Skip to Content

Actividades

Alumnado de Bacharelato visita o Museo Massó e o Estaleiro de Purro en Bueu

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato no MUseo Massó en Bueu

O mércores 16 de novembro, o alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato e de Xeografía de 2º Bacharelato visitou o Museo Massó e o Estaleiro de Purro na localidade pontevedresa de Bueu, onde coñeceron o seu o patrimonio marítimo e industrial.

Na visita guiada polo edificio do museo descubriron as salas onde se atopan: a colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos históricos; tamén os espazos que se adican á actividade industrial da familia Massó: as súas fábricas de salga e de conservas e a caza da balea. Ademais puideron ver dezaoito pías dunha antiga salgadura de principios do século XIX.

No Estaleiro da Banda do Río, coñecido como Estaleiro de Purro, o concelleiro de Cultura e Ensinobueués, Xosé Leal, explicoulles aspectos relacionados coa derradeira carpintaría de ribeira da ría de Pontevedra que se conserva.

Foron acompañados polos profesores Modesto Fontán e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato no Estaleiro de Purro en Bueu

Encontro, na Biblioteca, do alumnado de 1º ESO coa escritora Antía Yañez

Alumnado 1º ESO con Antía Yañez na Biblioteca

O xoves 31 de marzo, o alumnado de 1º ESO asistiu, na Biblioteca, a unha charla coa escritora Antía Yañez arredor do seu libro "O misterio do torque de Burela". Durante unha hora puideron coñecer os aspectos máis relevantes desta obra que teñen de lectura na materia de Xeografia e Historia.

Alumnado 1º ESO con Antía Yañez na Biblioteca

Alumnado de 3º ESO realiza unha saída a pé polas parroquias de Campaña e Cordeiro

Alumnado 3º ESO na praia de Vilarello

O alumnado de 3º de ESO realizou, o luns 28 de marzo, un roteiro polo Concello de Valga que incluía lugares das parroquias de Campaña e Cordeiro, onde puideron coñecer aspectos toponímicos, xeográficos, culturais e arquitectónicos de sitios tan salientables do Concello como a igrexa de Campaña, a praia de Vilarello ou a capela de San Paio en Vilar. Completou así a visita a todas as parroquias do concello, coa saída que fixeran no mes de xaneiro ás parroquias de San Miguel, Setecoros e Xanza. O alumnado foi acompañado polo profesorado Paula Otero, Beatriz Puente, Diego Botana e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Encontro do alumnado de 2º Bacharelato coa escritora Montse Fajardo

Encontro do alumnado de 2º Bacharelato coa escritora Montse Fajardo

Na mañá do luns 28 de marzo, estivo con nós a autora de “Matriarcas”, “Un cesto de mazás” ou a máis recente "A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira": a escritora e xornalista vilagarciá Montse Fajardo. Nun encontro co alumnado de 2º de Bacharelato déulles a coñecer a través das historias dalgunhas mulleres de distintos concellos pontevedreses,  a situación da muller durante a Guerra Civil española  e como viron as súas vidas truncadas ou condicionadas a raíz deste tráxico suceso da historia de España. Ademais a relatora fixo fincapé na historia do último alcalde republicano do concello de Valga. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 2º ESO realizou unha vista didáctica á Catedral e a zona antiga de Santiago

Alumnado 2º ESO nas cubertas da Catedral de Santiago

O xoves 24 de marzo, o alumnado de 2º da ESO realizou unha saída didáctica á cidade de Santiago de Compostela, na que puideron coñecer, nunha visita guiada, o Pórtico da Gloria e as cubertas da Catedral. Ademais realizaron un percorrido guiado polo seu profesorado Paula Fernández e Modesto Fontán por diferentes espazos da zona antiga. Esta visita foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e estiveron acompañados polo profesorado Paula Fernández, Modesto Fontán, Beatriz Puente e Juan Carlos Montejano.

Alumnado 2º ESO na Praza do Obradoiro

Distribuir contido


by Dr. Radut