Novas

Novas relacionadas coa biblioteca

Recomendacións Literarias para o Verán

O meu libro favorito

Marcos Marco Barbosa, gañador do concurso "O meu libro favorito", falounos hoxe no recreo do contido do seu libro favorito, O libro da empanada de Fina Casalderrey. Animounos a todas e a todos a lelo. Moitas grazas e parabéns, Marcos.

Gañador "O meu libro favorito"

Despois de días de votacións para elixir "O meu libro favorito", concurso co cal o Equipo da Biblioteca do IES Chapela celebrou o Día do Libro, xa temos un gañador. Entre 110 papeletas saíu ao chou a de Marcos Marco Barbosa (1º ESO B), O libro da empanada, de Fina Casalderrey. Todas as papeletas expóñense no taboleiro do vestíbulo. Grazas por participar!

23 de abril - Día do Libro

     

Hai un libro especial para ti, escrito por alguén, unha muller ou un home, hai moito ou pouco tempo, que conta a túa emocionada historia… E ese libro quere que veñas buscalo

Esperámoste na biblioteca!

ARTELIXO en Chapela

 

O trono literario do IES Chapela chegou ao ARTELIXO. Fíxoo no Paseo de Cardona, en Laredo, compartindo escenario coas obras lixo do CEIP Igrexa, CEIP Laredo, CEIP Alexandre Bóveda e Escola de Música de Chapela. Nin o vento, nin o frío, nin a chuvia, foi quen de deslucir unha alegre xornada acompañada da música da Escola de Música de Chapela e do entusiasmo e dos folgos de tanta xente que demostrou que co "lixo" somos quen de facer arte e que temos que coidar o noso medio ambiente. Moitas grazas a todas e a todos os que participastes desta iniciativa, especialmente a Olga Nogueira, que teimudamente se empeñou en que a nosa República das Letras chegase ao ARTELIXO.

PDF con máis fotos da inauguración do ARTELIXO o 14 de abril.

Día do Libro - "O meu libro favorito"

Co gallo da celebración do Día do Libro, o equipo da Biblioteca do IES Chapela proponnos a actividade O meu libro favorito, dirixida a toda a comunidade escolar. Cal é o teu libro favorito? Axúdanos a escoller dez títulos. Vota na Biblioteca! Sortearemos un premio entre todas e todos os participantes.

PARTICIPA!

 

Bases e datas

Novidades Biblioteca - Marzo/Abril 2018

Exposición 8 de Marzo - Mulleres Escritoras

O activo grupo de mulleres que xestiona e dinamiza a Biblioteca do IES Chapela ofrécenos no vestíbulo do centro este panel no que lembrar a tantas e tantas mulleres escritoras. Algunhas delas abriron brecha para as que viñeron despois. Aínda hoxe, no século XXI, cómpre non esquecelas.

Novidades Biblioteca - Febreiro 2018

Novidades Biblioteca - Xaneiro 2018

Distribuir contido