Skip to Content

Actividades

Alumnas de 2º Bacharelato participan na V Olimpíada Xeográfica de Galicia

Alumnas de 2º Bacharelato participan na V Olimpíada Xeográfica de Galicia Alumnas de 2º Bacharelato participan na V Olimpíada Xeográfica de Galicia                                           

Este venres, 22 de febreiro, catro alumnas de 2º Bacharelato do noso Centro participaron, xunto con representantes doutros centros de Galicia, na V Olimpíada Xeográfica de Galicia que tivo lugar na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O acto central foi a realización dunha proba escrita; ademais tiveron a oportunidade de coñecer o plan de estudos e as posibles saídas desta ciencia. Completaron a súa participación na Olimpíada coa visita a distintos lugares emblemáticos desta Facultade como a Biblioteca ou o Paraninfo. A Olimpíada foi organizada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

 
   

Alumnado de 3º ESO fai un percorrido por monumentos de Santiago de Compostela

Alumnado de 3º ESO fai un percorrido por monumentos de Santiago de Compostela    O alumnado de 3º ESO realizou, o martes 5 de febreiro, unha visita á cidade de Santiago de Compostela. Visitou as fachadas dos edificios renacentistas e barrocos máis emblemáticos da cidade. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

 
   

Saída polo concello de Valga do alumnado de 2º ESO de Paisaxe

Alumnado de Paisaxe fai unha saída polo concello de Valga Alumnado de Paisaxe fai unha saída polo concello de Valga  O luns 14 de xaneiro, o alumnado de Paisaxe de 2º ESO realizou unha saída a pé polo concello de Valga para coñecer parte dos seus lugares máis representativos. Foi un percorrido visitando: o miradoiro do Galiñeiro (Pontecesures), onde ollaron a paisaxe do espazo máis chá de Valga, o petróglifo da Pedra da Serpe, a capela dos Martores, finalizando a saída nas fervenzas de Raxoi e Parafita.

 
   

Visita ao Museo da Historia de Valga do alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato

Visita ao Museo da Historia de Valga polo alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato Visita ao Museo da Historia de Valga polo alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato O alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato visitou as instalacións do Museo da Historia de Valga na mañá do mércores 19 de decembro. Acompañados de Santiago Chenlo, responsable do Museo, fixeron un percorrido polas instalacións deste edificio, onde puideron coñecer un pouco máis sobre Valga, dalgúns dos vestixios que a historia deixou neste concello e de dúas das figuras representativas do municipio: Xesús Ferro Couselo e Carolina Otero.

 
   

Alumnado de 1º ESO visita Meteogalicia e o Museo de Historia Natural da USC

Alumnado de 1º ESO en Meteogalicia Alumnado de 1º ESO no Museo de Historia Natural da USC 

   O martes 18 de decembro, o alumnado de 1º ESO do IES Valga visitou as instalacións de Meteogalicia en Santiago de Compostela, onde puido participar no lanzamento da Radiosondaxe, que tódolos martes realiza esta entidade, Ademais asisitiron a sendas charlas sobre aparellos e conceptos relacionados coa Meteoroloxía. Completaron a mañá visitando o Museo de Historia Natural da USC, onde realizaron un percorrido guiado polo Museo, contemplando as distintas seccións da Biodiversidade que alí aparece. Foron acompañados polo profesorado Ana Bueno, Andrea Estévez, Mario Sosa e Felipe Ben. Esta actividade foi organizada conxuntamente polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia.

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut