Skip to Content

Actividades

Charla-coloquio co escritor Pere Tobaruela arredor do seu libro "Poñente"

Alumnado de 4º ESO co escritor Pere Tobaruela   Alumnado de 4º ESO co escritor Pere Tobaruela                             

O martes 4 de decembro, o alumnado de 4º ESO asisitiu, na Biblioteca do centro, a unha charla-coloquio co escritor Pere Tobaruela. O alumnado tivo  unha explicación do seu libro "Poñente", dende o punto de vista histórico e literario. Tamén puido descubrir outras facetas relacionadas coa tarefa de escribir e o mundo da literatura en xeral.

 
   

Visita do alumnado de 4º ESO ao Museo de Pontevedra

Alumnado de 4º ESO no Museo de Pontevedra VisitamuseoPontevedra4º ESO291120182 

O alumnado de 4º ESO visitou o Museo de Pontevedra o xoves 29 de novembro. Realizaron unha visita guiada a diferentes salas do Sexto Edificio relacionadas coa pintura galega dos séculos XVIII e XIX, finalizando nas salas dedicadas á figura de Castelao. Estiveron acompañados polo profesorado Noa Carrera e Xoán Carlos Montejano. A actividade foi organizada polos departamentos de Lingua e Literatura Galega e Xeografía e Histoira. 

 
   

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato visita "O Tempo" da CRTVG

Alumnado de 2º Bacharelato con Diego Viaño e Mabel Montes O mércores 21 de novembro, o alumnado de Xeografía de 2º de Bacharelato do IES de Valga visitou distintas dependencias da TVG, e entre elas as instalacións do espazo O Tempo. As explicacións correron a cargo dos xornalistas, encargados do tempo na TVG, Diego Viaño e Mabel Montes. Máis sobre a nova picando neste enlace. A actividade foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia.   
   

Alumnado de 2º ESO da materia de Paisaxe no Museo da Historia de Valga

Alumnado de Paisaxe de 2º ESO no Museo da Historia de Valga Alumnado de Paisaxe de 2º ESO no Museo da Historia de Valga  O martes, 20 de novembro, o alumnado da materia de Paisaxe de 2º ESO realizou unha visita ao Museo da Historia de Valga onde guiados polo responsable do Museo, Santiago Chenlo, puideron reflexionar sobre o que é a paisaxe, localizar espazos paisaxísticos e visionar os espazos naturais máis representativos do concello de Valga.  Foron acompañados polos profesores Felipe Ben e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

 
   

Alumnado de 2º Bacharelato asiste á inaguración da exposición "Rexas, mulleres baixo o terror franquista"

Alumnado de 2º Bacharelato asiste á inaguración da exposición "Rexas, mullleres baixo o terror franquista" O alumnado de 2º Bacharelato do noso Centro asistiu o mércores 26 de setembro á inaguración da exposición "Rexas, mulleres baixo o terror franquista" no Auditorio Municipal de Valga. A través de 78 fotografías, esta exposición conta as historias de 172 mulleres. A mostra divídese en tres bloques: o primeiro sobre a contextualización histórica mostra como o golpe de Estado supuxo una creba dos dereitos da República; o segundo analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron e o terceiro busca recoñecer a labor solidaria e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla. A inauguración contou coa presenza das concelleiras de Cultura e Igualdade do concello de Valga así como do deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, e da comisaria da exposición, Montse Fajardo, que completou o acto pronunciando unha interesante conferencia co título de: “A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado do 36”.

Máis información picando neste enlace.

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut