As alumnas de 2º Bacharelato, Sara Rodríguez Gómez e Noa Piñeiro Caamaño acadaron o segundo e terceiro posto na XIII Olimpíada Xeográfica de Galicia que tivo lugar na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela este mércores 9 de marzo. A proba consistiu en contestar 50 preguntas de opción múltiple, incorporando algunhas delas gráficos, fotografías e cartografía. Os contidos estaban relacionados co temario que a materia de Xeografía ten na ABAU.
Parabens a ámbalas dúas!!! e moita sorte na fase final estatal que, de ser presencial, terá lugar en Miraflores de la Sierra (Comunidade de Madrid) os vindeiros 1 e 2 de abril de 2022, dentro da celebración da XIII edición de la Olimpíada de Xeografía de España, convocada pola Asociación Española de Xeografía.
Actividades
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »