Skip to Content

Actividades

Roteiro polo Concello de Valga por alumnado de 4º de ESO

Alumnado de 4º ESO en Casal de Eirigo 

O luns 13 de maio o alumnado de 4º ESO realizou unha saída a pé polo Concello para descubrir o seu patrimonio histórico e artístico, visitando as instalacións do Museo da Historia de Valga, os pazos da Bouza e de Raxoi, as igrexas de Setecoros e San Miguel, a capela da Saúde en Casal de Eirixo e outros lugares de interese coma cruceiros ou as fervenzas. Foron acompañados polo profesorado Teresa Sumay, Mar Tejero e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 4º ESO na sala adicada a Bella Otero, Museo da Historia de Valga

 

 

Alumnado de 2º ESO visita o Castelo de Soutomaior

O martes 2 de abril, alumnado de 2º ESO realizou unha saída didáctica ao Castelo de Soutomaior, onde puido coñecer a historia deste monumento a través da realización dun caderno de actividades relacionadas cos acontecementos e personaxes principais do Castelo; un material didáctico que fixo máis completa a súa visita. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

 

 

Alumnado de Paisaxe e Sustentabilidade asiste a unha charla sobre toponimia do concello de Valga

O pasado 26 de marzo na Biblioteca do IES de Valga celebrouse unha charla impartida por Santiago Chenlo, técnico de cultura do concello de Valga e Carlos Bragaña, presidente da Asociación Cultural e Veciñal de Bronllo, Setecoros, sobre a toponimia de Bronllo en Setecoros. Esta actividade forma parte dunha serie de actividades para que o alumnado coñeza a toponimia do concello de Valga e que como os poñentes dixeron na charla "non caia no esquecemento e se manteña viva para esta e futuras xeracións".

Alumnado de 1º ESO visita o Museo de Pontevedra

Alumnado de 1º ESO nas salas de Prehistoria

O alumnado de 1º ESO visitou o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, o martes 26 de marzo, para participar na actividade "Do Paleolítico á Romanización", dentro das propostas do Gabinete Didáctico do Museo. A actividade foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 1º ESO nas salas de Prehistoria                    Alumnado de 1º ESO nas salas de Prehistoria 

 
   

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de HMC asiste a unha charla da escritora e xornalista Montse Fajardo

        Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato con Montse Fajardo  Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato con Montse Fajardo                               

Na Biblioteca do noso Centro co título “A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado do 36”, tivo lugar unha interesante charla a cargo da escritora e xornalista vilagarciá Montse Fajardo.  A autora de “Matriarcas”,  “Un cesto de mazás”  ou "Invisibles" deu a coñecer, ao alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de Historia do Mundo Contemporáneo, a través das historias dalgunhas mulleres de distintos concellos pontevedreses,  a situación da muller neste período histórico e como viron as súas vidas truncadas ou condicionadas a raíz deste tráxico suceso da historia de España; ademais a relatora fixo fincapé na historia do último alcalde republicano do concello de Valga. Por último, suliñou a importancia das mulleres como parte fundamental para coñecermos o acontecido durante a Guerra Civil e a posguerra, por seren “as transmisoras da memoria”.

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut