Skip to Content

Linguas clásicas

Unha artista na clase de Cultura Clásica

Se queredes ver a libreta de Cultura Clásica "iluminada" de Cristina Romero podedes premer no seguinte enlace.

Tamén tedes o mito de Orfeo e Eurídice ilustrado.

A voltas cos gladiadores...

O pasado martes 6 de xuño recibimos unha valiosa información sobre a "gladiatura". O perito na materia foi Adrián, da Asociación de Recreadores Históricos de Galicia. Falounos dos tipos de gladiadores, da súa vida no ludus, do seu estatus social... E trouxo varios complementos para que nos fixeramos unha idea da equipación:

 

Romanorum vita

Alumnas e alumnos do IES Elviña visitaron a exposición de La Caixa "Romanorum vita" o pasado venres 2 de xuño. Alí tiveron a ocasión de revivir a vida nunha rúa romana do século I e pasear polo interior dunha "domus".

 

 

 

Cociñamos e reciclamos

Alumnas e alumnos do IES Elviña participaron con entusiasmo no proxecto conxunto dos departamentos de Linguas Clásicas e Bioloxía sobre cociña antiga e reciclaxe. Elaboramos dúas receitas de Apicio segundo as súas instrucións de hai dous mil anos: 

- "Oleum lauri" (aceite de loureiro)

"Sal Apici" (sal con pementa negra e branca, ourego, eneldo, tomillo, xenxibre, perixel e hisopo)

 

A colaboración de todos os implicados foi completa e eficaz. Grazas a todos/as.

 

Asistimos ós Ludi Compostellani II

O alumnado de Latín e Grego de primeiro de Bacharelato participou na segunda edición dos Ludi Compostellani. Este ano fomos ós obradoiros de moda e de escritura pero tamén curioseamos outros e vimos a peza teatral sobre A Academia. Agradecemos á SEEC e a ós profesores organizadores a posibilidade de disfrutar deste evento.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut