Novas

Novas relacionadas coa biblioteca

Club de lectura: O berete lector

Este curso puxemos en marcha o club de lectura do IES Chapela, entre todos os integrantes decidimos chamalo "O berete lector". Reunímonos cada mes, na biblioteca, para comentar os libros que propoñemos como lectura.

Aquí tedes algunhas fotos da primeira reunión, na que falamos do libro de Ledicia Costas "Unha estrela no vento".

 
 Club lectura 1  Club lectura 2
 Club lectura 3  Club lectura 4
O 28 de xaneiro tivemos a última reunión, na que comentamos o libro "Recinto Gris" de Ledicia Costas.
 
 Club de lectura 5  Club de lectura 6

O martes 10 de marzo teremos unha nova xuntanza, será na biblioteca, de 15:45 a 16:45. Neste caso falaremos do libro "Música no faiado" de Miguel Ángel Alonso Diz.

Aínda estás a tempo de participar, esperámoste na biblioteca!

Boletín de novidades Decembro-Xaneiro 2019-20

 

Novidades mes de novembro

Novidades novembro

Club de lectura

 

Lecturas recomendadas para o verán

 

Novidades Biblioteca. Xaneiro-febreiro 2019

Boletín biblioteca xaneiro-febreiro

2º Boletín Curso 2018/19

   

Mercado do troco

O xoves 20 de decembro fans da literatura, dos comics e das películas da quenda modular atopámonos ao redor dunha mesa na que se dispuxeron os tesouros que recompilamos grazas á proposta da biblioteca. Houbo libros en galego e castelán e tamén películas, como a de: Que facemos con Maisie? Deixamos, para outra ocasión, a banda deseñada. Parolamos ao redor dos motivos polos que recomendábamos a Agatha Christie e os seus dez negriños; a Jules Verne e as súas tribulacións na China; e a Paulo Coello e o seu estilo, tan zen. Dos coñecidos versos de Don Juan Tenorio e Dona Inés; falamos de Dolores Redondo e o seu gardián invisible; asemade, achegouse por alí James Herriot, un veterinario typical english que emociona coas súas andanzas no libro Todas las criaturas grandes y pequeñas e, nun recuncho da mesa, atopamos a Mary Higgins Clark e o misterio das súas novelas. Logo de moitas dúbidas e cábalas, e algunha que outra volta ao redor da mesa para sopesar con siso todas as opcións, decidímonos, iso si, só despois de que tocase o timbre do recreo, pois aproveitamos até o último minuto, xa que a mesa estaba chea de mundos a descubrir. Cada quen escolleu ao fin e voltamos aos nosos quefaceres, imaxinando xa que novas aventuras íamos atopar ao abrir a tapa dun novo libro.
 Mercado do troco en modular 1  Mercado do troco modular 2

Mercado do troco

 

Mercado do troco

     

MERCADO DO TROCO

LIBROS, CÓMICS E PELÍCULAS

 

O día 14 de decembro, durante os dous recreos, terás a oportunidade de cambiar os teus libros,

películas (orixinais) e cómics usados por novos títulos. O mercado celebrarase no vestíbulo.

 

Aproveita a ocasión! Non merques! Troca!

 

BASES:

  • Os libros/cómics/películas(orixinais) para doar recolleranse na biblioteca do 1 ao 13 de decembro.

  • Cada participante recibirá un tícket por exemplar que poderá cambiar por outro libro, cómic ou película.

  • Os exemplares que non sexan escollidos por ninguén serán devoltos aos seus doantes.

 

Biblioteca IES Chapela

 

Novidades Biblioteca. Outubro-Novembro 2018

Novidades Biblioteca Outubro-Novembro1º Boletín Curso 2018/19

A Biblioteca Municipal de Chapela levará o nome de Xela Arias

 

Xela Arias no IES Chapela, febreiro de 2001

   

O IES Chapela pon nome á Biblioteca Municipal de Chapela. A proposta do grupo da biblioteca do IES Chapela de que a poeta, tradutora e profesora Xela Arias Castaño (1962-2003) dese nome á Biblioteca Municipal da parroquia, gañou o concurso organizado polo Concello de Redondela. O IES Chapela quixo lembrar con esta candidatura ademais do labor desta muller galega boa e xenerosa, o seu paso polo noso instituto como profesora no curso 2000-2001. Lembrámoste compañeira! 

Nova en Faro de Vigo, 4-10-2018

Nova en Atlántico Diario, 30-10-2018

Distribuir contido