CS Educación Infantil

Día dos Dereitos do neno

20 Novembro - Día dos Dereitos do Neno / OBRADOIROS no vestíbulo do IES

 

Os Obradoiros estiveron a cargo do alumnado de 2º de Educación Infantil.

  • Grupos participantes:

     3º ESO A, 3º ESO B, 1º ESO A e 1º Educación Infantil.

  • Colaboradores:

     Alicia, María, Cristina Garabatos e Begoña: cesión da súa hora de clase.

     Aldán e Miguel: preparación do sistema de audio.

     Moncho: impresión, plastificado, material.

XVI Xornadas de Educación Infantil

Alumnas do CS Educación Infantil (Modular) participaron esta fin de semana nas “XVI XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL”. Nestas xornadas, organizadas pola Asociación Sociopedagóxica Galega e CIG Ensino, celebradas no IES Fontiñas de Santiago de Compostela, as alumnas presentaron un proxecto levado  a cabo por elas mesmas durante este curso: Estoxo Viaxeiro: coñecendo Galicia. Unha experiencia de elaboración de materiais por parte do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela para o seu uso en ámbitos formais e non formais.

As alumnas que participaron nesta poñencia foron María Piñeiro Dieguez, Aurea Mª Chapela Riobó e Brenda Santoro González, acompañadas polo seu profesor de Didáctica, Borja Álvarez. Ademais, estiveron arroupadas por un grupo de compañeiras, que se desprazaron ata Santiago para acompañalas nesta bonita experiencia.  Aquí tendes algunha foto da súa intervención.

Leolo mergúllase en Galicia

       

Tres sesións de lecer educativo organizadas polo alumnado da quenda modular do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela. Estas actividades forman parte dun proxecto ideado e deseñado de principio a fin polo propio alumnado, consistente na elaboración de materiais didácticos para o seu uso con nenas e nenos de 3 a 8 anos: “Estoxo viaxeiro: Galicia”. “LEOLO MERGÚLASE EN GALICIA” supón a súa estrea mundial, ó tratarse da primeira vez na que se vai facer uso deste material, completado ademais con actividades de animación infantil, obradoiros e contacontos todos eles vinculados coa temática da cultura e tradición galega. As actividades terán lugar os días: 26 de Abril   -   3 de Maio   -   8 de Maio, e desenvolveranse na Axencia Municipal de Lectura Chapela (Edif. Multiusos Piñeiral do Crego), en horario de 18:30 a 20:00 horas.

Sesión nº 1                Sesión nº 2                  Sesión nº 3

Saída Didáctica CS Infantil

Saída do alumnado do CS de Educación Infantil ao Parque dos sentidos en Marín, na Finca Briz, e ao Salón do Libro en Pontevedra.

Manifesto "A escola que queremos" - CS Educación Infantil

Aquí tedes un vídeo do grupo de 1º de Infantil (quenda ordinaria) realizado  hai uns días, sobre o Manifesto da "escola que queremos".

Manifesto: Pola Escola Que Queremos from lil on Vimeo.

LAMBONADAS DE CORES (3ª Sesión - Final)

Deixámosvos aquí, para que o disfrutedes, un pequeno resumo da derradeira sesión do Proxecto Lambonadas de Cores. Nesta sesión de clausura, baixo o título “Rimos e Xogamos a cachón”, as e os cativos que se achegaron ata Biblioteca puideron desfrutar dunha intensa tarde de Xogos Infantís. Esta pequena aventura, elaborada de principio a fin polo alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil Modular, chega á súa fin. Foi, sen dúbida, un proxecto cargado de traballo duro, ilusión, nerviosismo, cooperación, moito éxito e, sobre todo... de aprendizaxe. Unha aprendizaxe de calidade, desde a práctica, que de seguro permanecerá na súa memoria como un formidable recordo da súa andaina formativa polo IES de Chapela. NORABOA a todo o alumnado polo fantástico resultado desta iniciativa e polo enorme esforzo que a todas e todos supuxo. Sodes auténtic@s profesionais!!

 

LAMBONADAS DE CORES – 2ª parte

    2ª Sesión do Proxecto “Lambonadas de Cores” do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil (Modular) do IES de Chapela en colaboración coa Axencia de Lectura Municipal de Chapela sita no Multiusos do Piñeiral do Crego. Nesta ocasión as alumnas levaron a cabo un Obradoiro con material de refugallo, baixo o título de “Crea e imaxina”. O vindeiro Mércores día 30 de Maio, ás 18:00 horas, terá lugar a derradeira sesión de este proxecto socioeducativo: “Rimos e Xogamos a cachón” (Xogos infantís). Pero mentres tanto podedes ir disfrutando do estupendo resultado da 2ª sesión!!. Pica para ver o vídeo

 

LAMBONADAS DE CORES

Un Proxecto do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil (Modular) do IES de Chapela, en colaboración coa Axencia de Lectura Municipal de Chapela. Este Proxecto conta con 3 sesións de carácter lúdico pero cunha clara orientación educativa, a desenvolver no Edificio Multiusos Piñeiral do Crego (situado a uns poucos metros do IES). A primeira sesión consistiu nun Contacontos, e tivo lugar o pasado Mércores 9 de Maio, baixo o título de “Ábrete Conto”.  As próximas sesións serán:

  • Mércores 23 de Maio (18:00horas): “Crea e Imaxina” (Obradoiro de Refugallo)
  • Mércores 30 de Maio (18:00horas): “Rimos e Xogamos a cachón” (Xogos Infantís)

Esta fantástica iniciativa tivo repercusión tanto en prensa escrita (Faro de Vigo, Atlántico Diario…) coma na Web do Concello de Redondela.

Botádelle un ollo ao seguinte vídeo e comprobaredes o éxito da sesión inaugural!!!

 

Proxecto Arce

23-27 abril de 2012. Intercambio entre alumnado de distintas cidades de España (Cádiz, Madrid e Logroño) da familia de Servizos á Comunidade

Pica para ver máis información no Blog

Visita do alumnado de Educación Infantil ao Salón do libro

Montaxe da Visita que o alumnado do CS Educación Infantil (Modular) do IES de Chapela fixo á 12+1 edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

(27 de Marzo de 2012)

Distribuir contido