Skip to Content

Linguas clásicas

Romanización en Coruña

O día 7 de xuño visitamos o Museo Arqueolóxico da Coruña e comprobamos que a Romanización tamén está na nosa cidade ademais da Torre de Hércules: Hai tabulae de acordos, estelas funerarias, restos de villae (dos Cantóns) e o tesouro do Castro de Elviña...

 

 

Obradoiros de Cultura Clásica

O alumnado de Latín e Grego de primeiro de Bacharelato asistiu aos obradoiros de Cultura Clásica organizados pola SEEC de Galicia na Facultade de Filoloxía de Santiago. Foron divertidos e completos: Cociña, música, escritura, moda, xogos...

 

 

Festival de Teatro Grecolatino XVI

O alumnado de Elviña que cursa Latín e Grego asistiu o martes 1 de marzo ás representacións de Electra e Asinaria no teatro Colón.

As representacións foron obra da compañía Párodos, de Talarrubias (Badajoz); a súa actuación foi magnífica. Podedes consultar a noticia da prensa neste enlace.

Participamos na Odisea 2016

Os alumnos e alumnas de Elviña participaron con entusiasmo na edición de Odisea do ano 2016 adicada á Guerra no mundo clásico. Un dos nosos grupos acertou todas as preguntas pero equivocouse nalgunha grafía (mágoa) e todos os concursantes loitaron con enerxía e bravura.

Noraboa a todos eles.

Viaxando cos libros

O Club de Lectura de Linguas Clásicas viaxamos onde queiramos coa axuda dos libros...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut