Skip to Content

Linguas clásicas

O IES Elviña colabora coa USC e a SEEC

O pasado 22 de xaneiro o alumnado de Latín de 4º B impartiu un obradoiro de hixiene e perfumes na Roma Antiga na Facultade de Filoloxía de Santiago. Este obradoiro formou parte dos "Ludi Compostellani" organizados pola Universidade en colaboración coa Sociedade Española de Estudos Clásicos, sección Galicia.

Alumnas e alumnos adoptaron o papel de docentes e explicáronlle ós asistentes métodos de hixiene individual e colectiva e a elaboración de perfumes no mundo antigo a base de aceites e plantas. Fixérono estupendamente e disfrutaron a fondo da aventura. Parabéns!!!

 

Obradoiro de perfumes romanos

Coa colaboración activa do Departamento de Bioloxía e o apoio do Departamento de Física e Química, alumnas e alumnos de Latín de cuarto da ESO realizaron a recreación dun perfume antigo seguindo as indicacións de Plinio. Nótase que o espírito "Maker" comezou a invadir o IES Elviña...

O resultado foi o delicado "Cyprinum", un aroma evocador e único. Aquí tedes o vídeo elaborado polo noso Carlos:

 

Aristófanes no Ágora

O pasado 26 de outubro representouse no Ágora (de Coruña) a comedia Asamblea de mujeres de Aristófanes. Acudiu ó evento extraescolar parte do alumnado de linguas clásicas de Elviña. Agradecemos profundamente a invitación de Ricardo Martín, antigo profesor deste centro e responsable da versión escenificada. Moitísimas grazas, Ricardo. Benvidas sexan estas iniciativas que nos levan a seguir disfrutando de obras imperecedeiras.

Paseo mitolóxico polo noso Botánico

O alumnado de Grego desenvolveu este proxecto coa colaboración dos departamentos de Bioloxía e Inglés. Neste paseo con 2º da ESO asociamos o coñecemento botánico das nosas árbores coas transformacións mitolóxicas de deuses grecolatinos: Apolo e o loureiro, Píramo e Tisbe coa moreira, Perséfone e a miligrandeira... Tamén investigamos os étimos correspondentes en latín, grego, español, galego e inglés. Foi moi positivo o resultado desta experiencia conxunta entre maiores e pequenos.

Recreamos unha receita romana no Laboratorio de Ciencias

O alumnado de Humanidades elaborou unha receita do romano Apicio (gastrónomo do século I) coa axuda e a infraestrutura do Departamento de Ciencias. Fixeron Apicii Sal : sal mesturada con moitas herbas e especias tal como ourego, eneldo, tomillo, perixel, pementa, zafrán, xenxibre... Excelente para a dixestión, para evitar enfermidades, para os resfriados e, sobre todo, exquisita (suavissimi quam speras)...

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut