Skip to Content

Actividades

Alumnado de 2º ESO da materia de Paisaxe no Museo da Historia de Valga

Alumnado de 2º ESO da materia de Paisaxe no Museo da Historia de Valga

O martes 3 de decembro, o alumnado da materia de Paisaxe e Sustentabilidade de 2º ESO realizou unha visita ao Museo da Historia de Valga, onde guiados polo responsable do Museo, Santiago Chenlo, puideron reflexionar sobre o que é a paisaxe, localizar espazos paisaxísticos e visionar os espazos naturais máis representativos do concello de Valga.  Foron acompañados polo profesorado Chus Polo, Mar Tejero e Juan Carlos Montejano.  A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de Paisaxe de 2º ESO no Museo da Historia de Valga

 

Visita do alumnado de 4º ESO e de Hª da Arte de 2º Bacharelato ao Museo de Pontevedra

Alumnado de 4º ESO no Museo de Pontevedra

O alumnado de 4º ESO visitou o Museo de Pontevedra o xoves 21 de novembro. Realizaron unha visita guiada a diferentes salas do Sexto Edificio relacionadas coa pintura galega dos séculos XVIII e XIX e tamén ás dedicadas á figura de Castelao. Pola súa banda, as alumnas da materia de Historia da Arte de 2º Bacharelato visitaron dúas exposicións temporais, unha no Museo de Pontevedra: "Galaicos, un pobo entre dous mundos" centrada na conexión entre o mundo atlántico e o mediterráneo a partir dunha selección de obxectos arqueolóxicos datados entre a Idade de Bronce e a Gallaecia romana; mentres que na Praza de España realizaron unha visita didáctica á exposición "Picasso, el viaje del Guernica", onde recibiron unha completa información dunha das obras máis recoñecidas, reproducidas e admiradas da Historia da Arte. Estiveron acompañados polo profesorado Chus Polo, Pilar Buela, Daniel Chenlo e Xoán Carlos Montejano. A actividade foi organizada polos departamentos de Lingua e Literatura Galega e Xeografía e Historia.

Alumnas de Hª da Arte de 2º Bacharelato na exposición "O viaxe do Guernica"

Recuperando topónimos das aldeas do concello de Valga polo alumnado de Paisaxe de 2º ESO

Inauguración de O Quinteiro, Bronllo

Alumnado da materia de Paisaxe e Sustentabilidade de 2º da ESO participou, o mércores 20 de xuño, na inauguración do sinal O Quinteiro que na aldea de Bronllo quedará como símbolo da recuperación da toponimia dalgúns dos lugares das aldeas do concello de Valga. Esta actividade contou co apoio de informantes de Cerneira, Bronllo e Pontevalga, do Concello, do alumnado e profesorado do Ciclo de Fabricación Mecánica. A todos eles o noso máis profundo agradecemento.

Inauguración de O Quinteiro, Bronllo

Alumnado de 4º ESO na II Olimpíada de Historia

Alumnado de 4º ESO na II Olimpíada de Historia

O noso Centro vén de participar na II Olimpíada de Historia que tivo lugar o pasado venres 24 de maio na Facultade de Historia do Campus de Ourense. O equipo "A Bella Otero" formado por María Ortigueira, Pedro Ramos, Álejandro Cortés e Pablo Rial, tódolos eles de 4º ESO, tivo unha meritoria participación, acadando a antepenúltima ronda desta proba que medía os coñecementos de Historia Contemporánea do alumnado galego deste nivel académico. Parabéns pola súa participación.

Alumnado de Paisaxe coñece a microtoponimia de Valga

Alumnado de Paisaxe na aldea de Bronllo

Alumnado de 2º ESO da materia de Paisaxe realizou unha visita ás aldeas de Cerneira, Bronllo e Ponte Valga na mañá do mércores 22 de maio para coñecer e traballar coa microtoponimia destas tres aldeas do concello de Valga. Cos datos dados polos informantes Alfonso, Carlos e Santi , a quen agradecemos a súa colaboración, puideron recoñecer, sobre os distintos espazos destas aldeas, os nomes de lugares e rúas que forman parte do patrimonio inmaterial toponímico do municipio. Foron acompañados polo profesorado Loli Omil, Pilar Buela e Juan Carlos Montejano.

Alumnado de Paisaxe traballando coa microtoponimia

Distribuir contido


by Dr. Radut