Skip to Content

Actividades

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato na lagoa de Campaña

alumnadoxeografia2ºbacharelato

O mércores 9 de decembro, o alumnado de 2º Bacharelato da materia de Xeografía fixo unha saída didáctica pola parroquia de Campaña, percorrendo un tramo do río Valga e visitando as lagoas de Campaña.

A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia, sendo acompañados polo profesorado Mar Tejero e Juan Carlos Montejano. 

alumnadoxeografia2ºbacharelato

Alumnado de 1º ESO no museo da Historia de Valga

Alumnado de 1º ESO no Museo da Historia de Valga

Alumnado de  1º de ESO do noso Centro visitou as instalacións do Museo da Historia de Valga na mañá do luns 17 de febreiro. Acompañados de Santiago Chenlo, responsable do Museo, fixeron un percorrido polas instalacións deste edificio, onde puideron coñecer un pouco máis sobre Valga, dalgúns dos vestixios que a historia deixou neste concello e de dúas das figuras representativas do municipio: Xesús Ferro Couselo e Carolina Otero. Esta visita realizouse dentro da actividade "unha saída a pé polas parroquias de San Miguel e Xanza" do concello de Valga, onde tiveron oportunidade de aprender algo máis da toponimia dos distintos lugares que conforman estas parroquias. Foron acompañados polo profesorado Mar Tejero e Xoán Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado 1º ESo no cruceiro de Xanza

Alumnado de Paisaxe fai unha saída polo concello de Valga

Alumnado de Paisaxe nas fervenzas de Parafitaa

O luns 20 de xaneiro, o alumnado de Paisaxe de 2º ESO realizou unha saída a pé polo concello de Valga para coñecer parte dos seus lugares máis representativos. Foi un percorrido visitando: o miradoiro do Galiñeiro (Pontecesures), onde ollaron a paisaxe do espazo máis chá de Valga, o petróglifo da Pedra da Serpe, o miradoiro do monte dos Vilares, a capela dos Martores, finalizando a saída nas fervenzas de Raxoi e Parafita. Foron acompañados polo profesorado Mar Tejero, Izaskun Caride e Juan Carlos Montejano. A actividade foi  organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de Paisaxe de 2º ESO no miradoiro do monte dos Vilares

Alumnado de 2º Bacharelato asiste a unha charla sobre a figura de Carolina Otero

Alumnado 2º bacharelato na charla sobre Carolina Otero

Na tarde do luns 16 de decembro tivemos na Biblioteca unha charla arredor da figura de Carolina Otero a cargo do escritor novel valgués, Javier Carballo de Jesús, o cal acaba de publicar a súa primeira obra "Eu son Carolina". Na súa intervención amosou ao alumnado de 2º Bacharelato un enfoque distinto da vida desta muller, unha das actrices pioneiras do cine español. Para finalizar a súa intervención e xunto coa súa compañeira de promoción no noso Centro, Sonia Tarrío, satisfaceron a curiosidade do alumnado sobre o seu posible futuro académico no mundo universitario a partir das súas experiencias persoais.

Grazas a ámbolos dous!!! e moita sorte no futuro que esperamos lles sexa propicio e brillante. 

Alumnado 2º bacharelato na charla sobre Carolina Otero con Javier Carballo e Sonia Tarrío

Charla arredor da figura de Carolina Otero na Biblioteca do IES Valga

Eu son carolina O luns 16 de decembro, a partir das cinco da tarde e na Biblioteca, teremos unha charla arredor da figura de Carolina Otero a cargo do que foi estudante do noso Centro, Javier Carballo de Jesús, o cal acaba de publicar a súa primeira obra escrita "Eu son Carolina", centrada nesta relevante muller valguesa. Asistirá o alumnado de 2º Bacharelato pero tamén será un acto aberto a toda persoa interesada neste tema. 

Distribuir contido


by Dr. Radut