Skip to Content

Linguas clásicas

2770 Ab urbe condita

O pasado venres 21 de abril celebramos o 2770 ano Ab urbe condita co seminario impartido pola doutora Ana Suárez Piñeiro sobre O proceso electoral en Roma grazas ó Programa A Ponte. Foi unha sesión amena e fructífera na que comparamos os sistemas de sufraxio actuais cós da Antiga Roma.

 

Asistimos ás Xornadas de Teatro Grecolatino

O mércores 22 de marzo disfrutamos das representacións de Medea e Miles Gloriosus no teatro Colón de Coruña:

 

As imaxes foron realizadas polas nosas artistas Cynthia e Jennifer.

Viaxamos a Grecia

Esta case primavera do 2017 viaxamos a Grecia coa SEEC. Foi unha viaxe completísima e marabillosa por Atenas e o Peloponeso que nos proporcionou outra visión do mundo e dos nosos antepasados. Unha experiencia única imposible de contar en poucas palabras...

Deixamos o enlace á crónica que fixeron os nosos alumnos Silvia López Castro e Jorge Riveiro Pose.

 

Xornada divulgativa sobre Thera

O periodista de investigación Emilio Varela falounos sobre Thera, a cultura minoica, os volcáns, o cambio climático, os perigos do Mediterráneo e moitos temas máis este luns 24 de outubro. Foi unha xornada completísima e moi produtiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut