ADSCRITOS

O pasado día 6 de febreiro rematou o prazo de presentación de solicitudes de reserva desde os nosos centros adscritos (CEIP Plurilingüe Alborada, CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro e CEIP Salgado Torres).

Despois de recibir no noso centro todas as solicitudes e validalas, queremos informar aos solicitantes de que as prazas vacantes dispoñibles no centro para 1º de ESO CUBRIRÁN TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA REALIZADAS polo que ESTES SOLICITANTES NON TERÁN NECESIDADE DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E BAREMACIÓN.

*          *          *

A publicación das listaxes de admitidos en reserva realizarase, dacordo coas indicacións da convocatoria, o dia 23 nos taboleiros da secretaría do noso centro (por ser o 22 non lectivo).

 

DÍA DA NON VIOLENCIA NO IES ELVIÑA

LEARNING LANGUAGES THROUGH MUSIC

“SONGS FOR PEACE FESTIVAL”

01a      Con motivo de la commemoración del Día de la No Violencia el pasado lunes 30 de enero, celebramos en el IES Plurilingüe Elviña el  festival “Songs for Peace”. Organizado por el Departamento de Inglés y con la amable colaboración de los Departamentos de Música, Lenguas Clásicas y Economía, los alumnos de 2º y 4º de ESO y los de 1º de Bachillerato se animaron a cantar por la paz mundial con varias canciones en italiano, alemán e inglés.

     Por primera vez los alumnos de 4º de alemán prepararon una canción en lengua yiddish, en memoria de las miles de víctimas judías que perecieron en el holocausto durante la Segunda Guerra Mundial, recordando que también el pasado 27 de enero se cumplió el aniversario de la liberación del campo de Auschwitz-Birkenau.

01b01c01d

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

IES PLURILINGÜE ELVIÑA

Benvidos

 

     Atendendo ao inicio de procedemento de admisión de alumnado para o curso que ven, o IES Plurilingüe Elviña realizará unha xornada de portas abertas para aquelas familias que desexen coñecer as características do centro e a súa oferta. A xornada terá lugar o vindeiro xoves 26 de xaneiro ás 18:00 horas no Salón de actos do centro, onde poderán coñecer á directiva do instituto e resolver as dúbidas sobre as características do instituto e sobre o proceso de solicitude de praza.

     Dada a elevada oferta previsible no 1º curso de ESO e o límite de aforo do Salón de actos do centro, pregamos que non veñan acompañados para que poida acceder o meirande número de familias interesadas en asistir á presentación.

    No caso de que se completase o aforo dispoñible, non se permitirá a entrada de máis persoas ao centro, polo cal pregamos a súa comprensión.

Contamos coa vosa presenza!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut