Skip to Content

Actividades

Encontro do alumnado de 2º Bacharelato coa escritora Montse Fajardo

Charla memoria histórica Montese Fajardo co alumnado de 2º Bacharelato O pasado martes, 20 de marzo, estivo con nós a autora de “Matriarcas”, “Un cesto de mazás” ou a máis recente "Invisibles. Relatos do maltrato": a escritora e xornalista vilagarciá Montse Fajardo. Nun encontro co alumnado de 2º de Bacharelato deulles a coñecer as historias dalgunhas das persoas que protagonizan os seus libros "Matriarcas" e "Un cesto de mazás" e que nunca deben ser esquecidas, elas e as situacións que viviron. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.  
   

Alumnos de 2º Bacharelato participan na IV Olimpíada Xeográfica de Galicia

Alumnos de 2º Bacharelato participan na IV Olimpíada Xeográfica de Galicia Este venres, 9 de marzo, catro alumnos de 2º Bacharelato do noso Centro participaron, xunto con representantes doutros centros de Galicia, na IV Olimpíada Xeográfica de Galicia que tivo lugar na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O acto central foi a realización dunha proba escrita; ademais tiveron a oportunidade de coñecer o plan de estudos e as posibles saídas desta ciencia. Completaron a súa participación na Olimpíada coa visita a distintos lugares emblemáticos desta Facultade como a Biblioteca, o Paraninfo ou os tellados, onde apreciaron magníficas vistas da cidade compostelá. A Olimpíada foi organizada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.  
   

Alumnado de 2º ESO e FP Básica 1º visita o Castro de San Cibrao de Lás e o Mosteiro de Oseira

Alumnado de2º ESO e FPB 1º no Castro de San Cibrao de Lás Alumnado de2º ESO e FPB 1º no Mosteiro de Oseira O alumnado de 2º ESO e FP Básica de 1º curso do noso centro realizou o xoves 8 de marzo unha saída diáctica á comarca do

Charla "Holocausto e arte dexenerado" para o alumnado de 4º ESO

Charla alumnado 4º ESO Holocausto e arte dexenerado  Charla alumnado 4º ESO Holocausto e arte dexenerado Con motivo da conmemoración anual do "Día en memoria das vítimas do Holocausto", o alumnado de 4º ESO asistiu a unha charla a cargo da artista plástica Carolina Munáiz Alonso que, baixo o título de "Holocausto e Arte dexenerado" , celebrouse na Biblioteca do noso Centro o mércores 31 de xaneiro.

Alumnado de 4º ESO visita o MAC e o Museo de Belas Artes da Coruña

Alumnado de 4º ESO no MAC da Coruña Alumnado de 4º ESO no MAC da Coruña O alumnado de 4º ESO viaxou, o martes 30 de xaneiro,á cidade de A Coruña, para visitar dúas o Museo de Arte Contemporánea e o Museo de Belas Artes.
Distribuir contido


by Dr. Radut